Proxectos preventivos 2019-2022

Proxectos preventivos 2019-2022

Convocatoria de axudas 2019-2022 para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas

O 25 e 27 de setembro de 2019 publicáronse no DOG as ordes nas cales se establecen as bases reguladoras para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas desenvolvidos por concellos, agrupacións ou mancomunidades de concellos, así como por entidades privadas sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia.

A contía das subvencións concedidas por Sanidade para os concellos ascende a 2.213.463 euros, e 2.000.000 euros para as entidades.

O desenvolvemento destas actuacións ten por obxectivo promover a adopción de estilos de vida saudables e de ocupación do tempo libre entre os adolescentes e mozos galegos, ademais de potenciar, nos diversos colectivos nos cales se intervén, factores de protección e reducir o impacto de determinados factores de risco asociados ao consumo de substancias psicoactivas. Tamén que outros colectivos implicados na prevención, como familiares ou docentes, funcionen como axentes de saúde.