Apuntámonos a non beber

Apuntámonos a non beber

"Apuntámonos a non beber" é un programa de prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 11 e 14 anos, edades nas que se observan os primeiros contactos con estas bebidas.
Este programa forma parte do Plan Proxecta, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no que os centros escolares que decidan implementalo promoverán que cada aula participante elabore un traballo en equipo no que terán que entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas en soporte audiovisual ou en cartel ou slogan publicitario.
O persoal docente deberá participar no antedito programa asumindo o seu compromiso e implicación no seu desenvolvemento e na participación nas intervencións presenciais que se leven a cabo co alumnado e as familias.