Dirección de Recursos Humanos

Dirección de Recursos Humanos

Á fronte da Dirección de Recursos Humanos haberá un director ou directora. A persoa titular deberá ser licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior e o seu nomeamento e cesamento produciranse por orde da persoa titular da Consellería de Sanidade.
Son funcións da Dirección de Recursos Humanos as seguintes:
a) A xestión de todo o persoal adscrito ao conxunto de institucións e centros da correspondente área sanitaria.
b) Implantar e promover, no seu ámbito, as políticas de recursos humanos que se establezan polo Servizo Galego de Saúde.
c) Impulsar, executar e avaliar no seu ámbito, os plans de desempeño, promoción e incentivación do persoal.
d) Coordinar e executar a formación continuada de acordo coas necesidades existentes, sen prexuizo das competencias atribuídas á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
e) Realizar o seguimento dos gastos do persoal, no seu ámbito, segundo o presuposto asignado.
f) Exercer calquera outra función que lle sexa encomendada ou delegada pola respectiva xerencia.