acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Columna vertebral (para traumatismos, véxase a sección K)

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
Xeral
C01 L82 Enfermidades conxénitas
(Para os nenos, véxase a sección M)
RM Indicada [B] Coa RM evidéncianse todas as malformacións da columna e descártanse posibles anomalías asociadas da duramadre. Pode ser necesaria a TC para os detalles óseos. Para os lactantes e nenos pequenos pode ser necesaria unha sedación ou unha AX.
(Para enfermidades conxénitas nos nenos véxase M01, M02)
0
RX Exploración especializada [C] Por exemplo RX de columna completa en bipedestación para a escoliose.
(Para enfermidades conxénitas nos nenos véxase M01, M02)
I
C02 N74 N75 N81 N99 Mielopatías: tumores, inflamación, infección, infarto, etc. RM Indicada [B] A RM é a técnica inicial de elección para todas as lesións da medula espiñal, para avaliar a compresión medular e para elaborar un prognóstico post-operatorio. 0
TC / TCM Exploración especializada [B] A TC pode ser necesaria se se require mellor detalle óseo. A mielo-TC, só se non se dispón de RM ou se resulta imposible realizala. II / II
MN Exploración especializada [B] Segue usándose moito a MN para buscar metástases e para identificar lesións óseas focais (como o osteoma ostoide). II
Columna cervical
C03 L80 L83 Posible subluxación atloaxoidea RX Indicada [B] Unha RX cervical lateral, co paciente en flexión supervisada e confortable, debería poñer de manifesto calquera subluxación significativa en pacientes con artrite reumatoide, síndrome de Down, etc. I
RM Exploración especializada [B] A RM en flexión/extensión pon de manifesto a afectación medular tras unha RX positiva ou cando hai signos neurolóxicos. 0
C04 L01 L09 L83 Dor no colo, dor no brazo, cambios dexenerativos RX Indicada só en circunstancias específicas [B] A dor no colo xeralmente mellora ou se resolve con tratamento conservador. Os cambios dexenerativos comezan na idade media da vida e non adoitan estar relacionados con ningún síntoma. I
RM Exploración especializada [B] Pense nunha RM e na remisión ao especialista ante unha dor incapacitante ou signos neurolóxicos. Ocasionalmente pode ser necesaria unha mielo-TC para unha maior delimitación ou no caso de que non se dispoña de RM ou non se poida realizar. 0
Columna dorsal
C05 L02 L84 L86 Dor sen traumatismo: enfermidade dexenerativa RX Indicada só en circunstancias específicas [C] Os cambios dexenerativos comezan invariablemente dende a idade media da vida en diante. Esta exploración raramente é útil se non hai signos neurolóxicos ou indicacións de metástase ou infección. Pense en remitir urxentemente ao especialista a pacientes de idade avanzada con dor de aparición brusca para poñer de manifesto un esmagamento osteoporótico u outras formas de osteólise. Pense na MN para posibles lesións metastásicas. I
RM Exploración especializada [C] A RM pode estar indicada se persiste a dor local, se hai dificultades no tratamento ou se existen síntomas piramidais. 0
Columna lumbar
C06 L03 L84 L86 Lumbalxia crónica sen signos de infección ou neoplasia RX Indicada só en circunstancias específicas [C] Os cambios dexenerativos son habituais e inespecíficos. Unha RX é de maior valor en pacientes novos (por exemplo, de menos de 20 anos) con espondilolistese, espondiloartrite anquilosante, etc., ou en pacientes maiores (por exemplo, de máis de 55 anos). En casos de difícil manexo, uns resultados negativos poden ser de utilidade. II
RM Exploración especializada [C] Cando os síntomas persisten ou son graves ou se o manexo é difícil, a RM se considera a técnica de primeira elección. Os resultados das probas de imaxe necesitan interpretarse con precaución porque moitas “anomalías” da imaxe aparecen moi frecuentemente en pacientes asintomáticos e, polo tanto, manteñen unha relación incerta coa dor de costas. A significación dos achados da proba de imaxe depende da súa correlación cos signos clínicos. Os resultados negativos poden ser de utilidade. 0
C07 A79 L02 L03 L84 L85 L86 Lumbalxia con características potencialmente graves, como:
  • Aparición en <20 ou >55 anos
  • Trastornos da marcha ou dos esfínteres
  • Anestesia en cadeira de montar
  • Abolición grave ou progresiva da mobilidade
  • Déficit neurolóxico xeneralizado
  • Antecedentes de carcinoma
  • Malestar xeral
  • VIH
  • Perda de peso
  • Toxicomanía intravenosa
  • Tratamento corticoesteroideo
  • Deformidades estruturais
  • Dor non debido a causas mecánicas

(Para os nenos, véxase a sección M)
RM Indicada [B] Xunto a unha remisión urxente ao especialista, a RM adoita ser a mellor técnica. Non se debe atrasar a derivación urxente ao especialista por estar a esperar por técnicas de imaxe.
(Para dor de costas en nenos, véxase M11)
0
MN Indicada [B] A MN utilízase tamén con moita frecuencia para posible osteolise debida a metástases, cando se sospeita dunha infección ou nalgúns casos de dor crónica.

Unha RX simple "normal" pode ser erroneamente tranquilizadora.

II
C08 L02 L03 L86 Lumbalxia aguda: hernia discal; ciática sen características preocupantes
(Para os nenos, véxase a sección M)
RX Indicada só en circunstancias específicas [C] A lumbalxia aguda adoita deberse a cadros clínicos que a RX simple non permite diagnosticar (unha excepción é o esmagamento osteoporótico).

Unha RX simple "normal" pode ser erroneamente tranquilizadora.

(Para lumbalxia aguda en nenos, véxase M11)
II
RM / TC Exploración especializada [B] Para poñer de manifesto unha hernia de disco fai falta unha RM ou unha TC, nas que hai que pensar inmediatamente se o tratamento médico non ten efecto. Adoita preferirse a RM (maior campo de visión conomedular, cambios poscirúrxicos, etc.). Unha correlación clínico-radiolóxica é importante posto que un número determinado de hernias discais son asintomáticas.
(Para lumbalxia aguda en nenos, véxase M11)
0 / III