Alta de zonas de abastecemento e infraestructuras no SINAC

Alta de zonas de abastecemento e infraestructuras no SINAC

Neste apartado atopará a información necesaria para dar de alta as infraestruturas dunha nova zona de abastecemento ou infraestruturas dunha zona de abastecemento xa creada.

 

OLLO: Para dar de alta unha zona de abastecemento ou infraestruturas de zonas de abastecemento xa creadas no SINAC o primeiro paso é estar rexistrado como usuario do organismo xestor da zona de abastecemento (administrador básico do seu organismo). A información de como rexistrarse como usuario atópase na parte dereita desta páxina.

 

ALTAS DE ZONAS DE ABASTECEMENTO NON CREADAS NA APLICACIÓN

Se quere solicitar a alta dunha nova zona de abastecemento debe:

1.- Remitir unha solicitude que atopará na parte dereita desta páxina (MODELO DE ALTA DE INFRAESTRUTURAS DUNHA NOVA ZONA DE ABASTECEMENTO) á Dirección Xeral de Saúde Pública por rexistro ou escaneada por correo electrónico á seguinte dirección: sinac.galicia@sergas.es

2.- Logo de recibir un correo electrónico no que se lle informa que xa está dada de alta a zona de abastecemento, deberá rexistrar na aplicación informática SINAC todas as infraestruturas asociadas á dita zona de abastecemento: https://sinacv2.sanidad.gob.es/

  

ALTA DE INFRAESTRUTURAS DE ZONAS DE ABASTECEMENTO XA CREADAS

Se quere solicitar a alta de infraestruturas de zonas de abastecemento xa creadas na aplicación SINAC debe:

1.- Rexistrar na aplicación informática SINAC as infraestruturas que queira dar de alta: .- Rexistrar na aplicación informática SINAC as infraestruturas que queira dar de alta: http://sinac.msc.es/Sin​ac​V2/

2.- Remitir unha solicitude por cada infraestrutura que queira dar de alta á Dirección Xeral de Saúde Pública por rexistro ou escaneada por correo electrónico ó seguinte enderezo: sinac.galicia@sergas.es. Os modelos de alta de infraestruturas os atopará na parte dereita desta páxina (MODELO DE ALTA DE CAPTACIÓN, DEPÓSITO, TRATAMENTO OU REDE DE DISTRIBUCIÓN).