acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Colo (para a columna, véxanse as seccións C e K)

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
Partes brandas
B01 T71 T72 T73 T81 Nódulos tiroideos Ecografía Indicada só en circunstancias específicas [B] A ecografía é excelente para diferenciar masas tiroideas e extratiroideas, para guiar unha punción aspiración ou unha biopsia (especialmente en nódulos tiroideos de difícil palpación ou pequenos), e para a detección de linfoadenopatías asociadas a tumores malignos de tiroide. Aínda que a ecografía pode ser específica en casos de tumores malignos, ten pouca sensibilidade. En casos de aumento xeneralizado de tiroide ou bocio multinodular a ecografía mostra facilmente a extensión retroesternal. As exploracións en tempo real mostran o efecto da extensión de colo, etc. Necesítase unha TC ou unha RM para demostrar a extensión retroesternal completamente e o compromiso traqueal. A MN non desempeña ningún papel na avaliación inicial dos nódulos tiroideos. 0
PAAF guiada por ecografía / PAAF Indicada [B] Os nódulos tiroideos son moi frecuentes, pero a maioría son benignos. A punción por aspiración con agulla fina (PAAF), sen imaxe, é a exploración inicial máis custo-efectiva. 0 / 0
B02 T85 Tirotoxicose MN Indicada [B] A MN pode diferenciar entre a enfermidade de Graves, o bocio nodular tóxico e a tiroidite subaguda. Ofrece información funcional sobre os nódulos. É tamén útil na tiroidite. II
B03 T80 Tecido tiroideo ectópico (por exemplo, lingual) MN Indicada [C] A MN é excelente en caso de pequenos restos de tecido tiroideo ectópico. II
B04 T99 Hiperparatiroidismo Ecografía / MN / TC / RM Exploración especializada [C] Debe consultarse cun especialista. O diagnóstico faise baseándose na clínica e na analítica bioquímica. As técnicas de diagnóstico pola imaxe poden ser útiles para a localización precirúrxica, pero os cirurxiáns experimentados poden non necesitalas. Depende moito das prácticas locais e da dispoñibilidade de especialistas e de tecnoloxía. A ecografía, a MN, a TC e a MR son todas axeitadas nun colo non operado. A RM está a evolucionar de modo que probablemente sexa a mellor exploración en caso de tumores ectópicos e residuais. Unha venografía superselectiva para realizar toma de mostras tras unha exploración por imaxe pode ser de utilidade. 0 / II / II / 0
B05 K81 Sopro carotídeo asintomático Ecografía carotídea Indicada só en circunstancias específicas [B] A ecografía non adoita ser de gran valor posto que a evidencia suxire que a cirurxía non está recomendada en estenose carotídea asintomática. 0
B06 D79 R87 Corpo estraño tragado ou inhalado
(Véxase tamén K27-K29)
(Para os nenos véxase a sección M)
RX lateral para tecidos brandos do colo Indicada só en circunstancias específicas [B] A maioría dos corpos estraños non se ven en RX. A historia clínica e os achados son os indicadores máis precisos da presenza dun corpo estraño. As exploracións de elección son a exploración directa da orofarinxe, a laringoscopia e a endoscopia.
(Para corpos estraños tragados ou inhalados en nenos véxase M26 e M31)
I
B07 A08 R92 S04 Masa no colo de orixe descoñecida Ecografía Indicada [C] A ecografía é a técnica de primeira liña para a caracterización de masas no colo. Pódese combinar cunha PAAF. 0
TC / RM Indicada só en circunstancias específicas [C] A TC / RM están indicadas se a extensión completa da lesión non se pode determinar cunha ecografía, para identificar outras lesións e para a estadificación. II / 0
B08 D83 Obstrución dos condutos salivais Ecografía ou sialografía Indicada [C] En caso de inchazón intermitente relacionada cos alimentos. Algúns centros prefiren a sialografía por RM. 0 / II
RX Indicada só en circunstancias específicas [C] Cando se sospeita un cálculo na rexión sublingual, a RX pode ser a única proba necesaria. I
B09 A08 D78 D83 Masa salival Ecografía Indicada [B] A ecografía é a exploración inicial de elección en caso de sospeita de masa salival. Pódese combinar cunha PAAF, se fose necesario. Posúe unha gran sensibilidade e unha alta especificidade. 0
RM / TC Exploración especializada [B] Debe realizarse unha RM ou unha TC se se sospeita afectación do lóbulo profundo ou extensión aos espazos profundos. 0 / II
B10 D20 L99 Boca seca: enfermidade do tecido conxuntivo Ecografía, sialografía, MN Exploración especializada [C] Non adoitan ser necesarias. A sialografía pode ser diagnóstica, pero a MN permite unha valoración funcional mellor. Tamén se emprega a sialografía por RM. 0 / II / II
B11 D82 L07 L80 Disfunción da articulación témporo-mandibular RM Exploración especializada [B] As RX non adoitan achegar información posto que a maioría dos problemas da articulación temporomandibular se deben a disfuncións do tecido blando (normalmente subluxación do disco intra-articular) máis que a anomalías óseas, que aparecen tardiamente e adoitan estar ausentes na fase aguda. 0