Número 2: Caso importado de sarampelo - Aumento da tose ferina - Rexistro galego de tumores (REGAT)

Número 2: Caso importado de sarampelo - Aumento da tose ferina - Rexistro galego de tumores (REGAT)

VENRES EPIDEMIOLÓXICO 8-2.png
CASO IMPORTADO DE SARAMPELO NA PROVINCIA DE LUGO
 
O 28 de xaneiro declarouse un caso de sarampelo en Lugo, nunha nena de 4 anos non vacinada. O caso é importado de Europa Oriental, onde estivo no período de incubación. Durante o período de transmisibilidade (desde 4 días antes a 4 despois da aparición do exantema) non acudiu ao colexio e polo momento, non se detectou ningún caso secundario.
Ante calquer doente que presente febre (>38ºC), exantema máculo-papular e un dos seguintes: tose, coriza ou conxuntivite; debe sospeitarse o sarampelo e declaralo urxentemente ao SAEG. Nesta situación é importante recoller mostras de soro, exudado nasofarínxeo e ouriños para o diagnóstico e posterior caracterización molecular.
 
AUMENTO DOS CASOS DE TOSE FERINA
 
tose ferina é unha enfermidade endémica en todo o mundo que amosa picos de transmisión cada certos anos, incluso en presencia dun programa de vacinación con alta cobertura. Durante o ano 2023, varios países europeos notificaron un aumento do número de casos en comparación cos anos anteriores á COVID-19. Isto podería estar relacionado cunha menor circulación durante a pandemia e, nalgún país, con baixadas nas coberturas de vacinación en certos grupos. No conxunto de España declarouse tamén un aumento a principios de 2024, con 211 casos acumulados fronte a 10 no mesmo período do 2023. Así mesmo, en Guadalaxara declarouse un abrocho en centros educativos con máis de 124 afectados. En Galicia, tamén se observou un aumento na incidencia a partir de decembro de 2023, que apenas afectou aos menores dun ano [Apéndice].
Neste contexto, ante un doente maior dun ano, compre sospeitar a enfermidade se presenta tose de >2 semanas de evolución e algunha das seguintes características: estridor
inspiratorio, tose paroxística ou vómito postusíxeno, sen unha causa alternativa. Para notificalo, en Atención Primaria é importante codificar a tose ferina (R71) como motivo do episodio de consulta. Ademais, o caso debe ser excluído da escola 5 días desde o inicio do tratamento e, se non o recibe, 21 días desde o inicio dos síntomas (período de transmisibilidade).
Esta enfermidade pode ser grave nos menores de un ano é por iso protexelos é o principal obxectivo dos programas de vacinación e das medidas de control ante un caso. Deste xeito, como xa se detallou nun Venres anterior, indicarase quimioprofilaxe e vacinación a todos os contactos estreitos domiciliarios ou equivalentes se non pasaron 21 días desde o inicio de síntomas do caso e entre os contactos existe: un neno menor dun ano sen 3 doses da vacina, unha embarazada de >32 semanas sen vacina nos últimos 5 anos ou unha persoa traballadora sen vacina nos últimos 5 anos en contacto regular con menores dun ano ou embarazadas.
 
REXISTRO GALEGO DE TUMORES (REGAT): INFORME 2022
 
Na perspectiva poboacional, a importancia do cancro avalíase mediante 3 indicadores principais: a incidencia (persoas con novo diagnóstico de cancro), a supervivencia (tempo entre o diagnóstico e o falecemento) e a mortalidade (persoas falecidas por cancro). Deles deriva un cuarto indicador, a prevalencia (total de persoas con cancro).
Recoller os datos para calcular estes indicadores non é doado (diferentes tipos histolóxicos, localizacións, estadios ou tratamentos), polo que son pouco frecuentes os rexistros de tumores cunha boa cobertura poboacional. Para manexar isto, o Rexistro Galego de Tumores (REGAT) captura automaticamente datos de varias fontes dixitalizadas do sistema sanitario público galego [Apéndice], que se validan mediante algoritmos (tipo de tumor e persoa que o padece) e de xeito manual (construción da TNM). Esta validación manual enlentece moito os resultados, polo que se decidiu publicar informes cos datos automatizados tras un proceso de validación mediante o programa IARCcrgTools e contrastando os resultados coas estimacións realizadas pola Red Española de Registros de Cancer (REDECAN) e a Asociación Española contra el Cáncer. Estes informes con datos automáticos conteñen as estimacións da incidencia, a supervivencia e a mortalidade por cancro en Galicia.
último informe publicado amosa datos de incidencia e supervivencia en 2022 e a súa evolución desde 2015, así como a mortalidade en 2021. Este informe ten algunhas limitacións, posto que a incidencia pode estar infraestimada ao existir diagnósticos anatomopatolóxicos e ingresos por cancro fóra do sistema público de saúde, sobre todo nos tumores hematolóxicos. No caso da mortalidade e supervivencia, este nesgo non debería afectar excepto que a distribución dos factores prognósticos sexa diferente nos tumores captados por REGAT e nos non captados. Por último, comentar que a supervivencia facilitase en bruto, sen ter en conta certas características que poden facela variar, coma o estadio.
Image_003.png 
 
AUMENTO DOS CASOS DE TOSE FERINA
 
En Galicia, a incidencia de casos de tose ferina foi descendendo desde o ano 2017 (figura 1), probablemente en relación coas ondas epidémicas comentadas, a vacinación das embarazadas e o rescate dos nenos que non se puideron vacinar aos 6 anos polos problemas de subministro da vacina. Durante a pandemia da COVID-19 a notificación, como era de esperar, viuse afectada polo descenso na transmisión da enfermidade. Ao longo do ano 2023, non se observa un aumento ata a cuatrisemana 13 (04/12-31/12/2023), que se viu acelerado na primeira cuatrisemana deste ano (01/01-28/01/2024) na cal se declararon 17 casos, 7 dos cales pertencentes a un abrocho dunha escola da provincia da Coruña.
Captura de pantalla 2024-02-08 121020.png

Ademais do aumento da incidencia, chama a atención o cambio na distribución por idade dos casos (figura 2). No ano 2017 e anteriores, o maior número de casos adoitaba encontrarse en menores de 1 ano. Nos anos 2018 e 2019, os casos neste grupo foron diminuíndo e aumentaron en adultos maiores de 30 anos. Pola contra, nestas primeiras catro semanas do ano 2014 os grupos con maior número de afectados son os de 5 a 14 anos, en idade de escolarización.
Captura de pantalla 2024-02-08 121134.png

 
REXISTRO GALEGO DE TUMORES (REGAT): INFORME 2022
 
 
REGAT captura automaticamente datos do Servizo Galego de Saúde (Anatomía Patolóxica e Conxunto mínimo básico de datos de hospitalización de agudos), de Tarxeta Sanitaria e do Rexistro de mortalidade de Galicia. Na actualidade está en proceso a integración de datos de farmacia hospitalaria e comunitaria, así coma a dos programas poboacionais de cribado (mama, colorrectal e cérvix).
En canto ao seu funcionamento, REGAT segue as normas internacionais dos rexistros de cancro de base poboacional. Estas comprenden desde a definición dos casos ata a codificación, as regras de validación ou a elaboración de resultados. En concreto, empréganse as recomendacións da Agency for Research on Cancer (IARC) e da European Network of Cancer Registries (ENCR).
1. Pie de página_V1.png
​​​