acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Radioloxía intervencionista

A dose variará segundo o tempo de fluoroscopia, e este depende do grao de complexidade de cada caso

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
N01 K81 K92 K99 Enfermidade asintomática da carótide
(Véxase tamén B05)
Tratamento endovascular (anxioplastia e endoprótese) Indicada só en circunstancias específicas [C] A revisión crítica da literatura mostra que son necesarios máis estudos. III
N02 K81 K92 K99 Enfermidade sintomática da carótide Anxioplastia percutánea con balón e colocación de endopróteses (stents) Indicada só en circunstancias específicas [B] O tratamento recomendado para a maioría dos pacientes segue sendo a endarterectomía. As potenciais indicacións para o tratamento endovascular inclúen casos nos que non é apropiado realizar unha endarterectomía, post- radioterapia, restenose cirúrxica, lesións altas ou circunstancias nas que o tratamento está sendo revisado de forma pormenorizada ou é parte dunha investigación formal nunha unidade con experiencia. III
N03 K93 Embolismo pulmonar Inserción dun filtro de vea cava inferior Indicada só en circunstancias específicas [B] Ante a presenza dunha trombose venosa de membro inferior ou pélvica, a inserción dun filtro de vea cava inferior só está indicada se hai embolismo pulmonar demostrado, a pesar dunha anticoagulación axeitada, ou cando a anticoagulación está contraindicada. II
N04 K82 K99 Malformación arteriovenosa pulmonar Anxiografía pulmonar e embolización Exploración especializada [B] Un prerrequisito para realizar outras intervencións diagnósticas durante o tratamento por embolización. III
TC Exploración especializada [B] Pode ser útil para o diagnóstico de malformacións arteriovenosas pulmonares. Normalmente só se necesita unha exploración helicoidal sen contraste. Algúns servizos recomendan esta proba antes que o tratamento por embolización co fin de medir os vasos nutrientes e estudar a anatomía. III
RXT Indicada [B] A RXT está indicada cando se sospeita este diagnóstico e para avaliar a resposta ao tratamento. A avaliación de seguimento realízase inicialmente aos seis meses ou anualmente dende a embolización e despois cada cinco anos se non crece. A RXT tamén está indicada como proba de cribado para os familiares dos pacientes con malformacións arteriovenosas pulmonares asociadas con telanxiectasia hemorráxica hereditaria. 0
RM cerebral Exploración especializada [C] Para buscar evidencias dunha embolización cerebral paradóxica previa en pacientes con diagnóstico de malformación arteriovenosa pulmonar. A RM úsase tamén para buscar evidencias de malformacións arteriovenosas cerebrais en pacientes con telanxiectasia hemorráxica hereditaria. 0
RM torácica Exploración especializada [C] É unha alternativa á TC de tórax, para confirmar o diagnóstico de malformacións arteriovenosas pulmonares. A RM torácica pode ser útil para o diagnóstico, pero non é necesaria na maioría dos pacientes. 0
MN Exploración especializada [B] A gammagrafía por perfusión realízase con macroagregados marcados con Tc para medir o curtocircuíto dereita a esquerda. É útil para o diagnóstico e a avaliación de seguimento tras o tratamento. II
Ecografía Exploración especializada [C] No momento actual é só unha ferramenta de investigación. A ecografía Doppler das carótides ou das cavidades do corazón realízase despois dunha inxección IV de solución salina axitada ou de contraste ecográfico para establecer a presenza de curtocircuíto de dereita a esquerda. É útil para o diagnóstico. 0
N05 K99 Aneurisma da aorta abdominal Inserción de endopróteses (stents)-enxertos Intervención especializada [B] A reparación endovascular dos aneurismas de aorta abdominal é un procedemento que só debe realizarse en unidades especializadas. III
N06 K92 Isquemia de membro inferior (claudicación, dor en repouso con ou sen úlceras) con estenose ilíaca Anxioplastia primaria con endoprótese (stent) selectiva Indicada [A] A decisión de colocar un stent tras unha anxioplastia depende de varios factores, un dos cales é un gradiente de presión residual ao longo da zona tratada. O gradiente de presión exacto tras unha ATP que indica se colocar un stent, é descoñecido. En xeral, un gradiente de presión medio de 10 mm Hg considérase apropiado. III
N07 K92 Isquemia de membro inferior (claudicación, dor en repouso con ou sen úlceras) con oclusión ilíaca Colocación dun stent ilíaco Indicada [B] Está aceptada a política de colocación primaria dun stent en caso de enfermidade ilíaca oclusiva. III
N08 K92 Isquemia de membro inferior (claudicación, dor en repouso con ou sen úlceras) con enfermidade oclusiva femoral Anxioplastia da arteria femoral superficial / poplítea Indicada [B] A ATP da arteria femoral superficial ou poplítea é efectiva para a repermeabilización a corto prazo, pero pode realizarse unha repetición da anxioplastia para evitar a necesidade de derivación cirúrxica. Os índices de éxito clínico primario son inferiores aos da derivación cirúrxica. III
N09 K92 Isquemia de membro inferior (claudicación, dor en repouso con ou sen úlceras) con enfermidade oclusiva tibio-peronea Anxioplastia do tronco tibio-peroneo Indicada [B] Cando hai unha lesión accesible no tronco tibioperoneo, a anxioplastia debe ser o tratamento de elección en pacientes con isquemia importante e claudicación. III
N10 D14 D16 Hemorraxia gastrointestinal aguda grave de orixe descoñecida que require unha transfusión continua Endoscopia / ASD con ou sen embolización Intervención especializada [C] A prioridade é estabilizar ao paciente. A endoscopia é a proba de elección.
Se a endoscopia é negativa ou fracasa, hai que proceder inmediatamente a unha ASD e a unha embolización. Non obstante, o paciente debe estar a sangrar activamente posto que a extravasación con contraste é o único signo diagnóstico para localizar a orixe. Se a embolización fracasa, hai que proceder a cirurxía.
0 / III
N11 K99 Hemorraxia varicosa TIPS Indicada só en circunstancias específicas [A] A terapia endoscópica debe ser o tratamento de elección para varices que sangran, e a TIPS (derivación portosistémica intrahepática transxugular) resérvase para os fallos do tratamento. A cirurxía de derivación portosistémica é máis duradeira e pode ser preferible en pacientes aptos. III
N12 D29 D97 Ascite debida a hipertensión portal TIPS Indicada só en circunstancias específicas [B] A TIPS ten unha eficacia limitada e está asociada cunha considerable mortalidade, especialmente en enfermidades hepáticas de grao C de Child e/ou insuficiencia renal. III
N13 D16 Hemorraxia gastrointestinal inferior aguda e masiva ASD e/ou embolización Indicada [B] A ASD e a embolización son seguras e efectivas cando a hemorraxia gastrointestinal ameaza a vida do paciente. III
N14 D14 Hemorraxia gastrointestinal superior crónica ou recorrente
(Véxase tamén G05)
ASD e/ou embolización Intervención especializada [C] Só debe realizarse despois das exploracións por imaxe apropiadas. As perdas de sangue recorrentes poden avaliarse con ASD e/ou MN (glóbulos vermellos). III
N15 D99 Isquemia mesentérica crónica ATP da arteria mesentérica superior / colocación dun stent na arteria mesentérica superior Indicada [B] En pacientes coidadosamente seleccionados pódese realizar unha ATP da arteria mesentérica de forma relativamente segura con bos resultados técnicos e clínicos. A colocación dun stent na arteria mesentérica superior pode mellorar o resultado da anxioplastia e pode chegar a ser a terapia de elección para a estenose da arteria mesentérica superior no ostium. III / III
N16 D24 Absceso subfrénico Drenaxe percutánea do absceso subfrénico guiado por ecografía ou TC Indicada [C] A ecografía é a mellor técnica para a drenaxe de abscesos subfrénicos, porque permite un acceso apropiado e imaxes a tempo real. A TC tamén pode servir porque pode proporcionar un mapa máis detallado, incluída unha localización precisa do espazo pleural. 0 / III
N17 X74 Absceso pélvico Drenaxe con catéter guiado por TC ou ecografía Indicada [B] As vías percutáneas transperineal, transciática, transrectal e transvaxinal son todas efectivas para o tratamento do absceso pélvico. A presenza dunha fístula entérica é un factor de risco para o fracaso. III / 0
N18 D81 D98 Obstrución biliar alta (condutos biliares intrahepáticos ou metade superior do conduto biliar extrahepático) Colanxiografía percutánea transhepática Indicada [B] A elección da vía endoscópica ou transhepática para a colanxiografía dependerá dos especialistas locais. Non se recomenda a drenaxe percutánea como unha opción a longo prazo debido a problemas do catéter, como fugas, desprazamentos ou colanxite. Para unha reconstrución cirúrxica a colanxiografía percutánea transhepática pode ser máis útil que a colanxiografía endoscópica retrógrada, posto que determina a anatomía da árbore biliar proximal. III
N19 D81 D98 Obstrución biliar baixa (metade inferior do conduto biliar extrahepático ou conduto pancreático) Colanxiografía percutánea transhepática Indicada [B] A elección dunha colanxiografía retrógrada endoscópica ou transhepática dependerá dos especialistas locais. III
N20 D98 Colecistite aguda litiásica ou alitiásica actual ou sospeitada Colecistostomía percutánea transhepática ou transperitoneal Indicada [B] A colecistostomía percutánea transhepática ou transperitoneal é apropiada para o diagnóstico e para o tratamento en caso de sospeita ou existencia de colecistite litiásica ou alitiásica en pacientes de alto risco. III
N21 K86 K87 Hipertensión debida a displasia fibromuscular ATP renal con ou sen stent Indicada [B] A ATP renal debe ser realizada nun centro especializado. III
N22 U99 + K87 Hipertensión debida a estenose ateroesclerótica das arterias renais ATP renal con ou sen stent Indicada só en circunstancias específicas [A] A hipertensión debida a estenose ateroesclerótica das arterias renais debe ser tratada con terapia médica. A ATP con stent pode ser beneficiosa para pacientes con hipertensión incontrolable. III
N23 U99 Fallo renal debido a estenose ateroesclerótica das arterias renais ATP renal con ou sen stent Indicada só en circunstancias específicas [B] Non se determinaron as indicacións para a ATP renal con stent. Estes procedementos só deben realizarse tras unha coidadosa selección dos pacientes en centros especializados. III
N24 U99 + K77 Edema agudo de pulmón debido a estenose ateroesclerótica das arterias renais ATP renal con ou sen stent Indicada [B] A ATP renal con stent debe considerarse en pacientes con edema pulmonar recorrente con estenose severa bilateral das arterias renais ou estenose nun ril único. III
N25 U95 Cálculos renais Nefrolitotomía percutánea Indicada [C] A nefrolitotomía percutánea está xeralmente aceptada como tratamento de elección para cálculos renais de 3 ou máis centímetros de diámetro, así como para certas anomalías anatómicas, como os divertículos caliciais e riles ectópicos/rotados, e en pacientes con obesidade mórbida, cando outros tipos de tratamento fallaron. III
N26 K99 Varicocele Embolización do varicocele Indicada [A] A embolización é eficaz para o tratamento do varicocele, tanto para a subfertilidade ou para os síntomas, e está asociada a menos complicacións que a cirurxía. III
N27 A81 + D99 Traumatismo abdominal con sangrado gastrointestinal agudo con ou sen hemorraxia retroperitoneal ou intraperitoneal
(Véxase tamén K34-K37)
ASD / embolización Intervención especializada [C] Debe realizarse cando o paciente está estable. O paciente debe estar a sangrar activamente posto que a extravasación con contraste é fundamental para localizar a localización da hemorraxia con ASD. A embolización ou cirurxía debe realizarse a continuación segundo o que sexa máis axeitado. III
N28 L76 + A82 Embolización para unha hemorraxia incontrolada despois dunha fractura pélvica Embolización pélvica Indicada [A] Os pacientes con fractura pélvica que permanecen hemodinámicamente inestables tras unha reanimación inicial deben someterse a unha anxiografía pélvica de diagnóstico con embolización se se identifica o punto de hemorraxia arterial. III
N29 R84 R85 R86 R92 Masa pulmonar: diagnóstico Biopsia pulmonar con fluoroscopia Intervención especializada [B] Unha biopsia do pulmón con control de escopia en casos convenientemente seleccionados e levada a cabo por expertos ten un índice de complicacións baixo e un alto rendemento diagnóstico de malignidade pulmonar. III
Biopsia pulmonar guiada por TC Intervención especializada [B] A biopsia guiada por TC é un medio preciso de obter un diagnóstico de tumor benigno ou maligno (se se utiliza agulla de corte) en pacientes con nódulos pulmonares grandes ou pequenos. III
Biopsia pulmonar guiada por ecografía Intervención especializada [B] Para pacientes convenientemente seleccionados con lesións pulmonares contiguas á parede torácica, a biopsia guiada por ecografía é un método seguro e preciso para obter o diagnóstico histolóxico. 0
N30 R85 R99 Masa mediastínica (non vascular) Biopsia guiada por TC Intervención especializada [B] A TC serve de guía para a biopsia das masas mediastínicas anteriores, medias e posteriores. III
Biopsia guiada por ecografía Intervención especializada [B] A biopsia guiada por ecografía é segura e precisa para a maioría das masas mediastínicas anteriores. Pode ser de utilidade a utilización de rutas alternativas á paraesternal como por exemplo a supraclavicular. 0
N31 K99 + TUMOR PRIMITIVO Obstrución da vea cava Colocación de stent na vea cava superior (VCS) / na vea cava inferior (VCI) Intervención especializada [B] Os pacientes con obstrución maligna na VCS / VCI adoitan estar débiles e teñen unha esperanza de vida curta. Os seus síntomas son preocupantes e non adoitan mitigarse completamente coa radioterapia. A colocación do stent na VCS / VCI é un proceso paliativo levado a cabo baixo anestesia local. Despois da colocación do stent, moitos pacientes permanecen asintomáticos. Os síntomas son recorrentes en arredor dun 10% dos pacientes e adoitan ser susceptibles de repetir o tratamento. Recoméndase acudir ao especialista dende o primeiro momento, posto que a trombose venosa extensa complica o tratamento. A colocación do stent debe ser o tratamento de elección para a obstrución maligna da VCS / VCI debida a cancros que non responden rapidamente á quimioterapia ou á radioterapia. Debe pensarse noutras alternativas á colocación dun stent (anxioplastia e cirurxía) en pacientes con estenoses benignas e naqueles cunha longa esperanza de vida. III
N32 CIE Gastrostomía percutánea para nutrición enteral Gastrostomía percutánea Intervención especializada [B] Hai pouco qué elixir entre unha colocación dos catéteres de gastrostomía percutánea e endoscópica. A técnica elixida dependerá da dispoñibilidade dos especialistas locais. III
N33 D77 D97 Lesión(s) focal(s) hepática(s) que requiren unha biopsia Biopsia guiada por TC / ecografía Indicada [B] Presupóñense índices normais de coagulación. A elección da exploración por imaxe que sirva de guía dependerá dos especialistas locais. III / 0
N34 D77 Tumores hepáticos irresecables Ablación por radiofrecuencia Intervención especializada [B] A ablación por radiofrecuencia debe usarse en pacientes cun número pequeno de tumores hepáticos accesibles non apropiados para unha resección hepática. III
N35 D77 D97 A79 TUMOR PRIMARIO Hepatoma primario e metástases hepáticas Ablación por radiofrecuencia /
Quimioembolización hepática
Indicada [B] A ablación por radiofrecuencia está indicada en hepatomas primarios e metástases hepáticas. Para a ampla maioría de metástases hepáticas é máis eficaz que a quimioembolización. A quimioembolización hepática ten un importante efecto antitumoral, pero este está contrarrestado pola descompensación hepática debida á embolización de fígado non tumoral. Unha quimioembolización selectiva debería minimizar os efectos colaterais deste tratamento. A quimioembolización foi utilizada tamén como tratamento paliativo en tumores neuroendocrinos e sarcoma metastático. III / III