A Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde

A Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROGRAMAS DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE

Correspóndelle a esta subdirección a aplicación das directrices da Dirección Xeral en materia de planificación e coordinación dos programas que actúen sobre os factores ambientais determinantes da saúde da poboación galega.

Así mesmo, desenvolverá as funcións de fomento da coordinación entre os distintos órganos dependentes da Consellería de Sanidade con competencias en materia de saúde laboral e a colaboración coas sociedades científicas e co Sistema nacional de saúde, es­tablecendo as pautas e protocolos de actuación a que deberán someterse os servizos de prevención nas actuacións de carácter sanitario que se realicen nas empresas.

Correspóndelle as relacións coa Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios en materia de control oficial de produtos cosméticos, así como a realización e execución dos programas de vixilancia sobre produtos cosméticos e de coidado persoal.

Tamén lle corresponde exercer a Secretaría da Comisión Galega de Laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano, así como a xestión do Rexistro de ditos laboratorios e asumir competencias de control oficial nos laboratorios que realicen análises relacionadas coa seguridade alimentaria e a sanidade ambiental.

Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

 
Servizo de Seguridade Alimentaria.

Funcións:

a) A planificación, programación, seguimento e avaliación (verificación da eficacia) das actividades de control oficial no marco da protección da saúde fronte aos riscos asociados ao consumo de alimentos. Así mesmo, correspóndelle a difusión da información relacionados con ditas actividades.

b) A coordinación técnica da actividade inspectora en materia de seguridade alimentaria.

c) A coordinación e o seguimento das actuacións no marco da Rede de alerta alimen­taria.

d) A tramitación en materia de autorización e/ou rexistro de establecementos alimentarios e alimentos no seu ámbito.

e) A xestión dos sistemas de información de control oficial no seu ámbito.

f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

Servizo de Sanidade Ambiental.

Funcións:

a) A planificación, programación, seguimento e avaliación (verificación da eficacia) das actividades de control oficial no marco da protección da saúde fronte aos riscos físicos, químicos e biolóxicos asociados a factores ambientais. Así mesmo, correspóndelle a difusión da información relacionada con ditas actividades.

b) A proposta de informe vinculante para efectos do establecido na normativa vixente en materia de augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos sanitarios, así como a proposta daqueles outros informes preceptivos previstos en materia de riscos ambientais para a saúde.

c) A coordinación da actividade inspectora en materia de sanidade ambiental.

d) A coordinación do control oficial no marco da vixilancia de produtos cosméticos e produtos de coidado persoal para desenvolver e impulsar programas dirixidos á prevención e detección de riscos relacionados coa utilización destes. Tamén lle corresponde a xestión das alertas sobre riscos relacionados cos produtos cosméticos de uso humano e produtos de coidado persoal.

e) O fomento da coordinación entre os distintos órganos ou entidades dependentes da Consellería de Sanidade con competencias en materia de saúde laboral, así como colaborar no desenvolvemento dos protocolos de actuación a que deberán someterse os servizos de prevención nas actuacións de carácter sanitario que realicen nas empresas.

f) A coordinación e seguimento das actuacións no marco do Sistema de Información Rápida de Produtos Químicos.

g) A xestión dos sistemas de información de control oficial no seu ámbito.

h) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

Servizo de Protección Radiolóxica.

Correspóndenlle as seguintes funcións, sen prexuízo das competencias atribuídas á Axencia Galega de Emerxencias en materia de protección civil e a outros órganos das dis­tintas consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Establecer un sistema de validación e seguimento que permita determinar se o pro­grama de garantía de calidade en radioterapia, medicina nuclear ou radiodiagnóstico se adecúa aos obxectivos previstos, cumpre coas disposicións regulamentarias que lle sexan de aplicación e está implantado de forma efectiva, para os efectos da súa certificación; o seguimento e a vixilancia de cada un dos criterios de calidade establecidos en radioterapia, medicina nuclear ou radiodiagnóstico, realizando, se é o caso, as auditorías necesarias e as propostas de medidas correctoras ou procedementos que correspondan; promover a mellora da calidade, eficiencia e efectividade do acto radiolóxico médico evitando exposi­cións inadecuadas ou excesivas ás radiacións ionizantes.

b) Elaborar os criterios mínimos que garantan a seguridade, eficacia e eficiencia dos equipamentos das instalacións radiolóxicas, sen prexuízo das competencias do Consello de Seguridade Nuclear e outros organismos con autoridade na materia.

c) Elaborar o inventario dos equipos radiolóxicos das instalacións de radiodiagnóstico, radioterapia e de medicina nuclear e colaborar co ministerio competente en materia de sanidade, na realización do Censo nacional de instalacións radioactivas de uso médico.

d) A realización dos estudos necesarios para a actualización dos criterios de ordenación que, en relación coa protección radiolóxica, se apliquen na autorización previa á creación, ampliación e modificación de centros e establecementos sanitarios.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

Servizo de Control e Auditorías.

Funcións:

a) O apoio técnico ao Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

b) O deseño e a promoción dos programas de formación para o persoal dos servizos de inspección de saúde pública.

c) O deseño e a implantación da política de calidade establecida para os servizos de inspección de saúde pública.

d) A coordinación e a xestión dos medios necesarios para a consecución das actividades de inspección, así como a avaliación das taxas xeradas por estas actividades.

e) O apoio técnico ás xefaturas territoriais en materia de inspección de saúde pública.

f) A coordinación e execución, no seu ámbito, da supervisión das actividades de control oficial en materia se de seguridade alimentaria e sanidade ambiental.

g) A elaboración do Programa de auditorías internas de control oficil no ámbito da inspección de saúde pública, así como a súa execución. Para o exercicio desta función, o servizo de Control e Auditorías dependerá funcionalmente da persoa titular da Dirección Xeral de Saúde Pública.

h) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

Funcións:

a) O desenvolvemento das actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e a execución das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública.

b) A xestión e coordinación dos medios humanos e técnicos das unidades do Laborato­rio de Saúde Pública de Galicia.

c) O deseño e a implantación dos programas de calidade no Laboratorio de Saúde Pú­blica de Galicia.

d) O deseño e promoción dos programas de formación para o persoal do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

e) A elaboración do plan de auditorías internas, así como a coordinación e, cando pro­ceda, a execución da dita planificación.

f) A elaboración da carteira de servizos e a emisión de informes e avaliación dos progra­mas e actividades encomendados.

g) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.