Convocatorias de axudas

Convocatorias de axudas

Convocatorias de axudas a proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas en concellos e entidades privadas sen ánimo de lucro

O fenómeno dos trastornos adictivos é unha das principais preocupacións da cidadanía de Galicia, e unha ameaza importante para a saúde pública e a seguridade da sociedade galega en xeral, que incide con especial gravidade nos menores de idade.
 
A Estratexia Nacional sobre Drogas 2009-2016, cos seus correspondentes plans de acción, recolle a prevención do consumo de drogas como un ámbito clave. Concretamente, o Plan de Acción 2013-2016 desta estratexia pon en valor a dimensión da saúde pública como compoñente social nas políticas de drogas.
 
A planificación estratéxica en materia de adiccións da Xunta de Galicia define unha serie de liñas de actuación, entre as que destacan a diminución da prevalencia dos consumos de bebidas alcohólicas, tabaco ou drogas ilícitas; a regulación e control da oferta de bebidas alcohólicas e tabaco a menores; a prevención das adiccións sociais e condutas relacionadas e a diminución de riscos e redución de danos asociados ao uso de substancias psicoactivas.
 
En virtude do anterior, a Consellería de Sanidade convoca periódicamente axudas, en formato de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas por parte de concellos e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas neste ámbito de traballo.