Alta de Laboratorios no SINAC

Alta de Laboratorios no SINAC

Neste apartado poderás atopar a información necesaria para dar de alta o teu laboratorio tanto se pertence a Galicia como se está situado noutra comunidade autónoma.

1. Se queres dar de alta un Laboratorio no SINAC o primeiro paso é rexistrarse como usuario do organismo xestor do Laboratorio (administrador básico do seu laboratorio). A información de como rexistrarse como usuario atópase na parte dereita desta páxina.

2 Despois deberás rexistrar o teu laboratorio na aplicación SINAC entrando na páxina do SINAC: https://sinacv2.sanidad.gob.es/.

Para aceptar o rexistro que realices no SINAC, deberás previamente houber remitido unha solicitude de alta de laboratorio que atoparás na parte dereita desta páxina (MODELO DE ALTA DE LABORATORIO) á Dirección Xeral de Saúde Pública, ou se o prefires remitila escaneada ó seguinte enderezo de correo electrónico: sinac.galicia@sergas.es.

Xunto coa solicitude deberás

Achegar a lista dos parámetros que se determinan no seu laboratorio, xunto cos métodos empregados para a súa determinación, límites de detección, cuantificación, exactitude e precisión tal e como indica o anexo IV do Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo.

Achegar a acreditación dos parámetros pola norma UNE EN ISO/IEC-17025 (obrigatorio para os laboratorios que superen as 5000 mostras de auga anuais).

Se o laboratorio, non ten todos os métodos acreditados pola norma UNE EN ISO/IEC-17025, deberá presentar un certificado que demostre que se ten imprantado no laboratorio, como mínimo, un sistema de aseguramento da calidade e que está validado ante unha unidade externa (por exemplo un certificado de calidade do laboratorio pola UNE-EN ISO 9001 ou similar).

Así mesmo, neste último caso, deberare presentar tamén unha declaración responsable que indique que os métodos empregados están validados e documentados de conformidade coa UNE EN ISO/IEC-17025, para dar cumprimento ao indicado na normativa sanitaria.

 

 

OLLO: Se o Laboratorio está noutra Comunidade autónoma, ainda que o rexistro na aplicación é diferente, debes remitir igualmente a solicitude de alta de Laboratorio á Dirección Xeral de Saúde Pública, ou se o prefires escaneada ó seguinte enderezo de correo electrónico: sinac.galicia@sergas.es.