Trámites no SINAC

Trámites no SINAC

Neste apartado atopará toda a información necesaria para dar de alta, baixa, fusión ou división de zonas de abastecemento, infraestruturas asociadas, laboratorios; así como realizar cambios de entidade xestora.

No SINAC,  a Consellería de Sanidade crea as zonas de abastecemento e os operadores dos abastecementos deben dar de alta as infraestruturas das zonas de abastecemento (captacións, tratamentos, depósitos e redes de distribución e puntos de mostraxe), por tanto


- Os administradores autonómicos (Consellería de Sanidade) rexistran as zonas de abastecemento no SINAC.
- Os xestores dos abastecementos (concellos, empresas xestoras, comunidades de usuarios de augas,...) rexistran as súas infraestruturas a través dun administrador básico. Estas solicitudes son aceptadas por un administrador autonómico.


Para isto debe estar rexistrada na aplicación como organismo a empresa operadora (concellos, empresas xestoras, comunidades de usuarios de augas...) e como usuarios do SINAC unha persona encargada dese organismo.
O primeiro usuario de cada organismo é o administrador básico (persoal dos concellos, persoal das empresas xestoras, persoal das comunidades de usuarios de augas...) do mesmo.
Con respecto aos concellos, é importante que sempre estea rexistrado na aplicación un administrador básico ou usuario municipal de cada concello para poder xestionar os boletíns analíticos de billa de consumidor e a información de todos os sistemas de abastecemento que existan no seu concello.

Por outra banda, deberán estar rexistrados na aplicación todos os laboratorios que realicen análises nas infraestruturas das zonas de abastecemento incluídas na vixilancia sanitaria, así como os usuarios pertencentes a estes organismos.

Así mesmo, na aplicación realizanse outros trámites como as baixas, os cambios de entidade xestora, as fusións e divisións de zonas ou redes.