Prevención e control do consumo de tabaco

Prevención e control do consumo de tabaco

Actividades preventivas e de control no ámbito do consumo de tabaco

O tabaco é unha das maiores ameazas para a saúde pública que tivo que afrontar o mundo. Mata a casi 6 millóns de persoas ao ano, das cales máis de 6 millóns son consumidores directos e máis de 600.000 son non fumadores expostos ao tabaquismo pasivo. Cada seis segundos, aproximadamente, morre unha persona a causa do tabaco, o que representa unha de cada 10 mortes en persoas adultas. Segundo a OMS, ata a metade dos consumidores actuais poderían morrer por unha enfermidade relacionada co consumo de tabaco.

 
O consumo de tabaco é a primeira causa evitable de mortalidade e morbilidade e, dende o ano 1993, o Programa Galego de Promoción da Vida sen Tabaco engloba todas as estratexias e actividades para conseguir:
  • Diminuír a mortalidade e morbilidade causada por patoloxías asociadas ao consumo de tabaco.
  • Reducir o número de fumadores da nosa comunidade.
  • Atrasar a idade de inicio do consumo de tabaco.
  • Asegurar o cumprimento da normativa vixente.
  • Coñecer a evolución da epidemia tabáquica, e avaliar a efectividade das actividades implantadas polo programa.