Prevención de dores de lombo en escolares

Prevención de dores de lombo en escolares

<
Título do Proxecto
Intervención de fisioterapia para prevención de dor de lombo en escolares
<
Promotor/a
Manuel Fraiz Barbeito. Unidade de Desviacións do raquis (CHU Pontevedra). Sara Rey Veiga. Fisioterapeuta Supervisora da área de fisioterapia do CHU Maria Teresa Santamaría Solís. Médico Rehabilitadora do Servizo de rehabilitación do CHU
<
Colectivo destinatario
Nenos e nenas de 4º e 5º de primaria de concellos de Pontevedra
<
Obxectivos
  • Coñecer a prevalencia da dor de lombo autopercibido nas escolas públicas do concello de Pontevedra
  • Avaliar que, tras a intervención, os/as escolares identifiquen as medidas de hixiene postural correctas
  • Conseguir que os/as escolares identifiquen malos hábitos que poden provocarlles danos no lombo
  • Conseguir que nenos/as e mestres/as den importancia ao coidado da columna
  • Coñecer o beneficio da actividade física e os problemas do sedentarismo
<
Período de desenvolvemento
Dende o curso 2017-2018
<
Área xeográfica de Intervención
Concellos de Pontevedra e Pontecaldelas no curso 2018-2019. No 2019-2020, engádense o concello de Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Moraña
<
Pertinencia
  • A escola ten demostrado ser o lugar axeitado para planificación das actividades ergonómicas no coidado do lombo
  • A adquisición de coñecementos sobre o lombo é o primeiro paso para adopcion de hábitos posturais saudables para previr o dor de lombo
  • Aumentando os coñecementos dos nenos e adolescentes sobre o coidado do lombo
  • O desenvolvemento e aplicación de programas de educación dirixidos a escolares están avalados por estudos que atopan unha melloría das posturas e os coñecementos sobre o lombo tanto a 3 meses como a longo prazo en 2 e incluso 8 anos
  • O/a fisioterapeuta de Atención Primaria é o/a profesional máis axeitado para levar a cabo a actividade, aínda que as actuacións educativas nas escolas son moi escasas
<
Breve Descrición do Proxecto
Fíxose un estudo cuasi-experimental con 329 escolares e 20 profesores de 4º e 5º curso durante o curso 2017-2018. A intervención consistiu nun obradoiro-coloquio con dúas sesións de 45 min cada unha, con 2-3 semanas de diferencia entre elas. Entregouse un díptico para cada alumno/a para lelo con seus pais/nais e un póster para cada clase.
<
Avaliación
Pre e post intervención:
  • Recolléronse datos mediante un test de 15 items antes da intervención,3 e 6 meses: Avaliación no cambio dos hábitos: actividade física, uso consola, organización da mochila,forma de se sentar
  • Enquisa de satisfacción final
<
Para saber mais...