acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Utilización das guías

Estas Guías poñen de relevo, principalmente, ámbitos difíciles ou controvertidos. As páxinas constan de cinco columnas: na primeira, preséntase a situación clínica que require exploración; na seguinte, enuméranse algunhas posibles técnicas de diagnóstico por imaxe; na terceira, exponse a recomendación, e o grao de evidencia sobre se a exploración é adecuada ou non; a cuarta ofrece comentarios explicativos; e a quinta mostra o nivel de exposición á radiación que leva consigo.

As recomendacións utilizadas son:

  1. Indicada. Mostra unha exploración que contribuirá, con toda probabilidade, a orientar o diagnóstico clínico e o tratamento. Esta pode ser distinta á proba solicitada polo clínico; por exemplo, unha ecografía mellor que unha flebografía en caso dunha trombose venosa profunda.
  2. Exploración especializada. Trátase de exploracións, xeralmente complexas, que supoñen un gran investimento de tempo e recursos e que normalmente serán só utilizadas tras un intercambio de opinións co especialista de radioloxía ou dentro dos protocolos acordados localmente.
  3. Non indicada nun primeiro momento. Inclúe as situacións nas que a experiencia demostra que o problema clínico adoita desaparecer co tempo, polo que se suxire pospoñer a exploración entre tres e seis semanas (no caso dos nenos, o período pode ser máis curto), e levala a cabo só se os síntomas persisten. A dor do ombro sería un exemplo típico.
  4. Indicada só en circunstancias específicas. Son exploracións non rutineiras que só serán levadas a cabo se o clínico achega razóns convincentes ou se o radiólogo considera que a exploración supón un modo apropiado de favorecer o diagnóstico e o tratamento do paciente. Un exemplo de tal xustificación sería pedir unha radiografía simple dun paciente con dorsalxia, na que a clínica suxire algo distinto a unha enfermidade dexenerativa; por exemplo, unha fractura vertebral osteoporótica.
  5. Non indicada. As exploracións deste grupo son aquelas nas que se considera que a súa petición non está fundamentada, por exemplo, radiografías do cranio en caso de demencia.