Estrutura

Estrutura

DECRETO 136/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública é o órgano encargado da promoción e protección colectiva da saúde da poboación galega e o desenvolvemento de programas sanitarios en materia de saúde pública.

A súa misión é a mellora da saúde da poboación galega desde unha perspectiva comunitaria. Para iso, identifica perigos para a saúde, os problemas de saúde e as poboacións máis susceptibles; avalía os riscos asociados aos perigos e os problemas de saúde identificados; vixía e monitoriza os perigos, os riscos e os problemas de saúde que afectan á poboación galega e, de acordo coas políticas de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia, propón, planifica e, se procede, desenvolve programas e actuacións para controlar os riscos de enfermar ou morrer prematuramente. Así mesmo, levará a cabo a avaliación do sistema sanitario e a abordaxe da protección radiolóxica, así como exercer a Secretaría da Comisión Galega de Laboratorios e exercer o control oficial naqueles que realicen análises relacionadas coa seguridade alimentaria e a sanidade ambiental.

Corresponde a esta dirección xeral, no marco da actuación sanitaria, o desenvolvemento das actividades como autoridade competente en materia de saúde pública e exercer a potestade sancionadora nos termos previstos na lexislación vixente. Para tal efecto, poderá acordar o inicio, de oficio, de expedientes sancionadores en materia de seguridade alimentaria, sanidade ambiental, alcohol, produtos cosméticos e de coidado persoal, tabaco ou outras comprendidas no seu ámbito de actuación.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Saúde Pública emitirá o informe vinculante a que fai referencia o artigo 4 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública contará, para o cumprimento destas competencias, coa seguinte estrutura: