acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

A quen se destinan as guías?

Estas Guías teñen a intención de servir para todos os profesionais sanitarios que solicitan exploracións, sobre todo, e en particular, aos médicos xerais e de primaria. Nun hospital serán útiles, sobre todo, para os médicos que acaben de chegar. Moitos hospitais entréganlle unha copia a cada novo médico residente co fin de fomentar as prácticas clínicas correctas.

O número de exploracións das que poden dispoñer os distintos profesionais sanitarios ten que determinarse en colaboración cos especialistas de radioloxía e de medicina nuclear, tendo en conta os recursos existentes. As recomendacións tamén serán útiles para interesados na auditoría dos criterios de remisión dun servizo e da súa carga de traballo [11].