acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Enfermidades da mama

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
Pacientes asintomáticas
J01 X49 Cribado en mulleres < 40 anos Mamografía Non indicada [B] Non hai evidencias que apoien a necesidade de realizar cribado en mulleres < 40 anos sen risco de padecer un cancro de mama. I
J02 X49 Cribado en mulleres de entre 40 e 49 anos Mamografía Indicada só en circunstancias específicas [A] As mulleres que soliciten imaxes a esta idade deben ser conscientes dos riscos e beneficios. I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Complemento útil á mamografía en casos de mulleres con mamas densas e mulleres con próteses. 0
J03 X49 Cribado en mulleres de entre 50 e 64 anos Mamografía Indicada [A] As mulleres de idade entre os 50 e os 64 anos son invitadas a realizar cribado en intervalos de 3 anos no Reino Unido (a través do NHS Breast Screening Programme). I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Complemento útil á mamografía en casos de mulleres con mamas densas e mulleres con próteses. 0
J04 X49 Cribado en mulleres > 65 anos Mamografía Indicada [A] No Reino Unido no ano 2005, se incrementa a idade do cribado ata os 70 anos. I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Complemento útil á mamografía en casos de mulleres con mamas densas e mulleres con próteses. 0
J05 A21 Antecedentes familiares de cancro de mama Mamografía Exploración especializada [B] Hai evidencia de que o beneficio do cribado ás mulleres a partir dos 40 anos con risco de padecer cancro é maior que o risco derivado do cribado. A mamografía só debe levarse a cabo despois de avaliar os riscos xenéticos e de valorar axeitadamente os riscos e beneficios. O consenso é que o cribado de mulleres < 50 anos con historia familiar só debería considerarse cando o risco de padecer cancro de mama ao longo da vida sexa máis de 2 veces superior á media. Este tema está sendo actualmente obxecto de revisión co fin de elaborar novas recomendacións para a mamografía e outras formas de cribado. I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Complemento útil á mamografía en casos de mulleres con mamas densas e mulleres con próteses. 0
J06 A98 Mulleres < 50 anos que reciben ou estase a valorar a terapia hormonal substitutiva (THS) Mamografía Indicada só en circunstancias específicas [C] Demostrouse que a THS incrementa a densidade e os cambios benignos na mama. Como consecuencia se produce unha diminución da sensibilidade e a especificidade e un aumento da taxa de rechamada. Non hai probas que apoien a necesidade de mamografías rutineiras antes de comezar a THS. I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Complemento útil á mamografía en casos de mulleres con mamas densas e mulleres con próteses. 0
J07 ANTECEDENTE CIRÚRXICO CIE Mulleres de 50 anos e maiores con mamoplastia para aumento de volume Mamografía Indicada [C] A sensibilidade para detectar un cancro é menor que nos casos nos que non houbo unha prótese para aumento de volume. I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Complemento útil á mamografía en casos de mulleres con mamas densas e mulleres con próteses. 0
Pacientes sintomáticas
J08 X19 X20 X21 X76 Sospeita clínica de carcinoma Mamografía Indicada [B] Envíe á paciente a un centro especializado antes de proceder a calquera exploración radiolóxica. A mamografía e a ecografía deben utilizarse como parte da tripla avaliación (mamografía, ecografía e punción de agulla). I
Ecografía Indicada [B] A mamografía é apropiada para mulleres > 35 anos. Para mulleres de 35 anos, a ecografía é a exploración por imaxe de primeira elección. Debe ser realizada como parte da tripla avaliación nun centro especializado. 0
MN Indicada só en circunstancias específicas [A] A escintimamografía debe realizarse só para achegar información complementaria despois da tripla avaliación, se fose necesario, como, por exemplo, en casos de resultados dubidosos ou contraditorios entre as probas de imaxe e a anatomía patolóxica. III
RM Indicada só en circunstancias específicas [B] Soamente debe realizarse se aporta información complementaria despois da tripla avaliación, por exemplo, resultados dubidosos ou contraditorios entre as probas de imaxe e a anatomía patolóxica. 0
J09 X19 X20 X21 X76 Mamoplastia para aumento de volume (sospeita clínica de carcinoma)
(Véxase tamén J08)
Mamografía Indicada [B] A mamografía está indicada cando existe a sospeita clínica de carcinoma en mulleres con próteses. I
J10 X18 X19 X20 X21 X88 Masas ou nódulos xeneralizados, mastalxia difusa, dor coa palpación ou retracción da mamila de longa duración Mamografía Non indicada nun primeiro momento [C] Pode ser aconsellable en mulleres > 40 anos con síntomas mamarios persistentes non sospeitosos. I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [C] En ausencia doutros signos suxestivos de malignidade, é pouco probable que a ecografía de mama inflúa no manexo. 0
J11 X18 Mastalxia cíclica Mamografía Non indicada [B] Non debe realizarse en mulleres con dor de mama se non existen signos clínicos. I
Ecografía Non indicada [B]   0
J12 ANTECEDENTES CIE DE IMPLANTE Avaliación da integridade das próteses mamarias de silicona Ecografía e RM Exploración especializada [B] A ecografía é rápida e sinxela e unha exploración con ecografía é altamente predictiva da integridade do implante. As mulleres sintomáticas con implantes de máis de 10 anos e resultados positivos na ecografía teñen un 94% de probabilidades de rotura. A RM pode utilizarse de forma razoable como proba de confirmación en outros subgrupos. 0 + 0
J13 X20 X76 Sospeita de enfermidade de Paget na mamila Mamografía Indicada [C] A mamografía vai poñer de manifesto unha anomalía no 50% das mulleres. É de utilidade para determinar a posibilidade de realizar unha biopsia guiada por imaxe. Cando se confirma unha enfermidade invasiva inflúe na decisión do tratamento cirúrxico da axila. I
J14 X21 Mastite Mamografía Exploración especializada [C] Axuda a diagnosticar ou descartar un tumor cando existe dúbida clínica. I
Ecografía Indicada [C] Tamén útil para a drenaxe e o seguimento. 0
J15 X76 Seguimento do cancro de mama (vixilancia) Mamografía / Ecografía / RM / MN Indicada [A] A mamografía, a ecografía e a RM poden utilizarse para o seguimento da mama conservada. En caso de sospeita de recidiva locorrexional, se aplican os principios da tripla avaliación. De forma ocasional, a escintimamografía pode ser de utilidade. I / 0 / 0 / III