Proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas

Proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas

Convocatorias de axudas a proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas en concellos e entidades privadas sen ánimo de lucro
O fenómeno dos trastornos adictivos é unha das principais preocupacións da cidadanía de Galicia, e unha ameaza importante para a saúde pública e a seguridade da sociedade galega en xeral, que incide con especial gravidade nos menores de idade.
 
A Estratexia Nacional sobre Drogas 2009-2016, cos seus correspondentes plans de acción, recolle a prevención do consumo de drogas como un ámbito clave. Concretamente, o Plan de Acción 2013-2016 desta estratexia pon en valor a dimensión da saúde pública como compoñente social nas políticas de drogas.
 
Ese mesmo enfoque se contempla no Plan de Trastornos Adictivos 2011-2016 de Galicia, definido en dez liñas estratéxicas de actuación entre as que destacan: a diminución da prevalencia dos consumos de bebidas alcohólicas, tabaco ou drogas ilícitas; a regulación e control da oferta de bebidas alcohólicas e tabaco a menores; a prevención das adiccións sociais e condutas relacionadas e a diminución de riscos e redución de danos asociados ao uso e abuso de drogas.
 
En virtude do anterior, a Consellería de Sanidade convoca periódicamente axudas, en formato de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas por parte de concellos e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas neste ámbito de traballo.