acceder al documento izquierda
Guía orientativa de xustificación en diagnóstico pola imaxe
maximizar/minimizar menú
Imprimir documento
Descargar PDF

Sistema cardiovascular

Código CIAP2 Problema clínico Exploración Recomendación [Grao] Comentario Dose
E01 K01 K02 K74 K75 Dor retroesternal aguda: infarto de miocardio RXT Indicada [B] Non hai que atrasar o ingreso nunha unidade especializada por estar esperando a RX de tórax. A RX de tórax permite avaliar o tamaño do corazón, edema pulmonar, tumor, etc., e pode descartar outras causas. É preferible realizar a RX nun departamento de radioloxía. I
E02 K74 K75 K76 Cardiopatía isquémica crónica e avaliación tras un infarto de miocardio RXT Indicada só en circunstancias específicas [B] Só é de utilidade se os signos ou síntomas cambiaron respecto á RXT realizada inicialmente. I
MN (Imaxe de perfusión miocárdica) Indicada [B] Método apropiado para determinar prognóstico/diagnóstico, carga isquémica e zonas isquémicas específicas. As probas farmacolóxicas ou de esforzo poden ser utilizadas xunto con isótopos. O TI-201 proporciona maior radiación, pero pode ser mellor método para determinar o prognóstico ou a viabilidade. O Tc-99m ten maior enerxía e permite unha avaliación concomitante da contracción do VI mediante imaxe sincronizada. Os seus usos específicos son:
  • Avaliación do prognóstico.
  • Diagnóstico en pacientes atípicos ou asintomáticos.
  • Avaliación de pacientes para procedementos de revascularización.
  • Estratificación de risco previa a unha operación non cardíaca.
II
Angiografía Indicada [B] É a única técnica actualmente dispoñible para unha avaliación detallada da anatomía arterial coronaria. É un requisito previo para procedementos intervencionistas e en ocasións para establecer o diagnóstico. III
RM Exploración especializada [B] O papel do estudo da perfusión por RM aínda ten que ser avaliado. 0
MN (anxiografía con radionúclidos: MUGA ou ERNVG) Exploración especializada [B] Pode avaliar a función do VI e do VD tras un infarto de miocardio. A ecocardiografía é a técnica de elección para a avaliación da contracción ventricular esquerda, etc. III
US (Ecocardiografía) Indicada [A] Permite unha avaliación da contracción residual do VI, válvulas e complicacións tales como a rotura miocárdica. Pode ser usada secuencialmente de forma doada, especialmente se se percibe unha deterioración clínica hemodinámica. 0
E03 K01 K02 K03 K99 Dor precordial: disección aórtica RXT Indicada [B] Principalmente para descartar outras causas; raramente diagnóstica. I
US (ecocardiografía transesofáxica: ETE) Indicada [B] A ETE é unha técnica complementaria útil e precisa á cabeceira do enfermo, pero non tan boa como a TC para o caxato da aorta. 0
TC Indicada [B] A TC con contraste IV é a técnica máis fiable e práctica. III
RM Exploración especializada [B] A RM é precisa e avalía calquera cambio na extensión lonxitudinal, pero as dificultades prácticas poden limitar o potencial da técnica por imaxe. Útil para un seguimento secuencial. 0
E04 K93 Tromoboembolismo pulmonar
(Véxase tamén N03, E13)
RXT Indicada [B] A RXT debe ser a exploración inicial para poñer de manifesto consolidación e derramo pleural, pero unha RXT normal non descarta un tromboembolismo pulmonar. I
MN (gammagrafía / ventilación / perfusión) Indicada [B] A gammagrafía de ventilación/perfusión (V:Q) pode ser diagnóstica se se usa de forma selectiva en pacientes sen EPOC ou consolidación na RXT, ou con menor frecuencia se se usa de forma non selectiva. Unha gammagrafía de perfusión normal descarta tromboembolismo pulmonar clinicamente significativo. II
TC helicoidal Indicada [B] A TC helicoidal é a exploración de elección, é tan precisa como a anxiografía pulmonar para detectar tromboembolismo pulmonar e descarta de forma fiable os tromboembolismos pulmonares clinicamente significativos. É a exploración de elección para pacientes con EPOC ou con RXT anómalas e pode usarse tras unha gammagrafía V:Q non diagnóstica. III
E05 K70 K84 Pericardite, derramo pericárdico US (ecocardiografía) Indicada [B] Útil para a avaliación de patoloxías concomitantes (por exemplo, derramo). Pode avaliar o tamaño dun derramo pericárdico, a posibilidade de realizar unha drenaxe, o desenvolvemento dun taponamento, etc. A mellor técnica para un seguimento secuencial. 0
RXT (inclúe lateral esquerda) Indicada [B] Pode revelar patoloxías concomitantes (por exemplo, tumor) ou calcificación en pericardio. I
E06 K71 K81 K83 Sospeita de valvulopatía RXT Indicada [B] Utilizada para unha avaliación inicial e cando existe un cambio no cadro clínico. I  
US (ecocardiografía) Indicada [B] O mellor método para un seguimento secuencial. Pode ser necesaria unha ETE para próteses valvulares. 0
RM Indicada [B] Pode ser de utilidade, pero é xeralmente impracticable. Contraindicada para moitas próteses valvulares. Útil no contexto de enfermidades cardíacas conxénitas. 0
E07 K75 K76 Deterioración clínica consecutiva a un infarto de miocardio US (ecocardiografía) Indicada [B] Unha ecografía pode poñer de manifesto complicacións que poden resolverse (defecto do septo interventricular, rotura do músculo papilar, aneurisma, etc.). 0
RXT Indicada [B] I
E08 K86 K87 Hipertensión RXT Indicada [B] Avalía o tamaño cardíaco e posibles patoloxías asociadas tales como a coartación ou as muescas costais por circulación colateral. I
US (ecocardiografía) Indicada [B] É o método máis práctico para avaliar unha hipertrofia ventricular esquerda. 0
RM Exploración especializada [B] É o método máis preciso para avaliar unha hipertrofia ventricular esquerda. 0
E09 K84 Sospeita de miocardiopatía, miocardite RXT Indicada [B] O aspecto globular dunha silueta suxire unha miocardiopatía dilatada. I
US (ecocardiografía) Indicada [A] Permite unha clara avaliación dunha miocardiopatía dilatada, hipertrófica e constritiva/restritiva, así como anomalías cardíacas asociadas. Non é tan útil para as displasias arritmoxénicas do VD. A ETE pode distinguir as miocardiopatías constritivas das restritivas. 0
MN (anxiografía por radioisótopos) Exploración especializada [B] A anxiografía por radioisótopos en repouso está indicada para a determinación do funcionamento inicial e progresivo do VI e o VD en pacientes con miocardite ou miocardiopatía dilatada, hipertrófica e restritiva, e en pacientes en quimioterapia con doxorrubicina. A imaxe de perfusión miocárdica pode axudar a distinguir entre unha miocardiopatía isquémica e unha dilatada, e a avaliar unha isquemia miocárdica nunha miocardiopatía hipertrófica. III
E10 K73 Enfermidade cardíaca conxénita US (ecocardiografía / ecocardiografía transesofáxica: ETE) Indicada [B] Aporta datos funcionais e diagnósticos. Facilita o seguimento. Servizos especializados.
A ETE pode achegar información útil adicional á ecocardiografía transtorácica.
0 / 0
RM Indicada [B] A mellor técnica de imaxe para avaliación / seguimento. Contraindicada para moitas próteses valvulares. 0
E11 K74 K76 Anxina inestable MN Exploración especializada [B] A gammagrafía con Tc-99m ou TI-201 en diagnóstico, prognóstico e avaliación da terapia en pacientes con anxina inestable está indicada en:
  • Identificación de isquemia na distribución da lesión responsable ou en áreas remotas.
  • Medida da función basal do VI.
  • Identificación da extensión e gravidade da enfermidade en pacientes con isquemia en evolución ou hibernación miocárdica.
III
Anxiografía coronaria Exploración especializada [B] É a única ferramenta dispoñible actualmente para a avaliación da anatomía arterial coronaria. É un requisito previo indispensable para procedementos intervencionistas e en ocasións para establecer o diagnóstico. III
E12 K99 Aneurisma da aorta abdominal
(Véxase tamén N05)
Ecografía Indicada [A] Útil para o diagnóstico, a determinación do diámetro máximo e o seguimento. É preferible a TC se se sospeita unha fuga, pero sen atrasar a intervención cirúrxica urxente. 0
TC, RM Indicada [A] TC (especialmente helicoidal) e RM para a relación coas arterias renais e ilíacas. Hai un aumento na demanda de información anatómica detallada, porque considérase cada vez máis a posibilidade de tratamento mediante endoprótese vascular percutánea. III / 0
E13 K94 Trombose venosa profunda Ecografía Indicada [A] Máis sensible con Doppler codificado en cor. Se detectan case todos os trombos clinicamente significativos. Hai experiencia crecente en ecografía para as tromboses venosas do papo da perna. Pode poñer de manifesto outras lesións. 0
Flebografía Indicada só en circunstancias específicas [B] Grandes variacións, en función da experiencia en ecografía e das pautas terapéuticas locais. II
E14 K92 Isquemia de membro inferior
(Véxase tamén N06-N09)
Anxiografía Exploración especializada [A] As pautas locais deben determinarse en colaboración cos cirurxiáns vasculares, especialmente polo que respecta ás intervencións terapéuticas. Algúns servizos recorren á ecografía como primeira proba. III
ATC, ARM Exploración especializada [C] A ATC e a ARM estanse a utilizar cada vez máis para o diagnóstico. III / 0
E15 K92 Isquemia de membro superior Anxiografía Exploración especializada [B] As pautas locais deben ser acordadas cos cirurxiáns vasculares, especialmente polo que respecta ás intervencións terapéuticas. III