acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Obstetricia e xinecoloxía

NOTA: todos os servizos que realizan ecografías pélvicas deben dispoñer de equipos de ecografía transvaxinal (TV)

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
I01 W41 W78 W79 W80 W84 Detección sistemática no embarazo Ecografía Indicada [B] O estudo no primeiro período do embarazo (9-13 semanas) pode servir para calcular de forma precisa as semanas de embarazo se se mide a distancia entre a cabeza e o cóccix do feto. Isto reduce o índice de intervención de neonatos a termo e postermo. A ecografía dá información precisa acerca do número de fetos e da corionicidade, e mellora os resultados en casos de embarazos múltiples. O cribado sistemático de anomalías estruturais ás 18-20 semanas non se veu que altere a mortalidade perinatal, agás en casos de interrupción electiva do embarazo por anomalía fetal grave. Tamén demostrou a súa eficacia para avaliar a placenta previa e un retraso no crecemento intrauterino. Na atención especializada de embarazos de alto risco, a ecografía Doppler é esencial para levar a cabo de forma segura intervencións ou procedementos terapéuticos, tales como a amniocentese, a toma de mostras de sangue fetal e as transfusións durante o embarazo. 0
I02 W01 Sospeita de embarazo Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [C] Non está indicada a comprobación dun embarazo a través dunha ecografía, se non é para calcular as semanas do mesmo. A ecografía está indicada se existen síntomas como dor ou hemorraxia vaxinal ao principio do embarazo. O test de embarazo é a proba máis axeitada. 0
I03 W01 W80 Sospeita de embarazo ectópico Ecografía Indicada [B] Despois dun test de embarazo positivo. A ecografía transvaxinal é máis precisa. O Doppler-cor incrementa a sensibilidade. 0
I04 W84 Embarazo posiblemente inviable Ecografía Indicada [C] É necesario un test de embarazo. Pode ser preciso repetir a ecografía ao cabo dunha semana (especialmente se a bolsa amniótica é < 20 mm ou a lonxitude cabeza-cóccix é < 6mm). Se se dubida da viabilidade dun embarazo, é fundamental atrasar o legrado uterino. 0
Corpo do útero
I05 X12 Hemorraxia postmenopáusica: para excluír patoloxía endometrial significativa Ecografía Indicada [B] A ecografía transvaxinal está indicada para excluír patoloxía endometrial significativa en caso de hemorraxia postmenopáusica. O engrosamento do endometrio > 5 mm necesita unha biopsia para un diagnóstico concreto. 0
I06 D24 X17 X74 Sospeita de masa pélvica
(Véxase tamén L39-L40)
Ecografía Indicada [C] Adoita ser necesario combinar a ecografía transabdominal e a transvaxinal. A ecografía confirma a presenza dunha lesión e determínase o órgano de orixe probable. A imaxe transvaxinal debe usarse para definir máis a anatomía. A RM é a segunda mellor exploración, aínda que segue empregándose moito a TC. 0
I07 X01 X74 X99 Dor pélvica, incluíndo sospeita de enfermidade inflamatoria pélvica e sospeita de endometriose Ecografía Indicada [C] Especialmente cando a exploración clínica é difícil ou imposible. A ecografía ten un valor predictivo baixo en caso de diagnóstico de enfermidade inflamatoria pélvica. 0
RM Exploración especializada [B] Pode ser de utilidade para localizar os focos de endometriose de maior tamaño. 0
I08 W12 Perda do DIU Ecografía Indicada [C] Para confirmar ou descartar a presenza do DIU no útero. 0
RXA Indicada só en circunstancias específicas [C] Indicada só cando o DIU non se pode ver no útero a través da ecografía. I - II
I09 W82 Abortos espontáneos recorrentes Ecografía Indicada [C] Pon de manifesto os principais problemas, tanto conxénitos como adquiridos, e é útil para identificar ovarios poliquísticos. 0
RM Exploración especializada [C] Complementa á ecografía no estudo da anatomía uterina. 0
I10 W15 Esterilidade Ecografía Indicada [C] Para o control dos folículos durante o tratamento. Para avaliar a permeabilidade das trompas, a ecografía aínda non se levou á práctica de forma xeneralizada. Algúns servizos utilizan a RM e/ou laparoscopia e/ou a histerosalpingografía. 0
I11 W99 Sospeita de desproporción cefalopélvica Pelvimetría por RX Non indicada [B] Estase a poñer cada vez máis en tea de xuízo a necesidade da pelvimetría. As pautas de cada centro deberán determinarse en colaboración cos obstetras. A RM ou a TC deben usarse sempre que sexa posible. II
RM / TC Exploración especializada [C] A RM é preferible, xa que non irradia. A TC adoita dar unha dose de radiación menor que a pelvimetría estándar con RX. 0 / I