acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Recompilación de evidencias

Os procesos de recompilación, síntese e clasificación da evidencia, elementos de crucial importancia para deseñar correctamente as directrices, foron levados a cabo por uns 200 radiólogos de toda a Comunidade Europea. Este traballo de colaboración, desenvolvido polos Grupos de Interese Especial europeos e británicos e as sociedades, foi apoiado por equipos de desenvolvemento de directrices en Londres (situados no RCR) e Aberdeen (situados na unidade de investigación de servizos médicos da Universidade de Aberdeen). Ao comezo do proxecto, levouse a cabo un período de formación dos participantes no proceso de desenvolvemento de directrices.

Aínda que para a elaboración deste documento se realizaron consultas por toda Europa e o Reino Unido (véxase o apéndice), e se aplicou metodoloxía baseada na mellor evidencia, haberá algunhas decisións que non concordarán coa práctica local. En ocasións as evidencias foron contraditorias, o que fixo necesaria a busca dun acordo e dunha interpretación. Agradécese o envío de comentarios referenciados co fin de seguir desenvolvendo esta guía de orientación.