acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Cancro

Moitos dos problemas clínicos relacionados co diagnóstico do cancro víronse xa, en parte, nas seccións dedicadas aos distintos sistemas e aparatos. Presentamos aquí unhas breves notas sobre a utilización da imaxe no diagnóstico, a estadificación e o seguimento dalgúns dos tumores malignos primarios máis frecuentes. Non se inclúen os tumores pediátricos, pois o seu tratamento realízano sempre os especialistas. (Para o cancro de mama, véxase a sección J). Unha RXT é necesaria cando o paciente acude por tumores malignos para detectar posibles metástases pulmonares. A RXT tamén forma parte de moitos protocolos de seguimento (por exemplo, lesións testiculares). Adoitan ser precisos exames complementarios para valorar a evolución da enfermidade (por exemplo, tras quimioterapia). Algúns deles efectúanse para protocolos de ensaios, máis que pola súa necesidade clínica, pero deben estar debidamente xustificados. De modo xeral, nesta sección é menos relevante preocuparse pola radiación debida ás técnicas de diagnóstico pola imaxe.

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
Boca e farinxe
L01 A79 D77 D78 R85 Diagnóstico RM / TC Indicadas [B] O diagnóstico realízase normalmente polo exame clínico, complementado con RM e TC cando se sospeita dalgunha enfermidade oculta. 0 / II
L02 A79 D77 D78 R85 Estadificación RM / TC Indicadas [B] Non adoita ser necesario recorrer a técnicas por imaxe para realizar o diagnóstico. A estadificación debe incluír grupos de ganglios cervicais; a eco-Doppler de cor pode mellorar a estadificación N. O tórax debe examinarse a través de RX ou, preferiblemente, de TC, pero non se probou a efectividade clínica para a estadificación M. 0 / II
PET Exploración especializada [C] Para identificar enfermidade recorrente (recidivas) en pacientes previamente tratados. IV
Parótide
L03 D77 Diagnóstico Ecografía Indicada [B] Útil para identificar tumores de lóbulo superficial. Se unha PAAF é necesaria, pode usarse a ecografía como guía. Se a ecografía non permite visualizar o tumor ao completo, entón debe elixirse a RM como exploración para comprobar a extensión tumoral. 0
RM / TC Exploración especializada [B] Prefírese a RM para avaliar masas nas parótides. As limitacións en canto á capacidade de identificar unha posible calcificación fan que a TC sexa mellor en casos de enfermidade inflamatoria. A RM non pode diferenciar claramente entre lesións benignas e malignas e non obvia a necesidade dun diagnóstico histolóxico en casos indeterminados. Non obstante, a RM é mellor que a TC en canto á resolución en tecidos brandos. As amálgamas dentais tamén poden ser un problema para a TC. A TC debe usarse se a RM é impracticable e en caso de sospeita de enfermidade inflamatoria. 0 / II
PET Non indicada [B] A PET non é moi útil á hora de diferenciar entre lesións benignas e malignas. IV
L04 D77 Estadificación RM / TC Indicada [B] Debe utilizarse preferentemente a RM ante a TC para a estadificación de masas nas parótides, posto que ten maior resolución dos tecidos brandos, capacidade de obter múltiples planos e capacidade para definir tanto o tamaño da enfermidade como a afectación intracranial. 0 / II
PET Exploración especializada [C] Pode desempeñar un papel á hora da estadificación de tumores, posto que identifica as metástases nos ganglios linfáticos de tamaño normal. IV
Larinxe
L05 R85 Diagnóstico TC / RM Indicada só en circunstancias específicas [B] Diagnóstico clínico por endoscopia e biopsia. II / 0
L06 R85 Estadificación TC / RM Indicada [B] Sempre que estea dispoñible, a RM é preferible á TC para a estadificación T do tumor. Ambas as dúas poden utilizarse para a estadificación N. II / 0
Ecografía Exploración especializada [B] Pode usarse para a estadificación T e N, así como para o seguimento, nos servizos especializados apropiados. 0
Glándula tiroidea
L07 T71 Diagnóstico MN Indicada [B] Para a detección de cancro diferenciado de tiroide residual/recorrente (recidiva) despois dunha tiroidectomía. II
Ecografía Indicada [B] Utilizada en combinación coa PAAF, ou para guiala. 0
L08 T71 Estadificación TC / RM Indicadas [B] Para avaliar tumores primarios grandes, detectar metástases a distancia e en caso de carcinoma medular de tiroides en síndromes de neoplasia endócrina múltiple. II / 0
MN Indicada [B] Para a detección de enfermidade residual/recorrente (recidiva) despois dunha tiroidectomía. IV
Ecografía Indicada [B] Cando se dispón de especialistas expertos. 0
Pulmón
L09 R84 Diagnóstico
(Véxase tamén N29-N31)
RXT Indicada [A] O cancro de pulmón pode presentarse clinicamente de formas diferentes e, se existe a sospeita, a RXT está indicada. Parte destes cancros non se poñen de manifesto nas RX, a pesar da presenza de células malignas no esputo. I
TC Indicada [B] Aínda non se probaron as vantaxes da TC como ferramenta para o cribado do cancro de pulmón. A TC aumenta a sensibilidade de detección de tumores temperás. III
L10 R84 Estadificación TC Indicada [A] Cando se complementa con achados histolóxicos, a TC ten unha precisión global de máis do 80% para detectar linfadenopatía mediastínica. Nalgúns casos, necesítase unha biopsia dos ganglios linfáticos mediastínicos para confirmar os achados da TC antes de realizar unha toracotomía. A PET é máis precisa (véxase abaixo). III
RM Indicada só en circunstancias específicas [C] Para a maioría dos pacientes con cancro de pulmón a RM non ofrece ningunha vantaxe sobre a TC. Non obstante, é útil para pacientes con tumor no vértice pulmonar (tumor de Pancoast). A RM tamén pode ser útil para poñer de manifesto a anatomía vascular do mediastino en pacientes alérxicos aos medios de contraste iodados. Comprobouse que a RM é mellor que a TC para diferenciar un tumor dunha atelectasia distal. 0
PET Indicada [B] É significativamente máis precisa que a TC ou que a RM na estadificación de pacientes con cancro de pulmón de células non pequenas e ten un alto valor predictivo negativo de metástases ganglionares. IV
Esófago
L11 D77 Diagnóstico Esofagograma Indicada [B] Previa á endoscopia en disfaxia, o esofagograma con contraste de bario é sensible para o diagnóstico do cancro de esófago. II
L12 D77 Estadificación TC Indicada [B] Moitos pacientes preséntanse cunha enfermidade avanzada inoperable. A TC pode usarse como exploración inicial para descartar a estes pacientes. A ecografía endoscópica é necesaria para unha estadificación TNM máis precisa, especialmente se esta modifica a abordaxe cirúrxica. III
Ecografía endoscópica Indicada [B] Necesítase un especialista. Se está dispoñible, pode ser a exploración inicial. Adoita utilizarse se a TC indica que o paciente é operable, para decidir a intervención cirúrxica máis apropiada. 0
PET Exploración especializada [B] A PET utilízase para a avaliación previa á intervención cirúrxica de pacientes con cancro de esófago co fin de detectar as metástases. IV
Estómago
L13 D74 Diagnóstico Endoscopia / papa baritada Indicada [B] A endoscopia e o dobre contraste con papa baritada son igual de sensibles para realizar o diagnóstico do cancro de estómago avanzado. A endoscopia permite unha biopsia para histoloxía. 0 / II
L14 D74 Estadificación TC Indicada [B] Actualmente a TC é a mellor exploración para a estadificación se se propón tratamento activo. A ecografía endoscópica é útil para a estadificación local. A laparoscopia é máis sensible para os depósitos peritoneais pequenos. III
Tumor primario do fígado
L15 D77 Diagnóstico
(Véxase tamén N33, N34, N35)
Ecografía Indicada [B] A maioría das lesións identifícanse por ecografía. 0
RM / TC Exploración especializada [B] Indicadas se os marcadores bioquímicos están elevados, a ecografía é negativa ou o fígado presenta unha cirrose avanzada. Unha RM con contraste e a TC en fase arterial son de gran precisión para delimitar a extensión do tumor. 0 / III
L16 D77 Estadificación RM / TC Indicadas [B] A RM probablemente sexa a exploración idónea para avaliar os segmentos e lóbulos afectados. A TC arterioportografía e a ecografía intraoperatoria poden ser útiles se se dispón delas. 0 / III
Tumores secundarios do fígado
L17 D77 + TUMOR ORIGINAL
A79
Diagnóstico Ecografía Indicada [B] A ecografía mostra as metástases > 2 cm e serve para dirixir a biopsia. 0
TC / RM Indicadas [B] Indicadas cando os achados da ecografía son negativos e a sospeita clínica é alta. A RM é mellor para caracterizar as lesións. A TC arterioportografía é sensible pero non específica. Moitos utilizan actualmente a TC helicoidal en tripla fase, tras inxección intravenosa de contraste. A TC e a RM adoitan formar parte doutros protocolos de estadificación e de seguimento. III / 0
PET Exploración especializada [C] Indicada cando outras técnicas son dubidosas para descartar outras metástases previo a intervención cirúrxica. IV
Páncreas
L18 D76 Diagnóstico Ecografía / TC Indicadas [B] Depende moito dos recursos locais e da constitución física do paciente. A ecografía adoita dar bos resultados con pacientes delgados; a TC é mellor para os obesos. A biopsia pode ser guiada por ecografía ou por TC. A ecografía endoscópica é a máis sensible. 0 / III
RM / CPRM / CPRE Exploración especializada [C] A RM serve para a clarificación dos problemas. Poden ser necesarias tamén a CPRM e a CPRE. A PET está a adquirir cada vez máis relevancia. 0 / 0 / II
L19 D76 Estadificación RM / TC Indicadas [B] Especialmente cando se pensa en cirurxía radical. Difiren moito as pautas locais: algúns servizos recorren á anxiografía, outros á TC helicoidal. 0 / III
PET Exploración especializada [B] De utilidade en casos nos que existe unha alta posibilidade de diseminación a distancia. IV
Ecografía endoscópica Exploración especializada [B] Debe reservarse para aqueles pacientes que están nos servizos especializados terciarios cuxa enfermidade se estima resecable en base á TC / RM. 0
Colon e recto
L20 D75 Diagnóstico Enema opaco / colonoscopia Indicadas [B] Depende moito da dispoñibilidade de especialistas e equipos nos servizos locais. III / 0
TC Exploración especializada [C] Está a aumentar o interese pola TC, especialmente para os anciáns e pacientes débiles. III
L21 D75 Estadificación RXT, ecografía Indicadas [B] Para metástases hepáticas e pulmonares. A ecografía endoluminal é útil para ver a diseminación rectal local. I, 0
TC, RM Indicadas [B] Estadificación local preoperatoria para avaliar as lesións rectais antes dunha radioterapia precirúrxica. Moitos hospitais tratan actualmente as lesións hepáticas secundarias de modo moi agresivo, o que pode requirir RM e/ou unha TC detallada. A RM e a TC son a miúdo complementarias e poden permitir avaliar outras diseminacións abdominais. O interese na PET está a aumentar. III, 0
L22 D75 Seguimento Ecografía Indicada [B] En caso de metástases hepáticas. A evidencia preliminar avala o seguimento rutineiro con técnicas de imaxe en pacientes asintomáticos. 0
TC / RM Indicada [B] En caso de metástases hepáticas e de recidivas locais. III / 0
PET Exploración especializada [A] A PET é a mellor técnica por imaxe para unha avaliación ante a sospeita de recidivas locais en pacientes con cancro colorrectal e utilízase para a avaliación de pacientes previamente a unha resección hepática por metástases. IV
Ril
L23 U75 Diagnóstico RXT Indicada [C] Para buscar metástases no pulmón. I
Ecografía Indicada [B] A ecografía é sensible á hora de detectar masas renais > 2 cm e caracteriza de forma precisa as masas como quísticas ou sólidas. A ecografía axuda a caracterizar algunhas masas indeterminadas coa TC. 0
UIV Non indicada [B] É menos sensible que a ecografía para detectar masas renais. Non obstante, este é o método de elección para detectar carcinoma de células transicionais do sistema pielocalicial ou uréteres. II
TC Indicada [B] É un detector sensible de masas renais de entre 1,0 e 1,5 cm e caracteriza as masas de forma precisa. III
RM Exploración especializada [B] A RM con contraste é tan sensible como a TC con contraste para detectar e caracterizar masas renais. A RM debe usarse se as masas non están axeitadamente caracterizadas pola TC e a ecografía ou se está contraindicado o uso de contraste iodado por diminución da función renal ou alerxia a contrastes iodados. 0
L24 U75 Estadificación TC / RM Indicadas [B] A RM é mellor para detectar estadios avanzados, por exemplo, afectación da vea renal. A TC e a RM son equivalentes no estadio T1 da enfermidade. III / 0
PET Non indicada [C] A evidencia actual con PET non mostra vantaxes para a estadificación ou a detección de carcinoma renal. IV
L25 U75 Recidiva TC Indicada [B] Cando hai síntomas que suxiren unha recidiva no leito da nefrectomía. Non se recomenda o seguimento sistemático. III
Vexiga
L26 U76 Diagnóstico UIV Indicada só en circunstancias específicas [B] A cistoscopia é a exploración de elección para diagnosticar tumores na vexiga. II
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Non é suficientemente precisa para avaliar tumores de vexiga pequenos (de menos de 5 mm), pero permite a avaliación do tracto superior. 0
L27 U76 Estadificación UIV Indicada [B] Para comprobar se nos riles e uréteres hai outros tumores uroteliais. II
RXT Indicada [C] Para buscar metástases no pulmón. I
RM Indicada [B] Sensible e específica, ademais de útil en caso de carcinoma de células transicionais. A TC é menos específica que a RM, pero pódese usar se a RM é impracticable. 0
PET Exploración especializada [C] O seu papel esta aínda pendente de avaliación. IV
Próstata
L28 Y77 Diagnóstico Ecografía Indicada [B] Hai variacións, segundo a dispoñibilidade dos servizos locais e dos especialistas. A USTR (ecografía transrectal) utilízase moito xunto con biopsias guiadas. 0
L29 Y77 Estadificación RM Exploración especializada [B] Os protocolos de estudo e as pautas terapéuticas varían. A RM coas antenas apropiadas é sensible para a avaliación previa a unha posible prostatectomía radical. Se se atopa afectación pélvica, procédese á estadificación no abdome. A TC non ten ningún valor para a estadificación local. 0
MN Indicada [B] Para avaliar as metástases óseas, cando o PSA (antíxeno prostático específico) está significativamente elevado. II
Testículo
L30 Y78 Diagnóstico Ecografía Indicada [B] Se existe a sospeita de tumor testicular e cando unha suposta enfermidade inflamatoria non responde ao tratamento. 0
L31 Y78 Estadificación TC de tórax, abdome e pelve Indicada [B] A TC é a técnica principal da estadificación, e no diagnóstico inicial debe incluír o tórax, o abdome e a pelve. Pódese omitir a pelve se todos os factores de risco, incluída unha afectación dos ganglios abdominais, foron descartados. No caso de tumores de células xerminais non seminomas, a TC torácica é máis sensible que a RXT á hora de detectar metástases no pulmón. III - IV
L32 Y78 Seguimento TC Indicada [B] Se se descartaron os factores de risco de afectacións dos ganglios pélvicos, pódese prescindir da TC de pelve. A aparición de masas residuais pode servir para decidir se é necesario levar a cabo cirurxía. A RM non achega claras vantaxes sobre a TC, aparte de reducir a carga de radiación. A TC de zonas previamente afectadas pode poñer de manifesto evidencia morfolóxica de agrandamento das masas. III - IV
PET Exploración especializada [B] Cando un marcador aumenta tras tratamento, a PET-FDG con F-18 pode ser útil para identificar o lugar da recidiva. IV
Ovario
L33 X77 Diagnóstico Ecografía Indicada [B] A maioría das lesións de ovario identifícanse por medio de exames clínicos ou por ecografía. A ecografía transabdominal xunto á transvaxinal e a ecografía Doppler cor utilízanse para a súa avaliación. 0
RM de abdome e pelve Exploración especializada [B] A RM permite resolver algúns problemas, porque é máis precisa que a ecografía para definir a presenza de malignidade. Nalgúns casos é necesaria a cirurxía para comprobar se se trata dun tumor benigno ou maligno. 0
L34 X77 Estadificación TC de abdome e pelve Exploración especializada [B] Moitos especialistas solicitan probas de imaxe para complementar a estadificación por laparotomía. III
RM de abdome e pelve Exploración especializada [B] A RM é de utilidade cando a TC con contraste está contraindicada, a paciente está embarazada ou para a resolución de problemas. 0
PET Exploración especializada [C] Indicada en situacións de difícil manexo para avaliar a diseminación a distancia e local. IV
L35 X77 Seguimento TC de abdome e pelve Exploración especializada [B] A TC / RM define a extensión, pero os achados normais non descartan a recidiva. A TC utilízase para avaliar a resposta ao tratamento. III
RM de abdome e pelve Exploración especializada [B] A RM é útil para a planificación cirúrxica e para resolver problemas. 0
MN Exploración especializada [C] A exploración clínica e o radioinmunoensaio con soro Ca-125 úsanse para detectar unha recidiva. II
Colo do útero
L36 X75 Diagnóstico RM Indicada só en circunstancias específicas [B] O diagnóstico adoita ser clínico. A RM pode axudar en casos complexos. 0
L37 X75 Estadificación RM Indicada [B] A RM pon mellor de manifesto o tumor e a extensión local que a TC. Tamén é mellor para os ganglios pélvicos. Hai que explorar así mesmo os ganglios aórticos e os uréteres. Algúns servizos recorren actualmente á USTR (ecografía transrectal) para determinar a invasión local. 0
PET Indicada só en circunstancias específicas [C] A PET é útil en casos difíciles para delimitar a extensión da afectación cun rexistro da imaxe. IV
L38 X75 Recidiva RM de abdome e pelve Exploración especializada [B] A RM achega mellor información da pelve que a TC. A biopsia (por exemplo, de masa ganglionar) é máis doada dirixida por TC. 0
Corpo do útero
L39 X77 Diagnóstico Ecografía / RM Indicada [B] A RM pode dar información útil sobre lesións benignas e malignas. 0 / 0
L40 X77 Estadificación RM Indicada [B] A RM é a técnica óptima para a estadificación do carcinoma endometrial. 0
TC Non indicada [B] A TC ten un valor limitado para a estadificación local e é, polo tanto, pouco probable que inflúa no tratamento. III
Linfoma
L41 B72 Diagnóstico TC Indicada [B] O diagnóstico adoita realizarse por biopsia de extirpación dun ganglio linfático, pero a demostración por TC do aumento xeneralizado do tamaño dos ganglios pode suxerir o diagnóstico do linfoma. Para enfermidade limitada ao tórax permite a selección do lugar no que realizar unha biopsia guiada por imaxe. III - IV
MN Exploración especializada [B] A gammagrafía con Ga-67 pode poñer de manifesto focos de enfermidade oculta (por exemplo, mediastino). Nalgúns servizos utilízase a PET. II
L42 B72 Estadificación TC Indicada [B] Segundo a localización, pode ser necesario explorar tamén a cabeza e o colo. III - IV
RM Indicada só en circunstancias específicas [B] Aínda que a RM non está indicada sistematicamente como unha proba de estadificación inicial, pon de manifesto as localizacións dos ganglios do mesmo modo que a TC e pode mostrar o grao de afectación da medula ósea, que ten consecuencias no prognóstico. 0
PET Exploración especializada [B] A PET-FDG é tan precisa como a TC. IV
L43 B72 Seguimento TC Indicada [B] A TC de áreas afectadas na estadificación da enfermidade de Hodgkin. Se existe sospeita clínica de recidiva ou progresión, é conveniente realizar unha exploración de tórax, abdome e pelve, especialmente en casos de linfoma non-Hodgkin. III - IV
RM Non indicada nun primeiro momento [B] A RM pode axudar a realizar a avaliación da natureza dunha masa residual detectada con TC. 0
MN / PET Exploración especializada [B] Non existen moitos estudos comparativos da gammagrafía con Ga-67 e a PET-FDG. Está claro que a PET-FDG é máis sensible e específica que a gammagrafía con Ga-67, en concreto para masas pequenas e debaixo do diafragma. Coa gammagrafía con Ga-67 debe obterse unha imaxe previa ao tratamento. III / IV
RXT Indicada [B] Para a avaliación inicial de resposta en caso de enfermidade torácica, a RXT é totalmente apropiada. I
Tumores do aparato locomotor
L44 A79 L71 L97 Diagnóstico
(Véxase tamén a sección D)
RX e RM Indicadas [B] As técnicas de imaxe e a histopatoloxía son complementarias. Mellor facelas antes de realizar unha biopsia. I + 0
MN Indicada [B] Para asegurarse de que unha lesión é solitaria. III
L45 A79 L71 L97 Estadificación
(Véxase tamén a sección D)
RM e TC de tórax Exploración especializada [C] A RM é mellor para a extensión local. A TC utilízase para detectar metástases no pulmón. 0 + III
PET Exploración especializada [C] A PET é a mellor técnica por imaxe para detectar metástases orixinadas por un tumor primario descoñecido. IV
Metástases dun tumor primario descoñecido
L46 A79 Diagnóstico dunha lesión primaria

"Carcinoma, lesión primaria descoñecida" é un diagnóstico de exclusión e non un diagnóstico propiamente dito

A análise histolóxica é a clave para identificar localizacións probables de tumores primarios e tumores tratables, por exemplo, linfomas, tumores de células xerminais e tumores primarios de cabeza e colo. A localización dunha metástase inicialmente identificada establece a orixe probable, por exemplo, unha afectación nos ganglios linfáticos cervicais superiores probablemente proveña de lesións na cabeza e o colo, unha afectación nos ganglios linfáticos axilares, dun carcinoma da mama, e células canceríxenas no líquido ascítico, dun carcinoma de ovario nas mulleres

(Para o cancro de mama, véxase a sección J)
RXT Indicada [B] A RXT pode axudar a identificar a orixe dun primario oculto. I
TC de tórax, abdome e pelve Exploración especializada [B] A TC é a exploración máis sensible para determinar o primario, o que pode permitir un tratamento eficaz, por exemplo, do cancro de pulmón e os seus coidados paliativos. Tamén permite o acceso a ensaios clínicos e achega vantaxes psicolóxicas incalculables para o paciente e para o médico. IV
Mamografía Indicada só en circunstancias específicas [C] Hai máis probabilidades de supervivencia a un cancro de mama se a metástase provén dun cancro de mama oculto. Incluso ante a presenza de metástase, vale a pena diagnosticar e tratar o cancro de mama. I
RM da mama Exploración especializada  [B] A RM pode poñer de manifesto un carcinoma primario de mama con metástases dos ganglios linfáticos axilares a pesar de obter unha mamografía e unha ecografía normais. 0
PET da cabeza e o colo, supradiafragmática ou do corpo enteiro Exploración especializada [C] Tras un proceso diagnóstico completo, incluídas a TC ou RM. IV