Actividades preventivas e de control do consumo de alcohol
O alcohol é a droga máis consumida tanto na poboación galega como no resto do noso pais; e, en particular, entre a mocidade menor de idade (dato especialmente preocupante).
Esta sustancia provoca múltiples problemas sociais e sanitarios. As bebidas alcohólicas (viño, cervexa, augardente, whisky, ron, xenebra, etc.) teñen unha presenza moi importante no noso contorno social e cultural, que se remonta a moitos séculos.
Aquí poderá atopar información referida á normativa da nosa comunidade, os carteis de sinalización para a hostalería, así como un conxunto de materiais de información preventiva sobre o consumo de alcol dirixidos a mozos e mozas, pais, nais, educadores e técnicos; ditos materiais poden descargarse a texto completo.