Clasificación da evidencia
A clasificación dos niveis de evidencias traducíronse en graos de recomendación de acordo co sistema desenvolvido pola Agency for Health Care Policy and Research do Departamento de Saúde dos EEUU [6-7]. Os niveis son:
[A]
- Estudos diagnósticos de alta calidade nos cales unha proba é comparada de forma cega e independente cun estándar de referencia nun espectro adecuado de pacientes.
- Revisión sistemática e metaanálise de estudos de alta calidade.
- Guías de práctica clínica diagnósticas/regras de decisión clínica validadas.
[B]
- Estudos de comparación cega e independente do novo test e o estándar de referencia nun grupo de pacientes non consecutivos ou nun grupo limitado de pacientes.
- Estudos nos que o estándar de referencia non foi realizado en todos os suxeitos.
- Revisións sistemáticas de tales estudos.
- Guías de práctica clínica diagnósticas ou regras de decisión clínicas non validadas.
[C]
- Estudos nos que o estándar de referencia non era obxectivo.
- Estudos nos cales a comparación entre a nova proba experimental e o estándar de referencia non era cega ou independente.
- Estudos nos que os resultados da proba, tanto positivos como negativos, foron verificados usando diferentes estándares de referencia.
- Estudos realizados nun grupo non adecuado de pacientes.
- Opinións de expertos.