acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Traumatismos

Craniais: xeneralidades

Traumatismo craneoencefálico:

Lesións asociadas: Nenos: (Para lesións non accidentais en nenos, véxase M15)

Lesións craneoencefálicas leves:


Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
Traumatismo na cabeza
K01 A80 A81 L76 N79 N80 Calquera das seguintes situacións clínicas indica que existe risco de lesión cerebral clinicamente importante que necesita intervención neurocirúrxica:
  • Glasgow <13 en calquera momento dende a lesión
  • Glasgow 13 ou 14 con fallo de recuperación dun Glasgow 15 nun prazo de 2 horas tras a lesión
  • Sospeita de fractura cranial aberta ou fundida
  • Calquera signo de fractura cranial basal (hemotímpano, "ollos de mapache", otorrea de LCR, signo de Battle: hematoma retroauricular)
  • Máis dun episodio de vómitos
  • Idade superior a 64 anos
  • Convulsións postraumáticas
  • Coagulopatía, incluído o tratamento anticoagulante
  • Déficit neurolóxico focal
As dúas situacións seguintes en ausencia de calquera das arriba sinaladas indican que existe risco de lesión cerebral clinicamente importante que non necesita intervención neurocirúrxica:
  • Amnesia retrógrada de máis de 30 minutos
  • Lesión producida de xeito violento: atropelo dun peón por un vehículo de motor, ocupante que sae despedido dende o interior dun vehículo de motor, caída dende unha altura superior a 1 metro
RXC Non indicada [B] Cando a TC non está dispoñible pódese xustificar o uso de RXC para realizar unha triaxe.

Existe unha excepción importante no caso de sospeita de lesión non accidental en nenos, xa que a RXC de rutina está indicada como parte do estudo óseo. En nenos de entre 0 e 2 anos, a TC do cranio é obrigatoria.

(Para lesións non accidentais en nenos, véxase M15)
I
TC Indicada [B] A TC debe realizarse en 1 hora, agás en casos de pacientes que só presentan amnesia retrógrada de máis de 30 minutos e/ou lesións producidas de forma violenta como factores de risco. Estes pacientes non teñen risco de hematoma que necesite intervención cirúrxica, polo que a TC pode pospoñerse ata 8 horas. Se o Glasgow descende 1 punto, especialmente na puntuación motora, é necesaria unha TC urxente. Se un paciente con TC inicialmente normal non recupera un Glasgow 15 en 24 horas, pode ser adecuado realizar unha nova TC ou RM. II
Cara e órbitas
K02 A80 A81 L76 Traumatismo nasal RXC / RX dos ósos da cara / RX dos ósos nasais Non indicadas [B] As RX non son fiables para diagnosticar fracturas nasais e, mesmo cando son positivas, non adoitan influír no tratamento do paciente. Debe consultarse cun servizo de ORL ou de cirurxía máxilofacial, dependendo das pautas locais. I / I / I
K03 A80 A81 F75 F79 L76 Traumatismo orbitario pechado RX dos ósos da cara Indicada [B] Especialmente cando se sospeita lesión por estalido. Algúns especialistas poden pedir unha RM ou unha TC coronal directa en caso de diplopía persistente ou cando a RX e os signos clínicos son dubidosos. I
K04 A80 A81 F76 F79 Traumatismo orbitario penetrante
(Véxase tamén A16, A17)
RX da órbita Indicada [B] Indicada se se sospeita corpo estraño radiopaco (metálico) intraorbitario. I
TC Exploración especializada [B] Indicada se se sospeita corpo estraño pouco opaco (pequeno ou non metálico) intraorbitario. II
Ecografía Exploración especializada [B] Indicada nos casos de corpos estraños intraoculares anteriores. 0
RM Exploración especializada [B] Perigosa en caso de corpos estraños metálicos intraoculares. É necesaria unha exploración especializada en casos nos que existe unha alta sospeita clínica pero non é posible localizar ou identificar o corpo estraño por medio doutra técnica por imaxe. 0
K05 L76 Lesión do terzo medio facial TC Exploración especializada [B] A cooperación do paciente é fundamental para obter imaxes de calidade diagnóstica. Se o paciente non coopera, é mellor atrasar a proba. II
RX dos ósos da cara Indicada [B] Consulte co cirurxián máxilofacial, que pode pedir enseguida unha TC a dose baixa nunha fase precoz no manexo de lesións complexas. I
K06 A80 A81 L07 L76 Traumatismo mandibular RX da mandíbula ou OPG (RX panorámica) Indicada [A] A RX panorámica non é apropiada para pacientes que non cooperen ou con lesións múltiples. I
Columna cervical
K07 A80 A81 L01 L76 L83 N79 N80 Paciente consciente con traumatismo en cabeza e/ou cara exclusivamente RX da columna cervical Indicada só en circunstancias específicas [A] A RX non é necesaria, sempre que se reúnan estes cinco criterios:
  • Non dor cervical na liña media
  • Non déficit neurolóxico focal
  • Estado de alerta normal
  • Non signos de intoxicación
  • Non lesión dolorosa ou molesta
I
K08 A80 A81 L01 L76 L83 N79 N80 Paciente inconsciente con lesión cranial RX da columna cervical, TC Indicada [B] Unha RX de boa calidade debería poñer de manifesto toda a columna cervical ata a D1/2. Se a unión cérvico-torácica non se ve claramente ou hai posibles áreas de fractura é necesario realizar unha TC. Sempre que estea dispoñible, a TC helicoidal pode usarse como alternativa á RX e é fundamental se a unión cérvico-torácica non se ve claramente na RX. Ambas técnicas poden ser difíciles en pacientes con traumatismos graves e debe evitarse a manipulación. I, II
K09 A80 A81 L01 L76 L83 Lesión dolorosa do colo RX da columna cervical Indicada [B] Consulte cos servizos de radioloxía clínica. I
TC / RM Exploración especializada [B] Pode ser útil cando a RX é equívoca ou a lesión é complexa. II / 0
K10 A80 A81 L01 L76 L83 N28 N81 Lesión do colo con déficit neurolóxico RX da columna cervical Indicada [B] Para a avaliación ortopédica. A RX debe ser de boa calidade para permitir unha interpretación precisa. I
RM Indicada [B] A RM é o mellor método e o máis seguro para poñer de manifesto afectacións intrínsecas medulares, compresión medular, lesións de ligamentos e fracturas vertebrais a distintos niveis. Existen algunhas restricións con sistemas de soporte vital. 0
TC Exploración especializada [B] A MieloTC pode usarse se a RM non é realizable. II
K11 A80 A81 L01 L76 L83 Lesión dolorosa do colo, pero cunha RX normal nun principio; sospeita de lesión ligamentosa RX da columna cervical   Exploración especializada [B] Proxeccións na flexión e na extensión (considérese a radioscopia) que lle sexa posible ao paciente sen axuda e baixo control médico. I
RM Exploración especializada [C] A RM pon de manifesto as lesións ligamentosas. 0
Columna dorsal e lumbar
K12 A80 A81 L76 L84 L86 Traumatismo sen dor nin déficit neurolóxico RX Non indicada [A] Nesta rexión, a exploración física é fiable. Cando o paciente está alerta e asintomático, sen signos neurolóxicos, a probabilidade de achados radiolóxicos que alteren a actitude terapéutica é baixa. I
K13 A80 A81 L76 L84 L86 Traumatismo con dor, pero sen déficit neurolóxico, ou non foi posible analizar a situación do paciente RX Indicada [B] O umbral para a RX é baixo cando hai dor na palpación, unha caída ou un accidente de circulación importantes, outra fractura vertebral ou se non pode procederse á avaliación clínica do paciente. Se as RX mostran inestabilidade ou fracturas do elemento posterior, a TC ou a RM son fundamentais. I
K14 A80 A81 L76 L84 L86 N81 Traumatismo: con déficit neurolóxico, con ou sen dor RX Indicada [B] Exploración inicial, aínda que a TC / RM é fundamental. I
TC Indicada [B] A TC permite unha análise detallada das lesións óseas, con ou sen reconstrución. II
RM Indicada [B] A RM da columna completa está indicada cando existen lesións de ligamentos ou de múltiples niveis e lesións da "cola de cabalo". 0
Pelve e sacro
K15 A80 A81 L13 L75 L76 Caída con incapacidade para cargar peso RX de pelve e RX lateral da cadeira Indicada [C] A exploración física pode non ser fiable. Explore para ver se hai fracturas do colo do fémur, que poden non observarse na RX inicial aínda con boas proxeccións laterais. Nalgúns casos a MN, a RM ou a TC poden ser útiles se a RX é normal ou dubidosa. I + I
K16 A80 A81 L13 L76 U06 U80 Hemorraxia uretral e lesión pélvica Uretrografía retrógrada Indicada [C] Para poñer de manifesto a integridade uretral, unha fuga ou unha rotura. Se a uretra é normal e hai hematuria, considérese a realización dunha cistografía ou unha TC tardía post-contraste para avaliar outras posibles lesións no tracto urinario. Cada vez utilízase máis a RM como primeira exploración en casos non agudos. II
K17 A80 A81 L13 L76 L84 L85 L86 Traumatismo ou dor no cóccix RX Indicada só en circunstancias específicas [C] A aparencia de normalidade adoita ser enganosa. Os achados non modifican o manexo. I
Membro superior
K18 A80 A81 L08 L76 L80 L92 Lesión de ombro RX Indicada [B] Algunhas luxacións presentan achados sutís. Se necesitan, como mínimo, proxeccións ortogonais. A ecografía, a RM e a TC poden desempeñar un papel en casos complexos ou de lesións de partes brandas. Considérese a avaliación do manguito dos rotadores en maiores de 50 anos que teñen pouca mobilidade tras unha primeira luxación. I
K19 A80 A81 L10 L72 L79 Lesión do cóbado RX Indicada [B] Para detectar derramo. As RX de control rutineiro non están sistematicamente indicadas cando hai un derramo sen evidencia de fractura. A RM é unha exploración especializada. I
K20 A80 A81 L11 L76 Lesión no pulso: sospeita de fractura de escafoide RX Indicada [B] Se se sospeita de fractura do escafoide, é necesario realizar unha serie de catro proxeccións. I
RM / MN / TC Indicada [B] Se a dúbida clínica persiste, as exploracións por RM/MN/TC son fiables. Prefírese a RM porque é máis específica. Cada vez úsase máis a RM como única exploración. 0 / II / II
Membro inferior
K21 A80 A81 L15 L73 L76 L78 L96 Lesión do xeonllo (caída / traumatismo contuso) RX Indicada só en circunstancias específicas [B] Cando o traumatismo pechado ou unha caída son as causas da lesión. A RX é necesaria cando se trata de pacientes < 12 ou > 50 anos ou pacientes que non podan subir catro chanzos levando peso (apoiando). Pode ser necesaria unha TC ou unha RM se se require máis información. I
K22 A80 A81 L16 L73 L77 Lesión aguda do nocello RX Indicada só en circunstancias específicas [B] As situacións que xustifican a realización dunha RX son: incapacidade para cargar peso (apoiar) no momento inmediato e na sala de urxencias, puntos dolorosos á palpación no maléolo medial e/ou no borde posterior e pico distal do maléolo lateral. I
K23 A80 A81 L17 L74 Lesión do pé RX Indicada só en circunstancias específicas
[A] Tarso
[B] Metatarso
Só indicada se hai verdadeira dor ósea á palpación ou incapacidade progresiva para cargar peso (apoiar). Demostrar unha lesión metatarsiana raramente inflúe no tratamento. Raramente está indicado realizar RX de pé e nocello conxuntamente. Nin unha nin outra deben realizarse sen ter boas razóns. Se non se realizan as RX, aconselle ao paciente que volva nunha semana se é que os síntomas non melloran. En caso de lesións complexas do tarso necesítase unha TC. I
K24 L72 L73 L74 L75 L76 L99 Fractura de estrés RX Indicada [B] Aínda que a miúdo non da resultados. I
MN / RM / TC Indicada [B] Son unha ferramenta de detección precoz e permiten visualizar as propiedades biomecánicas do óso. Algúns servizos utilizan a ecografía. II / 0 / II
Corpo estraño
K25 L81 S15 Lesión de partes brandas: corpo estraño (metal, vidro, madeira pintada) RX Indicada [B] O vidro é sempre radiopaco. Retire primeiro os apósitos manchados de sangue ou as vestimentas sucias. I
Ecografía Indicada [B] A ecografía pode estar indicada en caso de corpo estraño radiotransparente ou cando a RX é difícil. 0
K26 L81 S15 Lesión de partes brandas: corpo estraño (plástico, madeira) RX Indicada só en circunstancias específicas [B] O plástico non é radiopaco e a madeira raras veces éo. I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] A ecografía de partes brandas pode evidenciar un corpo estraño non radiopaco. 0
K27 D79 R87 Inxestión de corpo estraño que pode estar aloxado na orofarinxe ou na zona esofáxica superior
(Véxase tamén K28 e K29)
(Para os nenos, véxase a sección M)
RX Indicada só en circunstancias específicas [C] Despois da exploración visual da orofarinxe (onde se aloxan case todos os corpos estraños) e se se sospeita que o corpo estraño é radiopaco. Pode ser difícil distinguilo dunha cartilaxe calcificada. Case todas as espinas de pescado son invisibles por RX. I
RXA Indicada só en circunstancias específicas [B] Non dubide en proceder a unha laringoscopia ou endoscopia, especialmente se a dor persiste ao cabo de 24 horas.
(Para inxestión de corpo estraño nos nenos, véxase M26, M31)
II
K28 D79 R87 Inxestión de corpo estraño liso e pequeno (por exemplo, unha moeda) RXT Indicada [B] Poucos corpos estraños inxeridos son radiopacos. En nenos, debería ser suficiente unha RXT frontal lixeiramente sobreexposta que inclúa o colo. En adultos, pode ser necesaria unha RXT lateral se a póstero-anterior é negativa. I
RXA Indicada só en circunstancias específicas [B] A maior parte dos corpos estraños se aloxan a nivel do músculo cricofarínxeo. Se o corpo estraño non se evacuou ao cabo duns 6 días, unha RXA pode ser útil para a súa localización. I
K29 D79 R87 Inxestión de corpo estraño punzante ou posiblemente velenoso (por exemplo, unha pila)
(Para os nenos véxase a sección M)
RXA Indicada [B] A maior parte dos corpos estraños inxeridos que atravesan o esófago acaban percorrendo o resto do tubo dixestivo sen complicacións. É importante localizar as pilas, porque un escape pode ser perigoso. I
RXT Indicada só en circunstancias específicas [B] Só indicada se a RXA é negativa.
(Para os nenos, véxase M31)
I
Tórax
K30 A80 A81 L81 Traumatismo torácico leve RXT Indicada só en circunstancias específicas [B] Demostrar unha fractura costal non modifica a actitude terapéutica. I
K31 A80 A81 L81 Traumatismo torácico moderado RXT Indicada [B] RXT póstero-anterior para pneumotórax, derramo ou contusión pulmonar. I
TC Exploración especializada [C] Pode ser necesaria. III
K32 A80 A81 L81 S18 Ferida punzante RXT Indicada [C] Proxeccións posteoanteriores e outras para poñer de manifesto un pneumotórax, afectación pulmonar ou derramo. A ecografía é útil para derramo pleural ou pericárdico. I
K33 L76 Fractura esternal RX lateral do esterno Indicada [C] Ademais da RXT, necesítase unha RX lateral do esterno. Pense tamén en lesións da columna dorsal e da aorta torácica. I
Abdome (incluído o ril)
K34 A80 A81 S16 Traumatismo pechado ou ferida penetrante RXA en decúbito supino e RXT en bipedestación / ecografía Indicada [B] A RXA en decúbito supino e a RXT en bipedestación están indicadas. A ecografía é útil para detectar un hematoma e posibles lesións de algúns órganos, como o bazo ou o fígado. I / I / 0
TC Exploración especializada [C] Pode necesitarse unha TC. III
K35 A80 A81 U80 Traumatismo renal
(Véxase tamén N27)
UIV Indicada só en circunstancias específicas [B] En adultos con traumatismo renal pechado, hematuria microscópica e sen shock ou lesións graves intrabdominais asociadas pode evitarse sen problema a realización de probas de imaxe. II
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] A ecografía pode ser útil para unha primeira avaliación de pacientes con sospeita de lesión renal, pero unha ecografía negativa non a descarta. 0
TC Indicada [B] A TC é a técnica de elección para pacientes con traumatismo importante ± hipotensión, ± hematuria macroscópica. Débese incluír unha TC tardía (fase excretora) para avaliar o sistema colector. III
Traumatismo grave
K36 A80 A81 L81 N80 N81 Traumatismo grave: exame sistemático do paciente inconsciente ou confuso
(Véxase tamén K01, K37, K38 e N27)
RX da columna cervical / RXT / RX de pelve / TC da cabeza Indicadas [B] A prioridade é estabilizar a situación do paciente. Procederase unicamente ás RX mínimas necesarias para a avaliación inicial. Para a RX da columna cervical pode esperarse ata que a columna e a medula estean convenientemente protexidas. As fracturas pélvicas adoitan estar acompañadas de hemorraxias maiores. I / I / I / III
K37 A80 A81 B76 B77 D80 L81 U80 X82 Y82 Traumatismo grave de abdome ou pelve
(Véxase tamén N27)
RXT, RX de pelve Indicadas [B] Hai que descartar pneumotórax. As fracturas pélvicas con aumento do volume pélvico adoitan acompañarse de hemorraxia abundante. I + I
Ecografía / TC Indicadas [B] Sensible e específica, pero leva tempo e pode atrasar a entrada no quirófano. A TC debe preceder ao lavado peritoneal. Vai aumentando o uso da ecografía no servizo de urxencias para poñer de manifesto líquido libre peritoneal e lesións de órganos sólidos. A ecografía substituíu ao lavado en case todos os casos, pero ten unha sensibilidade baixa para detectar lesións esplénicas. Se a dúbida persiste, a TC debe seguir á ecografía. 0 / III
K38 A80 A81 B77 L81 R88 Traumatismo torácico grave RXT Indicada [B] Permite o tratamento inmediato (por exemplo, do pneumotórax). I
TC de tórax Indicada [B] Especialmente útil para descartar unha hemorraxia mediastínica e unha lesión da aorta. Non dubide en proceder a unha arteriografía. III