Contido

Contido

Nesta páxina web diferéncianse tres funcionalidades básicas: a consulta ou impresión do informe técnico do ano 2010, a consulta de explotacións predeseñadas e o envío dun formulario solicitando información.


A opción INFORME 2010 permite visualizar o informe técnico do ano 2010.
 Este informe está dividido nas seguintes seccións:

• Presentación
• Conceptos xerais
• Material e métodos
• Tratamento estatístico dos datos
• Zonas de baño habilitadas
• Análise dos resultados
• Informes
• Anexos

Para poder ver os anexos incluídos neste informe técnico é necesario ter instalado o programa Acrobat Reader no seu ordenador. Pode descargar a versión axeitada para o seu sistema operativo na páxina web www.adobe.es 
 
    

A opción DATOS 1993-2010 permite seleccionar un ano, un tipo de zona de baño (marítima ou continental), un indicador (estudo por concellos, estatística microbiolóxica, etc.) e un ámbito xeográfico e visionar unha táboa de resultados. De cada ano pódese acceder ás seguintes táboas, segundo o tipo de zona de baño (marítima ou continental), un indicador e un ámbito xeográfico:

• Microbioloxía e estatística microbiolóxica por punto de mostraxe ou zona de baño.
• Cualificación sanitaria final da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño.
• Calidade das áreas peripraieiras.
• Ortofoto SIXPAC de cada zona de baño cedida polo FOGGA.

Para poder utilizar esta opción é preciso que o ordenador teña instalado un navegador de internet (Mozilla Firefox, MS Explorer, etc.). Está deseñado para ser funcional en calquera plataforma (Windows, Linux, etc.). 
 
   
Establécese unha terceira opción: a solicitude de datos ao Servizo de Sanidade Ambiental para o caso de que o usuario teña algún tipo de problema no acceso á páxina web. Pódese enviar unha solicitude de información por correo electrónico, postal ou fax que será analizada individualmente. Deste modo, se a información está dispoñible e se pode facilitar, remitiráselle ao usuario no formato que desexe; no seu defecto, será informado coa maior brevidade das causas e motivos polos cales a información non está dispoñible.