Mesa multidisciplinar sobre o consello en tabaco

Mesa multidisciplinar sobre o consello en tabaco


tabaco.png 
 
 

O consello para deixar de fumar é unha estratexia de intervención sinxela (2-3 min) e eficaz dirixida tanto a persoas que fuman como ás que están expostas ao fume ambiental do tabaco.

O seu obxetivo principal é motivar as persoas para deixen de fumar ou eviten a exposición ao fume de tabaco, asi como informar dos recursos sanitarios dispoñibles para levar a cabo​ un programa de cesación.

Todos os profesionais da saúde (persoal médico e de enfermería, fisioterapeutas, odontólogos, farmacéuticos, psicólogos clínicos, etc) deben ofrecer este consello no desenvolvemento habitual do seu exercicio profesional. Un exemplo disto foi a mesa que se celebrou recentemente no Salón de Actos da Consellería de Sanidade (ver enlace ao vídeo) na que se invitou tamén a un docente co obxectivo de resaltar que o profesorado constitúe unha figura modélica ante o alumnado, e debe contribuír á promoción da saúde no seu entorno.