acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Pediatría

Minimícese a radiación X en nenos, especialmente naqueles que teñen enfermidades de longa duración

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
Sistema nervioso central (SNC)
M01 A74 A90 D81 F81 H80 L82 N85 R89 T80 Enfermidades conxénitas: cabeza RM Indicada [B] Exploración concluínte para todas as malformacións, evitando a radiación. Pode ser necesaria unha TC para delimitar anomalías óseas e da base do cranio. En ocasións é necesaria a sedación ou a AX en lactantes e nenos pequenos, e nalgúns casos pode ser preferible a TC. 0
M02 L82 Enfermidades conxénitas: columna RM Indicada [B] Exploración concluínte para todas as malformacións, evitando a radiación. Pode ser que se necesite unha TC para definir detalles óseos. En ocasións é necesaria a sedación ou a AX en lactantes e nenos pequenos. 0
M03 N85 Deformidade da cabeza: hidrocefalia Ecografía Indicada [B] A ecografía está indicada cando a fontanela anterior está aberta. Cando as suturas están pechadas ou pechándose, a RM está indicada (nenos maiores). A TC pode ser apropiada se non hai RM dispoñible. 0
RXC Exploración especializada [C] A RXC e a TC a dose baixa con reconstrucións 3-D están indicadas en caso de craneoestenose. I
M04 N88 Epilepsia
(Véxase tamén A19)
RM Exploración especializada [A] Deben realizarse unha consulta clínica ao especialista e unha exploración con EEG (electroencefalograma) antes de levar a cabo a RM, a non ser que existan signos de presión intracranial elevada ou un déficit neurolóxico agudo. Non hai indicacións sistemáticas para a TC. 0
PET / MN / SPECT / rCBF Exploración especializada [B] Útil para unha avaliación precirúrxica. II - IV
RXC Non indicada [B] Baixo rendemento. I
M05 A74 H28 H86 Xordeira infantil RM e/ou TC Exploración especializada [C] Tanto a TC como a RM poden ser necesarias en nenos con xordeira conxénita e post-infecciosa. 0 / II
M06 A89 N85 Hidrocefalia: disfunción de derivación (shunt)
(Véxase tamén A10)
RX Indicada [B] A RX debe incluír todo o sistema valvular. I
Ecografía / RM Indicada [B] Ecografía se é factible. RM con nenos maiores, ou TC se non se dispón dela. Pode que, aínda realizando a ecografía, os neurocirurxiáns queiran imaxes de cortes transversais. As válvulas programables novas causan problemas na RM. A ecografía do abdome está indicada se é plausible a extracción de LCR. 0 / 0
M07 N99 Atraso do desenvolvemento: parálise cerebral RM Exploración especializada [C] Existe controversia respecto de a quen se lle debe realizar esta exploración e por que. Son necesarias novas investigacións para mellorar a precisión de predición dos resultados no paciente, especialmente utilizando as novas técnicas de RM de difusión, espectroscopia e probas funcionais por imaxe. 0
M08 N01 N89 N90 N95 Cefalea
(Véxase tamén A06, A07, A13)
RXC Non indicada [C] Se as cefaleas son persistentes ou se asocian con signos clínicos, indique a realización de exploracións especializadas. I
RM / TC Exploración especializada [B] En nenos é preferible a RM, se se dispón dela, pois non radia.
(Véxase A06 para posible meninxite e encefalite, e véxase tamén A07 e A13)
0 / II
M09 R75 Sinusite
(Véxase tamén A13)
RX de seos Indicada só en circunstancias específicas [B] Non está indicada en < 5 anos, polo escaso desenvolvemento dos seos. O engrosamento da mucosa pode ser normal en nenos. I
Colo e columna
M10 L01 L82 L83 Tortícole sen traumatismos RX Indicada só en circunstancias específicas [B] Adoita deberse a causas musculares, pero cando a historia clínica e a exploración física son atípicas, recoméndanse as RX. I
TC Indicada só en circunstancias específicas [B] Se a tortícole persiste máis dunha semana, xustifícanse probas de imaxe tras consulta médica. II
Ecografía Indicada [B] En caso de tortícole conxénita, a ecografía dos músculos do colo serve como ferramenta diagnóstica para confirmar tumores no esternocleidomastoideo en lactantes. Se a ecografía é negativa, a RX e as técnicas por imaxe transversais están indicadas. 0
M11 L02 L03 L84 Dolor das costas
(Véxase tamén C07-C08)
RM / TC Indicada [B] A dor persistente nos nenos pode ter unha causa subxacente que xustifica a exploración. A elección da técnica por imaxe debe realizarse tras consulta. Unha RM ou TC é obrigatoria se a dor das costas vai acompañada por escoliose ou signos neurolóxicos. 0 / II
M12 N85 Espina bífida oculta Ecografía / RM Non indicada [C] É unha variante habitual, non significativa por si mesma. A exploración está indicada só se hai signos neurolóxicos. 0 / 0
M13 S24 Hipertricose localizada na fendedura, depresión sacra Ecografía / RM Indicada só en circunstancias específicas [B] A depresión sacra illada e as fosiñas poden ser ignoradas (< 5mm da liña media; < 25 mm dende o ano).
A ecografía da columna lumbar e o canal lumbar neonatal é a exploración inicial de elección se hai outros estigmas de disrafismo espinal ou de outras anomalías conxénitas asociadas, por exemplo, espectro de malformacións anorrectais con extrofia cloacal. A RM está indicada se existen signos neurolóxicos ou se hai unha lesión que supura.
0 / 0
M14 T80 Hipotiroidismo neonatal MN Exploración especializada [B] A gammagrafía con Tc-99m ou I-123 é a proba diagnóstica máis precisa para detectar unha disxenesia tiroidea ou un dos erros conxénitos da síntese da T4 en pacientes con hipotiroidismo conxénito. II
Músculo-esquelético
M15 A80 A81 N80 S16 Z25 Lesións non accidentais / malos tratos
(Para lesións craneoencefálicas, véxase tamén a sección K)
Exploración ósea Indicada (entre os 0 e os 2 anos de idade) [A] Entre os 0 e 2 anos de idade, a TC do cranio é obrigatoria.
Entre os 3 e 5 anos de idade, RX na zona de sospeita clínica.
Para os > 3 anos, a exploración non está sistematicamente indicada, posto que os nenos de estas idades adoitan estar capacitados para explicar onde está localizada a dor.
As exploracións deben ser realizadas por técnicos de radioloxía formados en técnicas de radiografía pediátrica.
II
MN Indicada [B] A gammagrafía ósea está indicada para nenos > 2 anos se os resultados da exploración ósea son ambiguos. Os achados de anomalías óseas deben sempre poñerse en correlación coa historia clínica, a exploración física e as RX pertinentes. II
M16 A80 A81 S16 Lesión dun membro: compárese co do lado oposto RX comparativas da articulación contralateral Non indicada [B] Consulte cos radiólogos. I
M17 T10 Talla baixa, atraso de crecemento RX para establecer a idade ósea Indicada [A] En nenos maiores de 1 ano, só da man ou pulso esquerdo (ou non dominante). Pode ser necesario, como complemento á RX, realizar outras exploracións especializadas. Gammagrafía ósea, se se sospeita de displasia. RM do hipotálamo e a fosa hipofisaria, se existe posibilidade de fallo hormonal central. I
M18 L13 L70 L87 L99 Cadeira irritable
(Véxase tamén M19, M21)
Ecografía Indicada [B] A ecografía permite confirmar a presenza dun derramo, pero non distingue entre unha sepse e unha sinovite transitoria. 0
RX Non indicada nun primeiro momento [C] A RX, que pode incluír unha proxección lateral de ra, é necesaria se existe sospeita de deslizamento da epífise proximal do fémur ou de enfermidade de Perthes, ou se os síntomas persisten. Se os síntomas persisten, debe realizarse un seguimento da coxeira no neno. I
M19 L14 L29 N29 Coxeira Ecografía Indicada [B] A ecografía permite confirmar a presenza dun derramo, pero non distingue entre unha sepse e unha sinovite transitoria. 0
RX Non indicada nun primeiro momento [B] Os nenos con coxeira necesitan unha avaliación clínica apropiada. Se a dor persiste, ou hai signos localizados, a RX está indicada. I
RM Exploración especializada [C] Debe utilizarse despois de consultar co radiólogo. 0
MN Non indicada nun primeiro momento [B] Antes de acudir á MN, hai que realizar as RX e ecografías pertinentes. A MN é de utilidade para a localización cando a RX e a ecografía son normais. A idade do neno é un factor importante á hora de establecer os diagnósticos posibles. II
M20 A01 L29 Dor ósea localizada RX Indicada [B] A RX debe ser a exploración de elección, aínda que a RM e a MN son máis sensibles que a RX para detectar infeccións ocultas ou fracturas. I
MN Exploración especializada [B] Debe realizarse primeiro unha RX. A gammagrafía ósea é útil se non se localizou correctamente a dor. Unha exploración multifásica negativa non descarta unha artrite activa. II
RM Exploración especializada [C] Especialmente útil se o neno pode localizar o lugar da dor. 0
Ecografía Exploración especializada [C] A ecografía pode detectar infección oculta. 0
M21 L82 Estalo de cadeira: luxación Ecografía Indicada [A] A ecografía está indicada se hai dúbidas clínicas acerca dunha posible displasia do desenvolvemento da cadeira, pero non para cribado sistemático. A RX pode ser necesaria para os nenos de máis idade. 0
M22 L94 Enfermidade Osgood-Schlatter (osteocondrose da tuberosidade anterior da tibia) Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [C] Aínda que os cambios óseos de Osgood-Schlatter son visibles na RX, poden superpoñerse coa normalidade. A inflamación asociada de partes brandas debe valorarse clinicamente, máis que radiográficamente. I
Cardiotorácico
M23 R74 R78 R80 R81 Infección respiratoria aguda RXT Indicada só en circunstancias específicas [A] A RXT está indicada se os síntomas persisten a pesar do tratamento ou no caso de nenos gravemente enfermos. Se a RXT se leva a cabo e mostra unha pneumonía simple, non é necesaria unha RXT sistemática para o seguimento. I
M24 R05 Tos productiva recorrente RXT Indicada só en circunstancias específicas [C] As RXT realizadas en nenos con tose produtiva recorrente tenden a ser normais ou mostran un engrosamento da parede bronquial. A RXT non está indicada para o seguimento, a menos que a RXT inicial mostrase atelectasia. Ante a sospeita de fibrose quística ou inmunodeficiencia hai que enviar ao paciente ao especialista. I
M25 T99 Fibrose quística MN Indicada só en circunstancias específicas [B] A gammagrafía pulmonar por perfusión é de utilidade en determinados casos, concretamente se se pensa nunha intervención cirúrxica. II
M26 R87 Sospeita de corpo estraño inhalado
(Véxase tamén as seccións K27, K28 e B06)
RXT Indicada [B] A RXT está indicada, aínda que adoita ser normal. Se existe sospeita clínica de inhalar un corpo estraño, é obrigatorio realizar unha broncoscopia.
Aínda que o atrapamento aéreo é o signo máis frecuentemente observado nos pacientes que inhalaron un corpo estraño, non é visto con frecuencia e o uso da RX expiratoria non está xustificado. A fluoroscopia adoita ser unha alternativa mellor e máis doada que a RX expiratoria.
I
M27 R03 Sibilancias e roncus
(Véxase tamén M26)
RXT Indicada só en circunstancias específicas [B] Os nenos con sibilancias tenden a presentar RXT normais ou mostran trazos de asma non complicada ou de bronquiolite, tales como hiperinsuflación ou engrosamento peribronquial. En casos determinados (febre ou crepitantes localizados), a RXT pode servir para guiar a actitude diagnóstico-terapéutica do paciente. I
M28 R04 Estridor agudo RX lateral de partes brandas do colo Indicada só en circunstancias específicas [B] O diagnóstico da epiglotite e do crup é clínico. A RX lateral do colo pode ser útil nos nenos cunha vía respiratoria estable na que pode haber un corpo estraño obstruíndo ou un absceso retrofarínxeo. I
M29 K81 Soplo cardíaco RXT / ecografía Indicada só en circunstancias específicass [C] É necesario enviar ao paciente ao especialista. A ecografía pode estar indicada. I / 0
Gastrointestinal
M30 D99 Invaxinación intestinal Redución hidrostática / pneumática guiada por ecografía ou por fluoroscopia Indicada [A] A ecografía ten unha alta sensibilidade para diagnosticar unha invaxinación, pero é operador-dependente. É útil para avaliar o fluxo sanguíneo e para detectar pequenas invaxinacións intestinais.
A redución pneumática alcanza un índice de éxito maior que a redución hidrostática tradicional. Non obstante, ten un lixeiro maior risco de perforación (aproximadamente o 1%).
Son contraindicacións absolutas a perforación, o shock e a peritonite.
0 / II
M31 D79 Inxestión dun corpo estraño
(Véxase tamén B06, K27-K29)
RXA Indicada só en circunstancias específicas [C] Só en caso de inxerir un corpo estraño punzante ou potencialmente velenoso, por exemplo, unha pila. I
RXT, incluíndo colo Indicada [B] Se existen dúbidas de se o corpo estraño foi evacuado, pode estar indicada unha RXA ao cabo de 6 días. I
M32 A80 A81 D80 Traumatismo abdominal contuso RXA Indicada só en circunstancias específicas [B] Debe realizarse unha avaliación clínica do paciente para establecer se necesita outras exploracións por imaxe. A RXA ten unha utilidade limitada despois dun traumatismo menor, a menos que existan signos físicos positivos que suxiran unha patoloxía intra-abdominal ou lesión da columna ou da pelve. I
Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] A ecografía pode servir para buscar a presenza de algún líquido libre despois dun traumatismo abdominal contuso, pero un resultado negativo non descarta a presenza dunha lesión intra-abdominal. 0
TC Exploración especializada [B] A TC con contraste IV segue sendo a exploración de elección para detectar a presenza e a extensión de lesións intra-abdominais tras un traumatismo abdominal contuso, e serve para guiar o nivel ou a intensidade do tratamento do paciente no hospital e tamén despois de recibir a alta. A ecografía pode ser útil para o seguimento de lesións de órganos coñecidas, co fin de reducir a carga total de radiación no paciente. III
M33 D10 Vómitos en escopetazo en lactantes Ecografía Indicada [A] A ecografía pode confirmar a presenza de estenose hipertrófica do píloro, especialmente se os achados clínicos son confusos. 0
M34 D10 Vómitos recorrentes Papa de contraste oral ± seguimento Indicada só en circunstancias específicas [C] O vómito recorrente nos nenos pode estar causado por condicións diversas, moitas das cales non se poden diagnosticar radiolóxicamente. Unha exploración por contraste do aparato dixestivo superior non está indicada para o diagnóstico dun refluxo gastro-esofáxico simple. Se se puxo de manifesto, a través de probas con pH, un refluxo gastro-esofáxico importante, pode estar indicada unha exploración de contraste do aparato dixestivo superior co fin de descartar anomalías estruturais importantes, tales como unha hernia de hiato ou unha rotación anómala. Se existen outros síntomas/signos clínicos asociados, como un vómito con bile, as razóns para realizar exploracións con contraste increméntanse. II
MN Exploración especializada [B] O baleiramento gástrico pode medirse cunha papa sólida ou líquida marcada con Tc-99m. Pode combinarse cunha gammagrafía e con refluxo gastro-esofáxico. II
M35 D13 Ictericia neonatal persistente Ecografía Exploración especializada [B] É fundamental unha exploración precoz (< 10 semanas) e rápida. A ausencia de dilatación das vías biliares intrahepáticas non descarta unha colanxiopatía obstrutiva. 0
MN Exploración especializada [B] Gammagrafía hepatobiliar con derivados do IDA marcado con Tc-99m. Non pode confirmar unha atresia biliar se non hai actividade intestinal. II
M36 D16 Sangrado gastrointestinal (por recto) RXA Indicada só en circunstancias específicas [C] A estratexia da exploración depende da idade do paciente e da gravidade da hemorraxia, as posibilidades diagnósticas e a presentación clínica. A RXA é necesaria se se sospeita dunha enterocolite necrotizante. I
Ecografía Exploración especializada [C] Ecografía para o diagnóstico de invaxinación e para mostrar quistes de duplicación. A exploración máis útil que se debe realizar a continuación é unha endoscopia do aparato dixestivo superior e inferior. Pense nun enema intestinal se a patoloxía que se sospeita resulta inaccesible á endoscopia. 0
MN Exploración especializada [C] A MN úsase para detectar a localización dunha hemorraxia activa, incluído o divertículo de Meckel. A anxiografía utilízase para a exploración de hemorraxias rápidas ou crónicas non detectadas a través doutros medios. II
M37 D01 D06 Dor abdominal aguda Ecografía Exploración especializada [C] A dor abdominal aguda pode deberse a diversas causas. A ecografía pode ser útil para unha valoración máis completa, pero debe estar guiada polos achados clínicos. 0
RXA Indicada só en circunstancias específicas [C] Non adoita ser de utilidade e é mellor realizala por indicación dun especialista. Normalmente non se realiza unha RXA antes dunha ecografía. II
M38 D12 Estrinximento RXA Indicada só en circunstancias específicas [C] Existe unha ampla variación na cantidade de material fecal visible en RXA, o que fai que non se probara unha boa correlación co estrinximento. Ademais existen variacións inter-observador na interpretación. A RXA pode axudar aos especialistas no tratamento de casos rebeldes de estrinximento. II
Enema opaco Indicada só en circunstancias específicas [B] Son preferibles as exploracións non radiolóxicas, como a manometría rectal ou a biopsia. O enema opaco pode servir se estas non están dispoñibles e é difícil enviar ao paciente ao especialista. II
M39 D24 Masa abdominal ou pélvica palpable Ecografía Indicada [C] Indicada na avaliación de calquera sospeita de masas abdominais. Se se confirma a presenza dunha masa, debe remitirse ao paciente a un centro especializado. 0
Xenitourinario
M40 U04 Incontinencia urinaria continua Ecografía Indicada [B] Debe descartarse un uréter ectópico infraesfinteriano no caso de nenas acostumadas a ir ao baño cun historial de goteo/perda continuo/a. Recoméndase unha ecografía de todo o tracto renal, incluída a vexiga e a pelve, xunto con outras probas urodinámicas. As exploracións por imaxe do tracto urinario teñen un valor limitado en caso de nenos que só presentan enurese nocturna. 0
RX da columna lumbo-sacra Indicada [B] Indicada en caso de nenos con anomalía neurolóxica ou na exploración esquelética. Tamén se a ecografía mostra casos de parede vesical engrosada/trabeculación ou se as probas urodinámicas demostran unha disfunción vésicouretral neuropática. II
MN Indicada só en circunstancias específicas [B] As probas por imaxe con DMSA son útiles para detectar e localizar un ril displásico e a metade superior dun sistema dobre. II
UIV Indicada só en circunstancias específicas [B] Para confirmar uréteres ectópicos infraesfinterianos en nenas cun sistema dobre detectado a través dunha ecografía ou unha proba con DMSA. II
TC / RM Exploración especializada [B] A TC ou a RM poden servir para localizar o ril displásico ou a metade displásica oculta cando a ecografía ou a proba con DMSA fallan. A urografía por RM, se está dispoñible, é unha alternativa á UIV. III / 0
M41 Y83 Testículo non palpable Ecografía Indicada [B] Para localizar o testículo no canal inguinal. 0
RM / laparoscopia Exploración especializada [C] A RM pode ser útil despois dunha ecografía para localizar un testículo intra-abdominal, pero adóitase preferir a laparoscopia. 0
M42 U85 U99 Dilatación da pelve renal fetal Ecografía Indicada [B] Convén realizar a ecografía posparto ao cabo de 72 horas e de novo ao cabo de 4 a 6 semanas. Deben realizarse outras exploracións por imaxe, incluídas a CUM (cistouretrografía miccional) e o renograma con diurético, segundo os protocolos locais. 0
MN Exploración especializada [B] En casos de dilatación pélvica posnatal persistente, a renografía diurética con MAG-3 é fundamental para estimar a función de captación renal (función diferencial), así como o baleirado. II
M43 U70 U71 U72 Infección demostrada no tracto urinario Ecografía Exploración especializada [C] Existen pautas locais moi diversas. Depende moito dos equipos locais e dos especialistas. Case todos os pacientes deben seguir unha profilaxe antibiótica mentres se esperan os resultados das exploracións. Tamén a idade do paciente inflúe nas decisións que hai que tomar. Actualmente insístese moito en minimizar a dose de radiación, polo que a RXA non está sistematicamente indicada (son raros os cálculos). A ecografía realizada por un especialista é a exploración clave de todas as técnicas por imaxe para estas idades. 0
MN Exploración especializada [A] Existe unha tendencia en aumento a examinar ao neno gravemente enfermo por infección urinaria cunha proba con DMSA na fase aguda. No caso de pacientes ambulatorios, para descartar secuelas debe realizarse unha proba con DMSA ao cabo de 3 a 6 meses despois dunha infección urinaria demostrada. A MN permite determinar o funcionamento e descartar unha obstrución. II
Cistografía Exploración especializada [A] A cistografía directa por RX segue sendo necesaria para os nenos (de sexo masculino) máis pequenos (< 2 anos), nos que é fundamental a delimitación da anatomía (por exemplo, válvulas uretrais). II
MN Exploración especializada [B] A MN tamén pode usarse para unha cistografía directa ou indirecta. II