acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Sistema músculo-esquelético

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
D01 L70 Osteomielite RX Indicada [C] Exploración inicial. I
RM Exploración especializada [C] A RM pon de manifesto a infección de forma precisa, especialmente na columna. 0
TC Exploración especializada [C] A TC é útil para identificar secuestros. II
Ecografía Indicada [C] A ecografía pode ser de utilidade en osteomielite aguda para poñer de manifesto un absceso subperióstico pero ten unha alta taxa de falsos negativos. 0
MN Exploración especializada [C] A gammagrafía ósea en 2 ou 3 fases é máis sensible que a RX para detectar unha osteomielite focal sospeitada. Se se sospeita unha osteomielite, pero hai signos ou síntomas non localizados, a gammagrafía ósea é de utilidade. Os achados dunha gammagrafía ósea son inespecíficos, polo que poden ser necesarias probas de MN con outros axentes alternativos.
Glóbulos brancos: a utilización de glóbulos brancos marcados con Tc-99m-HMPAO ou In-111 pode ser de utilidade para confirmar unha infección nos ósos ou nas articulacións. Poden darse resultados falsos negativos na columna.
II-III
D02 L71 L97 Tumor óseo primario
(Véxase tamén L44, L45)
RX Indicada [B] A RX debe realizarse cando a dor de óso non cede. I
RM Exploración especializada [B] Se as imaxes de RX suxiren un tumor óseo primario, non debe atrasarse a remisión ao especialista. A RM é a técnica de elección para a estadificación local. 0
MN Indicada [B] Se as imaxes de RX suxiren un tumor óseo primario, a realización dunha gammagrafía ósea non debe atrasar a remisión do paciente ao centro especializado. A gammagrafía pode sobreestimar a extensión local do tumor. O papel da PET-FDG permanece en estudo. II
TC Exploración especializada [B] A TC pode mellorar a información do diagnóstico nalgúns tumores, como por exemplo o osteoma osteoide, e poñer de manifesto calcificación e osificación intratumoral. A biopsia de tumores óseos primarios guiada por TC debe ser levada a cabo por servizos especializados en tumores óseos que dispoñan de expertos en histoloxía e coñezan as técnicas cirúrxicas. II
Ecografía Exploración especializada [B] A biopsia dalgúns tumores óseos primarios superficiais guiada por ecografía debe ser levada a cabo polos servizos especializados en tumores óseos que dispoñan de expertos en histoloxía e coñezan as técnicas cirúrxicas. 0
D03 A79 Tumor primario coñecido, metástases óseas RM Indicada [B] É máis sensible e específica que a MN, a RM é a técnica de primeira elección, especialmente para esqueleto axial. Pode subestimar algunhas lesións periféricas. 0
MN Indicada [B] É unha proba sensible, pero necesítase unha imaxe correlativa para aumentar a especificidade.

A MN é útil para avaliar a presenza e extensión dunha metástase ósea en pacientes con cancros primarios coñecidos. A gammagrafía ósea non é sensible á hora de avaliar a extensión dun mieloma. Tamén pode utilizarse para avaliar a resposta ao tratamento, aínda que o fenómeno de laparada pode suxerir progresión da enfermidade se se realiza demasiado cedo tras tratamento sistémico. Só é apropiado repetir a gammagrafía ósea nos 6 primeiros meses se aparecen novos síntomas.
II
Estudo óseo con RX Non indicada [B] As RX só están indicadas para áreas sintomáticas focais específicas ou para unha correlación con probas de MN. II
D04 L71 L97 Masa tumoral en partes brandas RM Indicada [B] Proporciona a mellor estadificación local e pode facilitar o diagnóstico histolóxico nalgúns pacientes. 0
Ecografía Indicada [C] A ecografía pode dar resposta a cuestións concretas (por exemplo quístico/sólido) e pode monitorizar a evolución de masas benignas tales como os hematomas. 0
D05 L01 A L18 Dor ósea RX Indicada [C] Visión local do área sintomática. I
RM Indicada [C] A RM é apropiada se a dor persiste con RX normais ou con MN aparentemente normal. Se a dor é difusa, a RM non sempre é practicable (depende das capacidades técnicas da unidade de RM). A RM tamén pode achegar información adicional cando os resultados da RX e/ou da MN son anormais. 0
MN Indicada [C] Se a dor persiste con RX normal ou equívoca ou con RX anormal en circunstancias específicas (por exemplo, sospeita de osteoma osteoide, osteomielite ou metástase). II
TC Exploración especializada [C] Para definir a anatomía ósea en áreas de anomalías nas RX / RM / MN, especialmente se a biopsia ósea está indicada. II
D06 B74 Mieloma RM Exploración especializada [B] Sensible, limitada á columna, pelve e fémur proximal. Especialmente útil en mielomas non secretores ou ante a presenza de osteopenia difusa. Pode ser utilizada para a avaliación e o seguimento de masa tumoral. 0
Estudo óseo con RX Indicada [C] Para a estadificación e a identificación de lesións que se poidan beneficiar da radioterapia. O estudo de seguimento pode limitarse a áreas específicas. I-II
MN Non indicada [B] A gammagrafía ósea adoita ser negativa e subestima a extensión da enfermidade; considerar os estudos de medula ósea. II
D07 L05 L99 Osteopatía metabólica MN Indicada [C] A gammagrafía ósea pode ser útil para diferenciar as causas de hipercalcemia, por exemplo, metástases e hiperparatiroidismo, e de fosfatasa alcalina elevada, por exemplo, enfermidade de Paget e metástases. II
RX Indicada [C] Pode ser de axuda para diferenciar fracturas recentes de fracturas antigas ou para identificar unha causa diferente de dor non relacionada con osteoporose. É necesaria a correlación coa MN. II
DEXA Indicada [A] Medida da densidade ósea. A DEXA ou TC cuantitativa achega resultados obxectivos do contido mineral óseo. II
D08 L99 Osteomalacía
(Véxase tamén D09)
RX Indicada [B] RX localizada para establecer a causa dunha dor localizada ou unha lesión ambigua identificada por MN. I
MN Exploración especializada [C] Pode mostrar unha actividade elevada e algunhas complicacións locais, tales como pseudo-fracturas. II
D09 L95 Dor: esmagamento osteoporótico
(Véxase tamén D08)
RX lateral da columna dorsal e lumbar Indicada [B] As proxeccións laterais poñen de manifesto as fracturas por compresión. A MN ou a RM son máis útiles para diferenciar entre fracturas antigas e recentes, e poden contribuír a descartar fracturas patolóxicas. I-II
D10 L20 L83 L84 L88 L89 L90 L91 L92 Artropatía: presentación RX da articulación afectada Indicada [C] Pode ser útil para determinar a causa, aínda que as erosións son un signo relativamente tardío. I
RX de mans ou pés Indicada [C] Cando se sospeita artrite reumatoide, a RX de pés pode poñer de manifesto erosións aínda cando as mans sintomáticas non presentan anomalías. I
RX de varias articulacións Indicada só en circunstancias específicas [C] Só en articulacións sintomáticas. II
Ecografía, MN, RM Exploración especializada [C] Todas estas técnicas poden poñer de manifesto unha sinovite aguda. A MN pode revelar a distribución e a RM, a cartilaxe articular e erosións temperás. 0 / II / 0
D11 L83 L84 L88 L89 L90 L91 L92 L93 L94 L98 L99 Artropatía: seguimento RX Indicada só en circunstancias específicas [C] Poden ser necesarias para o clínico para axuda na toma decisións. I
D12 L08 L92 Ombro doloroso RX Non indicada nun primeiro momento [C] Os cambios dexenerativos nas articulacións acromioclaviculares e no manguito dos rotadores, son frecuentes. I
D13 L92 Síndrome de atrapamento ou compresión no ombro RX Indicada só en circunstancias específicas [B] Exploración pre-operatoria. I
RM Exploración especializada [B] Ten valor para demostrar tanto inflamación bursal como a etioloxía de anomalías asociadas. Unha RM dinámica ou unha RM en posición de abdución pode ser de gran valor diagnóstico para o síndrome de atrapamento ou compresión subacromial. 0
Ecografía Exploración especializada [B] Os achados dunha ecografía poden servir de apoio para o diagnóstico clínico. 0
D14 L08 L92 Ombro inestable TC, RM Exploración especializada [C] Ambas as dúas técnicas permiten delinear ben o rodete glenoideo e a cavidade sinovial. Algunhas técnicas de RM por eco de gradiente permiten visualizar ben o rodete glenoideo sen recorrer á artrografía. A artrografía (con ou sen TC), a ecografía e a RM pódense usar no diagnóstico. II / 0
D15 L92 Rotura do manguito dos rotadores Artrografía, ecografía, RM Exploración especializada [C] A RM ten a vantaxe de achegar unha avaliación global das estruturas que rodean o ombro e cando se combina cunha artrografía alcanza a máxima precisión.
A ecografía pode ser útil para poñer de manifesto lesións completas.
I / 0 / 0
D16 L03 L20 L79 L80 L88 Lesión da articulación sacroilíaca RX das articulacións sacroilíacas Indicada [B] Pode ser útil para estudar artropatías seronegativas. As articulacións sacroilíacas adoitan verse ben cunha RX anteroposterior da columna lumbar ou a pelve. I
RM, TC, MN Exploración especializada [C] RM ou TC, e quizás MN cando as RX son ambiguas. A RM pode detectar antes que a RX. A administración dinámica de contraste pode ser de utilidade. A RM é especialmente útil nos nenos e adolescentes. 0 / II / II
D17 L13 L82 L89 Dor de cadeira: movemento completo ou limitado
(Para os nenos, véxase a sección M)
RX da pelve Indicada só en circunstancias específicas [C] RX e RM só se os síntomas e signos persisten ou se a historia é complexa. I
RM Indicada só en circunstancias específicas [C] A RM é útil para demostrar unha inflamación e a RM-artrografía para a avaliación de roturas do labrum acetabular ou corpos libres intraarticulares. As inxeccións intraarticulares de anestesia aínda deben ser avaliadas axeitadamente. 0
MN Non indicada nun primeiro momento [B] Pode ser de utilidade se a RX é normal.
Esta recomendación non se aplica aos nenos.
(Para dor de cadeira en nenos véase M18, M21).
II
D18 L13 L94 Dor de cadeira: osteonecrose avascular RX da pelve Indicada [B] Anormal cando a enfermidade xa está instaurada. I
RM Indicada [B] A RM é a técnica máis sensible para as fases precoces de osteonecrose avascular e demostrar a súa extensión. 0
MN, TC Exploración especializada [B] O uso de colimadores dun só burato converxente (pinhole) ou SPECT é importante. II / II
D19 L15 L90 Dor de xeonllo sen bloqueo nin restricións de movemento RX Indicada só en circunstancias específicas [C] Os síntomas adoitan comezar en partes brandas, que a RX non pon de manifesto. Son habituais os cambios artrósicos. A RX é necesaria se se considera a cirurxía. I
D20 L15 L96 T99 Dor de xeonllo con bloqueo da articulación RX Indicada [C] Para identificar corpos libres intraarticulares radiopacos. I
D21 L15 L82 Dor de xeonllo RM Exploración especializada [B] A RM só é apropiada se hai que tomar unha decisión sobre o manexo clínico específico, por exemplo, realizar unha artroscopia. A RM tamén pode ser necesaria para delimitar a extensión de enfermidades reumatolóxicas, como a artrite reumatoide. Aínda en pacientes con anomalías clínicas manifestas, que esixen unha intervención, algúns cirurxiáns consideran útil a RM (preoperatoria) para detectar lesións non sospeitadas previamente. 0
D22 A89 Prótese dolorosa RX Indicada [B] A RX é útil para detectar afrouxamento. I
MN Indicada [B] Unha gammagrafía ósea en dúas a tres fases é útil para diagnosticar e distinguir unha infección e un afrouxamento. Unha proba de MN normal exclúe a maior parte das complicacións tardías. Outras probas de MN máis especializadas poden axudar a distinguir un afrouxamento dunha infección.
En estadios precoces pode ser difícil diferenciar entre cambios post-cirúrxicos e patoloxía. Se se sospeita infección poden ser necesarias outras probas de imaxe máis específicas. A imaxe combinada de leucocitos e medula é xeralmente a proba de elección para a infección periprotésica.
II - III
Artrografía (aspiración / biopsia) Exploración especializada [B] Unha aspiración, xunto cunha artrografía, é útil cando os achados son equívocos, cando existe unha alta sospeita clínica de infección ou cando a causa da dor non está establecida. II
Ecografía Exploración especializada [C] É precisa para detectar un absceso peri-protésico ou unha infección superficial. 0
D23 L98 Hallux valgus RX Indicada só en circunstancias específicas [C] Útil para a avaliación pre-cirúrxica. I
D24 L17 L87 Dor de talón: fascite plantar ou esporón calcáneo MN, Ecografía, RM Indicada só en circunstancias específicas [B] Os esporóns calcáneos son achados casuais habituais. A RX raramente permite detectar a causa da dor. Outras técnicas por imaxe, como a MN, a ecografía e a RM, son máis sensibles para demostrar os cambios inflamatorios, pero deben utilizarse de forma selectiva. A maioría dos pacientes deben ser tratados en base á clínica sen recorrer ás técnicas por imaxe. II / 0 / 0