acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Sistema torácico

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
F01 A11 Dor torácica inespecífica RXT Non indicada nun primeiro momento [C] Situacións como a condrite costal (síndrome de Tietze) non producen anormalidade na RXT. A finalidade principal é tranquilizar ao paciente. I
F02 A81 L04 L76 L79 L80 Traumatismo torácico leve
(Véxase tamén K30)
RXT Indicada só en circunstancias específicas [C] Poñer de manifesto unha fractura costal non modifica o tratamento. I
F03 A30 A98 Recoñecementos médicos previos a un emprego ou exames médicos colectivos RXT Indicada só en circunstancias específicas [B] Non xustificada, excepto en poucas categorías de alto risco, (por exemplo, inmigrantes de risco sen RXT recente). Algunhas hai que facelas por razóns profesionais (exemplo, submarinistas) ou de emigración (Reino Unido, categoría 2). I
F04 A31 Preoperatorio de rutina RXT Non indicada [A] A RXT rutineira preoperatoria non está indicada en pacientes menores de 60 anos aos que non se lles vai realizar cirurxía cardiotorácica. O número de anomalías increméntase en pacientes maiores de 60 anos. Non obstante, se se exclúe aos pacientes sen enfermidade cardiorrespiratoria coñecida, o número é incluso menor. I
F05 R74 Infección do tracto respiratorio superior RXT Non indicada [C] Non hai evidencia documentada do efecto das RXT no manexo ou seguimento de infeccións do tracto respiratorio superior. I
F06 R96 Asma: exacerbación aguda RXT Indicada só en circunstancias específicas [B] Os pacientes asmáticos, pero sen signos localizados no tórax, febre ou leucocitose non necesitan unha RXT, salvo cando a asma supón unha ameaza vital ou non responde ao tratamento axeitadamente. I
F07 R95 EPOC: exacerbación aguda RXT Indicada só en circunstancias específicas [B] Os pacientes con EPOC, pero sen signos localizados no tórax, febre ou leucocitose non necesitan unha RXT, salvo cando a enfermidade supón unha ameaza vital ou non responde ao tratamento axeitadamente. I
F08 R81 Pneumonía
(Para os nenos, véxase a sección M)
RXT Indicada [C] A maioría dos pacientes con pneumonía adquirida na comunidade presentan resolución radiolóxica ao cabo de catro semanas, pero este período pode prolongarse no caso dos anciáns, os fumadores e os pacientes con enfermidades respiratorias crónicas. En pacientes asintomáticos non está indicado repetir a RXT tras a resolución da enfermidade.
(Para a pneumonía nos nenos, véxase M23)
I
F09 R81 Seguimento da pneumonía
(Para os nenos, véxase a sección M)
RXT Indicada só en circunstancias específicas [B] Non é necesario repetir a RXT antes da alta hospitalaria nos pacientes que se recuperaran satisfactoriamente dunha pneumonía adquirida na comunidade. Si se debe repetir unha RXT tras seis semanas en todos os pacientes nos que persistan síntomas ou signos físicos ou aqueles cun alto risco de ter un tumor subxacente (especialmente fumadores e pacientes maiores de 50 anos), estean ou non ingresados no hospital.
(Para a pneumonía nos nenos, véxase M23)
I
F10 R82 Derramo pleural, sospeitado RXT Indicada [C] A RXT pode detectar pequenas cantidades de líquido pleural. I
Ecografía Indicada [B] A ecografía pode usarse para confirmar a presenza de líquido pleural, caracterizalo, detectar metástases pleurais e guiar unha toracocentese. 0
TC Indicada só en circunstancias específicas [B] A TC con contraste IV pode axudar a detectar e caracterizar o líquido pleural. III
F11 R24 Hemoptise RXT Indicada [B] A todos os pacientes que presenten unha hemoptise se lles debe realizar unha RXT. Se esta é normal e a hemoptise foi considerable e sucedeu fóra do contexto dunha infección torácica simultánea, debe remitirse ao paciente ao especialista para a realización doutras probas. I
TC Non indicada nun primeiro momento [B] A TC debe usarse conxuntamente cunha broncoscopia para estudar á maior parte de pacientes con hemoptise. A TC pode detectar tumores non identificados pola RXT ou a broncoscopia, pero é insensible para detectar enfermidades mucosas e submucosas. III
F12   Pacientes en UCI ou en UAD RXT Indicada [B] A RXT é máis útil cando cambiaron os síntomas ou para colocar ou retirar un aparato. Cada vez cuestiónase máis a indicación dunha RXT diaria sistemática. A TC é un complemento á RXT para resolver problemas en pacientes criticamente enfermos. I
F13 R99 Enfermidade pulmonar inadvertida TC Exploración especializada [B] Hai evidencia de que a TC de alta resolución (TCAR) pode ser histoespecífica. Pódese obter información útil sobre a reversibilidade e o prognóstico dunha enfermidade por medio dunha TC de alta resolución. III