acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Introdución

Estas Guías foron elaboradas co fin de axudar os médicos solicitantes de exploracións radiolóxicas a facer un mellor uso do Servizo de Radioloxía Clínica. As Guías deseñáronse para asimilar, avaliar e levar a cabo a cada vez maior cantidade de evidencias e opinións acerca das mellores prácticas na actualidade. A Directiva do Consello da Unión Europea 1997/43/Euratom declarou que os Estados membros promoverán a creación e o uso de niveis diagnósticos de referencia para as exploracións radiolóxicas e a súa guía. As presentes Guías poden ser utilizadas con ese fin.

O uso continuado de recomendacións desta clase pode conducir a unha redución no número de derivacións e tamén a unha redución na exposición a radiación médica [1-5]. Non obstante, o obxectivo primordial das Guías é mellorar a práctica clínica. Estas Guías funcionan mellor se se utilizan como parte do diálogo entre clínicos e radiólogos, así como no proceso de avaliación. As Guías van dirixidas a todos os médicos solicitantes. A metodoloxía de elaboración reduce ao mínimo a especificidade do contexto: debería ser relevante e valorable, na Comunidade Europea e internacionalmente.

O proceso editorial foi emprendido pola Dra. Gillian Needham (Aberdeen), o Dr. Iain McCall (Stoke-on-Trent), e o Dr. Mike Dean (Shrewsbury), apoiados polo European Guideline Development Steering Group (véxase abaixo), e os procesos de busca bibliográfica, valoración crítica, síntese e avaliación foron realizados por Grupos de Interese Especial europeos e británicos (SIGs) e sociedades de especialistas (véxase o apéndice). O Sr. Chris Squire (oficial clínico de avaliación do RCR) seleccionou o grupo de recollida de evidencias. O Sr. Barry Wall, da Xunta Nacional de Radioprotección, achegou os seus coñecementos acerca de datos dosimétricos e a súa valoración.