acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Comunicación cun departamento de radioloxía clínica

Ao remitir un paciente para unha exploración de diagnóstico por imaxe, é frecuente considerar que se está a solicitar a opinión dun especialista de radioloxía ou de medicina nuclear. O resultado desta solicitude debe presentarse en forma dun informe que poida axudar ao tratamento dun problema clínico.

Para evitar todo posible erro de interpretación, os volantes de solicitude deberán estar debida e lexiblemente cubertos. É necesario explicar claramente a razón de solicitar a exploración e achegar detalles clínicos suficientes para que o especialista poida comprender o diagnóstico concreto ou os problemas que se intenta resolver por medio da exploración radiográfica.

Nalgúns casos, a exploración máis conveniente para resolver o problema pode ser unha exploración alternativa.

Se hai algunha dúbida sobre a conveniencia dunha exploración ou sobre cal é a máis indicada, débese consultar o correspondente especialista de radioloxía ou medicina nuclear. De feito, os servizos de diagnóstico por imaxe sempre están dispostos a comentar as probas cos médicos que as solicitan. As sesións clínicas con participación de clínicos e radiólogos proporcionan un marco de grande utilidade para realizar os intercambios de opinión e son consideradas unha boa práctica [26].

Aínda que as presentes recomendacións foron amplamente consensuadas, sabemos que algúns servizos as adaptarán segundo as súas circunstancias e prácticas.