acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Radioloxía intervencionista (incluídas a anxiografía e a terapia minimamente invasiva)

Esta área da radioloxía está completamente desenvolvida, actualmente. Agora a maior parte dos abscesos abdominais trátanse mediante procedementos intervencionista de drenaxe percutánea guiada por técnicas de imaxe. Do mesmo modo, a maioría das biopsias hepáticas realízanas os radiólogos seguindo unha monitoraxe ecográfica. As biopsias de ganglios linfáticos son habituais na maioría das unidades de ecografía e de TC. Durante moitos anos, todos os servizos de radioloxía clínica estiveron a realizar anxiografías e procedementos terapéuticos asociados, como por exemplo, a anxioplastia, á vez que van xurdindo e desenvolvéndose novas técnicas.

As novas tecnoloxías seguen aumentando a aplicación da radioloxía intervencionista. Entre estas innovacións figuran:

Estes exemplos de innovacións recentes requiren unha estreita colaboración cos clínicos. Os detalles da súa execución varían moito en función dos recursos humanos e do equipo dispoñible. Segue aberto o debate a escala nacional, en canto ao mellor modo de levar a cabo estas intervencións. A realización destas técnicas leva consigo, inevitablemente, un pormenorizado intercambio de opinións entre diversos especialistas.