Alta de usuarios no SINAC

Alta de usuarios no SINAC

Este é o primeiro paso que debe facer para poder entrar no SINAC profesional.
Neste apartado atopará a información necesaria para darse de alta no SINAC como administrador básico, usuario básico, usuario municipal, usuario de laboratorio,...

Para rexistrarse como usuario no SINAC é necesario que a persoa que se dá de alta posúa certificado dixital da clase 2 CA. Para rexistrarse terán que:

 

1.- Entrar no seguinte link co seu certificado electrónico https://sinacv2.sanidad.gob.es/​ e cubrir as pantallas para solicitar a través da aplicación informática SINAC a alta co perfil correspondente (administrador básico, usuario básico, usuario municipal, usuario de laboratorio,...)
2.- Achegar como documento no paso anterior, ou ben remitir ao e-correo sinac.galicia@sergas.es, unha autorización de alta como usuario do SINAC na que o titular do organismo autorice ao novo solicitante.

 

DIFERENZAS ENTRE TIPOS DE USUARIO:

 

Administrador básico de concello: É o único perfil obrigatorio en organismos de tipo Ayto. Xestiona usuarios e solicitudes do seu organismo. Xestiona a ficha do seu organismo. Ten permisos en alta e modificación de calquera infraestrutura/entidade onde o concello sexa xestor.

Así mesmo pode proceder ao alta, modificación e baixa de boletíns.

 

Usuario municipal: É un usuario que pode solicitar o alta de infraestruturas e modificación daquelas entidades das que sexa propietario, pero non pode modificar infraestruturas/entidades que non sexan da súa titularidade aínda que sexan xestionadas polo seu concello. Non pode xestionar usuarios, nin solicitudes nin a ficha de organismo. Non ten o submenú Outras Solicitudes do Menú Altas. Pode dar de alta boletíns, pero non solicitar nin a baixa nin a modificación.

 

Administrador básico de laboratorio: Encárgase de xestionar a ficha do laboratorio, solicitudes de aceptación polo laboratorio e os usuarios do devandito laboratorio. Non ten permiso para alta nin modificación de infraestruturas, soamente da entidade de laboratorio, boletíns e incidencias.

 

Usuario básico de laboratorio: Ten permisos de alta de laboratorio, boletín e incidencia, pero non ten permisos de alta, modificación ou baixa de infraestruturas. Non pode xestionar usuarios nin a ficha do laboratorio (a non ser que sexa o titular do laboratorio). Non ten o submenú Outras Solicitudes do Menú Altas. Pode dar de alta boletíns, pero non solicitar nin a baixa nin a modificación.

​