acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Sistema urolóxico, adrenal e xenitourinario

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
H01 U06 Hematuria, macroscópica ou microscópica UIV Indicada [B] Existe unha ampla variación nas pautas locais. En canto ás técnicas por imaxe, é necesario traballar en colaboración cos nefrólogos e os urólogos. Nin a UIV, nin a ecografía, nin a RXA son idóneas para detectar causas de hemorraxia no tracto urinario superior. Na maioría dos pacientes deben usarse tanto a UIV como a ecografía, sexa xuntas ou en secuencia. II
Ecografía e RXA / TC Indicada [B] En pacientes novos con hematuria microscópica só deben usarse a ecografía e a RXA para avaliar os tractos superiores. Esta estratexia non identifica algunhas patoloxías do tracto superior, incluídos algúns tipos de cálculos. A ecografía de vexiga detecta moitos tumores vesicais, pero non é o suficientemente sensible como para evitar unha cistoscopia. Recentemente creceu o interese por usar a TC para avaliar os tractos superiores en caso de hematuria, pero non hai datos abondo como para recomendala. 0 + I / II
H02 K86 Hipertensión sen evidencia de nefropatía
(Véxase tamén H03)
UIV Non indicada [B] A UIV non está indicada para a avaliación da hipertensión sen evidencia de nefropatía. II
H03 K86 K87 Hipertensión enn adultos novos ou pacientes resistentes ao tratamento
(Véxase tamén N21, N22)
Anxiografía
(ASD / ATC / ARM)
Exploración especializada [C] Para poñer de manifesto as estenoses se se pensa nunha intervención cirúrxica ou nunha anxioplastia como posibles tratamentos. III / III / 0
ARM Exploración especializada [B] Esta técnica é apropiada só se existe sospeita clínica de hipertensión vásculo-renal, xa que a prevalencia de estenose da arteria renal na hipertensión esencial é moi baixa. A ARM é o mellor método non invasivo para visualizar as arterias renais directamente. 0
ATC Exploración especializada [B] A ATC é tan sensible como a ARM pero máis invasiva (contraste iodado, radiación) e soamente debe usarse se a ARM non está dispoñible. III
MN Exploración especializada [B] A renografía con captopril é a mellor técnica para comprobar unha estenose arterial renal funcionalmente significativa. II
Ecografía Exploración especializada [B] A eco-Doppler pode ser sensible e específica pero debe ser realizada por persoal cualificado. 0
H04 U99 Insuficiencia renal
(Véxase tamén N23)
Ecografía renal e RXA Indicada [B] A ecografía está indicada como primeira exploración en casos de insuficiencia renal para medir o tamaño renal, e o grosor do parénquima e para comprobar se existe dilatación pielocalicial que indique unha posible obstrución. A RXA é necesaria para poñer de manifesto cálculos non detectables por ecografía. 0 + I
TC Non indicada nun primeiro momento [B] A TC (con ou sen contraste, dependendo da función renal) é de axuda se a ecografía non é diagnóstica ou non mostra a causa da obstrución. III
UIV Non indicada [B]   II
RM Exploración especializada [C] A RM é unha alternativa posible á TC e evita medios de contraste potencialmente nefrotóxicos. En raras ocasións, a obstrución ten lugar sen que se poida observar a dilatación mediante métodos de imaxe. 0
H05 U38 Medidas da función renal:
  • Fluxo plasmático renal efectivo
MN Exploración especializada [B] O índice de filtrado glomerular é a proba preferida por moitos expertos para avaliar a función renal global: úsanse técnicas con hipurato OIH marcado con I-123, I-125 ou I-131, pero a Tc-99m-MAG3 pode usarse como substituto. II
  • Índice de filtrado glomerular
MN Exploración especializada [A] Unha mostra única de Cr-51 EDTA ás 3 horas se está ben calibrada e o índice de filtrado glomerular é menor de 30ml/min. Son moi importantes a preparación precisa dos estándares e a inxección sen perdas: depuración de 51Cr EDTA, método de catro mostraxes. II
  • Función relativa
MN Exploración especializada [A] A Tc-99m-MAG3 recoméndase para medir a función relativa renal. II
  • Tránsito renal
MN Exploración especializada [B] A Tc-99m-MAG3 renal debe usarse cun método establecido de análise de deconvolución para o índice de tempo de tránsito parenquimatoso en nefropatías obstrutivas e do tempo de tránsito parenquimatoso medio para trastornos vasculorrenais. II
H06 U14 U95 Sospeita de cólico nefrítico
(Véxase tamén N25)
TC Indicada [B] A TC sen contraste é a técnica de elección en caso de sospeita de cólico nefrítico. III
UIV Indicada [B] A UIV é unha alternativa satisfactoria á TC. II
Ecografía / RXA Indicada só en circunstancias específicas [B] A ecografía e a RXA poden usarse cando a radiación ou os medios de contraste están contraindicados, por exemplo, en casos de embarazo ou alerxia a contrastes. Para maximizar a sensibilidade da ecografía, os pacientes deben estar ben hidratados. A ecografía é menos precisa que a TC ou que a UIV. 0 + I
H07 U95 Cálculos renais sen cólico agudo
(Véxase tamén N25)
RXA / TC Indicada [B] A RXA ou a TC son o mellor método de base para a exploración de pacientes con cálculos renais. Na práctica rutineira a RXA é adecuada para detectar a maioría dos cálculos renais que conteñan calcio. Para unha detección máis detallada dos cálculos renais a TC é máis sensible. I / III
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] A ecografía é menos sensible que a RXA ou que a TC para detectar cálculos renais, pero pode detectar cálculos de urato. 0
H08 U75 U79 Masa no ril Ecografía Indicada [B] A ecografía é sensible para detectar masas renais > 2 cm e distingue de forma precisa as masas quísticas e sólidas. A ecografía axuda a caracterizar algunhas masas sen determinar coa TC. 0
UIV Non indicada [B] A UIV é menos sensible que a ecografía para detectar tumores renais. A UIV non caracteriza as masas renais de forma precisa. II
TC Indicada [B] A TC é sensible á hora de detectar masas renais de 1 a 1,5 cm ou maiores e as caracteriza de forma precisa. III
RM Exploración especializada [B] A RM (incluída a RM con contraste) é tan sensible como a TC con contraste para detectar e caracterizar as masas renais. A RM debe ser utilizada se a TC ou a ecografía non son capaces de caracterizar correctamente as masas ou se o contraste iodado está contraindicado debido a unha función renal diminuída ou a unha posible alerxia. 0
H09 U05 U08 U95 Obstrución do tracto urinario UIV Indicada só en circunstancias específicas [B] Pode usarse para definir a anatomía antes de cirurxía ou intervención de outro tipo. II
Ecografía Indicada [B] Útil para avaliar o tracto urinario superior. 0
MN Indicada [A] Se utiliza diurese con furosemida Tc-99m-MAG3. As probas de eficacia do fluxo de saída achegan datos cuantitativos de resposta á furosemida independente á función renal. O índice de tempo de tránsito parenquimatoso axuda a avaliar a nefropatía obstrutiva. II
H10 U71 Infección do tracto urinario en adultos
(Para os nenos, véxase a sección M)
Ecografía e RXA Indicada só en circunstancias específicas [B] A maioría dos adultos con infección no tracto urinario non necesitan realizar probas por imaxe. As técnicas por imaxe están indicadas: (1) se a infección non desaparece rapidamente con antibióticos e (2) tras o cese da infección en homes con ITU demostrada ou en mulleres con ITU de repetición demostrada. 0 + I
TC Exploración especializada [B] A ecografía e a RXA ofrecen un bo estudo de primeira liña. A TC con contraste pode ser necesaria en caso de infección grave que non responde ao tratamento, porque a TC detecta a sepse renal e os cambios dunha pielonefrite con maior sensibilidade que a ecografía. III
UIV Indicada só en circunstancias específicas [B] A UIV pode ser de axuda en fases non agudas en pacientes con sospeita de enfermidade renal subxacente (por exemplo, cálculo, necrose papilar, nefropatía por refluxo).
(Para as infeccións do tracto urinario en nenos, véxase M43)
II
H11 U28 Avaliación do transplante renal MN Indicada [B] As probas con Tc-99m-MAG3 son máis sensibles que a ecografía en caso de rexeitamento agudo tras o transplante. Os cambios na función renal adoitan ser anteriores aos índices clínicos e químicos. Esta proba é útil para a detección de estenose da arteria renal e uropatía obstrutiva. II
H12 U08 Retención urinaria UIV Non indicada [B] Escaso rendemento. II
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Indicada para avaliar unha dilatación das vías urinarias superiores (despois de sondaxe para aliviar a distensión da vexiga), especialmente se hai alteración da función renal. 0
H13 Y06 Prostatismo
(Véxase tamén L28)
UIV Non indicada [B]   II
Ecografía Indicada [B] A ecografía vesical (con medida do volume residual postmiccional e do fluxo miccional) está indicada en caso de prostatismo. A ecografía renal só é necesaria se existe residuo postmiccional, hematuria, creatinina sérica elevada ou infección. 0
H14 Y02 Y05 Y78 Y79 Masa ou dor do escroto Ecografía Indicada [B] A ecografía está indicada en caso de inflamación do escroto e cando a dor do escroto supostamente inflamatoria non responde ao tratamento. Permite diferenciar entre lesións testiculares e extratesticulares. 0
H15 Y99 Torsión testicular Ecografía Indicada [B] Adoita ser un diagnóstico clínico. O tratamento é urxente e non hai que retardar a intervención, se é necesaria, por estar a esperar as técnicas de imaxe. A ecografía Doppler en cor posúe unha alta sensibilidade en caso de sospeita de torsión testicular. A torsión intermitente segue sendo un problema diagnóstico importante. 0
H16 T73 Tumores da médula adrenal Ecografía / TC / RM Exploración especializada [B] A ecografía pode identificar lesións de este tipo, pero a TC e a RM brindan a mellor delimitación anatómica. Raramente están indicadas as técnicas por imaxe se non hai probas bioquímicas destes tumores. 0 / III / 0
MN Exploración especializada [B] A MIBG (metaiodobencilguanidina) detecta tumores funcionantes e é especialmente útil para localizacións ectópicas e metástases. II
H17 T99 Lesións do córtex adrenal, síndrome de Cushing TC / RM, MN e/ou toma de mostras de venas suprarrenais Exploración especializada [B] Debe buscarse acordo nos servizos locais acerca da exploración máis apropiada. A TC/RM pode ser capaz de identificar unha causa adrenal do síndrome de Cushing. Non obstante, a hiperplasia adrenal nodular pode ter lugar nun considerable número de pacientes con síndrome de Cushing dependente ou independente de ACTH. Neste caso a TC pode que sexa incapaz de distinguir un adenoma adrenal e unha hiperplasia nodular, polo que pode que se necesiten outro tipo de exploracións con gammagrafía e/ou toma de mostra de veas adrenais. III / 0,
II / III
H18 T99 Lesións do córtex adrenal, hiperaldosteronismo primario (síndrome de Conn) TC / RM, MN e/ou toma de mostras de venas adrenais Exploración especializada [B] Debe buscarse acordo nos servizos locais acerca da exploración máis apropiada. Tanto a TC como a RM poden distinguir entre un adenoma adrenal unilateral e unha hiperplasia suprarrenal bilateral. A MN pode ser útil para distinguir entre hiperplasia adrenal e un adenoma. Non obstante, a toma de mostras de veas adrenais pode ser necesaria cando outras técnicas por imaxe non son concluíntes. III / 0,
II,
III