acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Cabeza (incluída ORL)

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
A01 A74 A90 D81 F81 H80 H86 K73 L82 N85 R89 T80 Enfermidades conxénitas
(Para nenos, véxase a sección M)
RM Indicada [B] Exploración concluínte para todas as malformacións. Pode ser necesaria unha TC para definir as anomalías óseas e da base do cranio. Para os lactantes e nenos pequenos pode ser necesaria unha sedación ou unha AX.
(Para enfermidades conxénitas en nenos véxase M01 e M02)
0
A02 K89 K90 K91 Accidente cerebrovascular agudo
(véxase tamén N01, N02)
TC Indicada [diagnóstico B, tratamento A] Debe fomentarse unha política de realización de TC para a maioría de accidentes cerebrovasculares. Esta debe realizarse tan pronto como sexa posible, nun prazo non superior a 48 horas, posto que así se asegurará un diagnóstico preciso da causa e da localización, así como o tratamento apropiado e a prevención secundaria. II
RM Exploración especializada [B] Debe considerarse a RM en casos de pacientes novos con accidentes cerebrovasculares, en pacientes que acoden tarde aos servizos sanitarios pois nestes é importante saber se sufriron unha hemorraxia previamente e en casos de sospeita de infarto de fosa posterior en pacientes nos que é importante coñecer a localización da lesión. 0
Ecografía carotídea Indicada só en circunstancias específicas [B] Só debe levarse a cabo en: (1) casos de recuperación completa nos que se valora unha endarterectomía carotídea como prevención secundaria; (2) sospeita de disección; (3) pacientes novos con accidentes isquémicos invalidantes ou non. 0
A03 K89 K91 Accidente isquémico transitorio (AIT) (véxase tamén B05) TC Indicada [B] Pode ser normal. Pode detectar infarto establecido e hemorraxia e excluír enfermidades con sintomatoloxía similar ao ACV como o glioma, a hemorraxia extracerebral e a cerebrite. II
Ecografía carotídea Indicada [B] Para avaliar se unha endarterectomía carotídea ou unha anxioplastia son apropiadas. A anxiografía, a ARM e a ATC son alternativas para mostrar os vasos. A RM e a MN se poden utilizar para estudar a funcionalidade. 0
A04 N29 N86 N99 Enfermidades desmielinizantes e outras enfermidades da substancia branca RM Indicada [A] A RM considérase a exploración máis sensible e específica para establecer un diagnóstico de esclerose múltiple. O diagnóstico realízase demostrando a diseminación de eventos clínicos e lesións en espazo e tempo. 0
A05 A90 N74 N75 N76 Lesión ocupante de espazo (LOE) RM Indicada [B] A RM é máis sensible para os tumores incipientes, para establecer a posición exacta (utilidade cirúrxica) e nas lesións de fosa cranial posterior. A RM pode non identificar calcificacións. 0
TC Indicada [B] A TC adoita ser suficiente en lesións supratentoriais. II
A06 K90 N01 N89 N90 Cefalea: aguda, intensa; hemorraxia subaracnoidea (HSA) TC Indicada [B] A historia clínica é crítica. Un médico debe ser capaz de diagnosticar pacientes que teñan xaqueca clásica ou cefalea en acios sen TC. A cefalea por HSA adoita desenvolverse en segundos, raramente en minutos, e case nunca en máis de 5 minutos. A TC proporcionará evidencia dunha hemorraxia en ata o 98% dos pacientes con HSA se se leva a cabo cun aparato moderno dentro das primeiras 48 horas tras o ictus. Aínda así, debe realizarse unha punción lumbar a todos os pacientes (retrasala 12 horas tras o ictus en caso de xantocromía) con sospeita de HSA, pero cun resultado negativo na TC. A TC está indicada en pacientes con cefalea aguda con signos neurolóxicos focais, náusea ou vómito, ou cunha puntuación por debaixo de 14 na escala de Glasgow. A punción lumbar é a proba diagnóstica de elección para a meninxite, a non ser que existan signos focais ou un nivel significativamente baixo de consciencia. II
RM / MN Exploración especializada [C] A RM é preferible á TC cando a causa é inflamatoria. A SPECT pode ser a exploración máis sensible para a encefalite e pode achegar probas de trastornos circulatorios en caso de xaquecas. 0 / II
A07 N01 N89 N90 Cefalea crónica (Véxase tamén A13 abaixo)
(Para os nenos véxase a sección M
)
TC / RM Indicada só en circunstancias específicas [C] As probas de imaxe son pouco útiles cando non hai signos ou síntomas focais. Os seguintes signos incrementan significativamente as posibilidades de encontrar unha anomalía na TC ou na RM:
  • Cefalea de recente aparición e incremento rápido da frecuencia e intensidade.
  • Cefalea que esperta durante o sono.
  • Mareos asociados, falta de coordinación, formigo ou entumecemento.

(Para a cefalea en nenos véxase M08)
II / 0
RXC, RX de seos, RX de columna cervical Indicada só en circunstancias específicas [B] As RX son pouco útiles cando non hai signos ou síntomas focais. I / I / I
A08 T73 T99 Problemas hipofisarios e da sela turca RM Exploración especializada [B] Remisión urxente ao especialista se hai deterioración da visión. 0
RXC Non indicada [C] Cando lles hai que facer probas a estes pacientes, estas deben ser con RM ou con TC. I
A09 N17 N29 N74 N75 N76 Signos da fosa posterior RM Indicada [A] A RM é a proba de elección. A TC adoita perder calidade debido a artefactos por endurecemento do feixe. 0
A10 N85 N99 Hidrocefalia, función de derivación
(Para os nenos véxase a sección M)
TC Indicada [B] A TC é adecuada en case todos os casos. A RM é en ocasións necesaria e pode ser máis apropiada para os nenos. A ecografía é de primeira elección para os lactantes.
(Para hidrocefalia en nenos véxase M06)
II
RX Indicada [C] Se hai evidencia de hidrocefalia na TC, a RX pode poñer de manifesto todo o sistema valvular de derivación. I
A11 H75 H79 H82 H99 N17 Síntomas de oído medio ou do oído interno (incluída vértixe) TC Exploración especializada [B] Só os especialistas en ORL, neuroloxía ou neurocirurxía poden avaliar estes síntomas. II
A12 H28 H86 Xordeira neurosensitiva
(Para os nenos véxase a sección M)
RM Exploración especializada [B] A RM é moito mellor que a TC, sobre todo para neurinomas do acústico.
(Para a xordeira infantil véxase M05)
0
A13 R09 R75 R85 R86 Enfermidade dos seos paranasais
(Para os nenos véxase a sección M)
RX dos seos Indicada só en circunstancias específicas [B] A sinusite aguda pode ser diagnosticada e tratada clinicamente. Se persiste pasados 10 días con tratamento apropiado, pode ser necesaria unha RX de seos. Os signos na RX de seos son frecuentemente inespecíficos e se encontran en pacientes asintomáticos.
(Para a enfermidade dos seos paranasais en nenos véxase M09)
I
TC dos seos Exploración especializada [B] A TC é útil para demostrar a presenza e distribución da enfermidade e a anatomía sinunasal. É preferible a técnica de dose baixa. A TC está indicada cando todos os tratamentos médicos fallaron, se xorden complicacións, tales como a celulite orbitaria, ou se hai sospeita de tumor maligno. II
A14 P05 P20 P70 P71 Demencia e trastornos da memoria, primeiras manifestacións de psicose TC Indicada só en circunstancias específicas [A] O seu rendemento é baixo, incluso nos pacientes máis novos. Os signos neurolóxicos e unha progresión rápida increméntano. Por enriba dos 65 anos, o uso da TC pode reservarse para pacientes cun inicio no último ano ou cunha presentación atípica, unha deterioración rápida inexplicable, uns signos ou síntomas focais neurolóxicos inexplicables, un traumatismo cranial recente (previo a unha manifestación de demencia) ou unha incontinencia urinaria e/ou ataxia temperá na enfermidade. II
RM Non indicadas [B] Exploracións máis sofisticadas (RM, SPECT), non demostraron valor clínico, aínda que poden utilizarse en investigación. 0
MN II
RXC Non indicada [A] A RXC só debería usarse para mostrar anomalías clinicamente relevantes dos ósos craniais. I
A15 F75 F79 F99 Lesións orbitarias TC Exploración especializada [A] A TC segue sendo a proba de elección. A RM pode ter valor se a TC non axuda ou non achega detalles suficientes. Considérese a ecografía en caso de lesións intraoculares. II
RX Non indicada [A] Ante a sospeita de lesións orbitarias é necesaria a remisión ao especialista. I
A16 F75 F99 L76 Lesións orbitarias: traumatismo TC Exploración especializada [A] A TC está indicada cando o traumatismo orbitario pode ir acompañado por unha fractura facial grave. Se se sospeita dunha fractura blow-out menos severa, a TC debe realizarse só se o paciente é un candidato a cirurxía. II
A17 F75 F76 Lesións orbitarias: sospeita de corpo estraño TC Exploración especializada [A] Indicada cando a RX non mostra un corpo estraño –que podería ser non metálico- e do que hai forte sospeita, cando existen varios corpos estraños ou cando non se ten a certeza de se un corpo estraño demostrado sexa intraocular. II
RX da órbita Indicada [A] A RX simple lateral “branda” é a única proxección necesaria para descartar a existencia dun corpo estraño metálico. As imaxes de movemento ocular soamente serven para a confirmación da posición intraocular dun corpo estraño unha vez demostrado. Antes dunha exploración con RM é aconsellable realizar unha RX posteroanterior para descartar a existencia dun corpo estraño metálico. Se se confirma a existencia do corpo estraño, algúns especialistas poden solicitar unha TC. I
Ecografía Indicada [B] A ecografía pode estar indicada en caso de corpos estraños radiotransparentes ou cando resulta difícil explorar con RX. 0
A18 F05 F79 F94 F95 Perda aguda de visión: trastornos visuais RXC Non indicada [A] Os especialistas poden realizar o diagnóstico en moitos casos sen necesidade de recorrer á imaxe. I
RM / TC Exploración especializada [A] A RM é máis apropiada ante a sospeita de lesións do quiasma óptico. A TC, en cambio, éo en caso de lesións orbitarias. 0 / II
Anxiografía cerebral Exploración especializada [A] Está indicada a remisión a un especialista. III
A19 N07 N88 Epilepsia do adulto
(Para os nenos véxase a sección M)
RM Exploración especializada [B] A imaxe estrutural é a técnica de elección. A elevada resolución de tecidos brandos e a capacidade de obtención de planos múltiples aportan a maior sensibilidade e especificidade para a identificación de pequenas lesións corticais. É especialmente valiosa na avaliación da epilepsia parcial, por exemplo, epilepsia do lóbulo temporal.
(Para a epilepsia infantil véxase M04)
0
TC Exploración especializada [B] Despois dun traumatismo. A TC pode complementar á RM á hora de caracterizar as lesións, por exemplo, calcificación. II
MN Exploración especializada [B] A SPECT ictal (durante a crise) ou a PET interictal son útiles se se pensa en cirurxía da epilepsia cando os resultados da RM son negativos ou contraditorios coas evidencias neurofisiolóxicas ou do EEG. Tamén son de utilidade os axentes do fluxo sanguíneo cerebral rexional (rCBF). II