acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Ecografía

Dende a edición anterior destas Guías, a maioría dos departamentos de radioloxía clínica experimentaron un importante aumento no número de solicitudes de ecografías. Ao longo deste período, tanto os equipos como a experiencia en ecografía avanzaron, e se ampliou o abano de solicitudes (Doppler codificado en cor, Doppler de alta resolución, exploracións xinecolóxicas transvaxinais etc.). Hai que fomentar todos estes avances, posto que a ecografía non utiliza radiación ionizante. Non obstante, non parece que o aumento das solicitudes de ecografía fose acompañado por unha considerable redución das solicitudes doutras exploracións radiolóxicas, coa conseguinte redución da dose total de radiación aos pacientes. Unha excepción que cabe sinalar é a UIV, moito menos solicitada dende a aparición da ecografía. De todos os xeitos, como a ecografía non é invasiva, o número total de pacientes estudados con problemas urolóxicos aumentou. Cada servizo de radioloxía clínica estableceu as súas propias pautas para facer fronte ao aumento de traballo en ecografía.

A ecografía debe ser realizada por un profesional experimentado quen, a pesar da súa experiencia, é posible que non obteña imaxes perfectas en todos os pacientes. Por exemplo, a ecografía pode ser difícil e insatisfactoria en pacientes obesos. A distribución dos gases intestinais pode tamén enmascarar algúns detalles. Aínda así, a ecografía é barata, rápida, fiable e non é invasiva, polo que constitúe unha exploración inicial excelente en moitos casos. Por iso, recoméndase como proba de elección sempre que sexa apropiada.

Posto que a ecografía non comporta unha radiación ionizante e é relativamente barata, adoita recomendarse en casos nos que exploracións máis caras (por exemplo, a TC) non están xustificadas, ou cando os recursos son limitados. Á inversa, é difícil non acceder a unha solicitude de ecografía baixo o pretexto do seu carácter invasivo ou de gasto, polo que se corre o risco de sobrecargar os servizos de ecografía con solicitudes que se atopan no límite do apropiado. Polo tanto, os clínicos solicitantes seguen tendo a obriga de sopesar coidadosamente se todas as súas solicitudes de ecografía están xustificadas e se o resultado (por exemplo, a presenza de colelitíase) terá repercusións na actitude terapéutica (ver Introdución: Por que se necesitan guías?).