acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Tomografía computarizada (TC)

Actualmente pódese realizar unha TC en toda Europa. Por outro lado, recentemente conseguíronse progresos importantes grazas á TC helicoidal multicorte, que permite a adquisición de gran cantidade de datos volumétricos nunha única apnea. Estes adiantos abriron a porta a novas posibilidades diagnósticas, como o uso da TC multicorte no diagnóstico da enfermidade arterial coronaria. Non obstante, cada hospital terá as súas propias pautas para aceptar solicitudes de TC. Recordemos que a TC leva consigo unha dose de radiación relativamente alta. Por iso sempre deben valorarse alternativas, sobre todo á vista dos progresos da RM. A NRPB do Reino Unido publicou unhas recomendacións xerais respecto á protección dos pacientes na TC [25], que actualmente están sendo revisadas.

Como nos demais casos de remisión aos servizos de radioloxía, deberá estudarse cun radiólogo toda remisión dun paciente para TC que non entre nas Guías establecidas. Debido á necesidade de minimizar a extensión da exploración, así como os custos e a dose de radiación, é útil, no momento no que se solicita a TC, que o servizo de radioloxía dispoña dos comentarios clínicos e das anteriores exploracións radiográficas.

Outros detalles: