Exencións e bonificacións do pago de taxas

Exencións e bonificacións do pago de taxas


​EXENCIÓN DO PAGO DA TAXA:
 
Están exentos do pago da taxa as persoas nas que concorra algunha das seguintes condicións:
 
  • Discapacidade igual ou superior ao 33%.
Esta circunstancia de exención deberá ser acreditada polas persoas interesadas, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso (ou anexo de documentación complementaria), unha copia compulsada da cualificación da discapacidade ou da resolución de incapacidade permanente.
 
  • Membro de familia numerosa clasificada na categoría especial.
Esta circunstancia de exención deberá ser acreditada polas persoas interesadas, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso (ou anexo de documentación complementaria), unha copia compulsada do título oficial de familia numerosa especial.
 

BONIFICACIÓN DO 50% NO PAGO DA TAXA:
 
Aplicarase unha bonificación do 50% á inscrición solicitada polas persoas nas que concorra algunha das seguintes condicións:
 
  • Membro de familia numerosa de categoría xeral.
Esta circunstancia de bonificación deberá ser acreditada polas persoas interesadas, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso (ou anexo de documentación complementaria), unha copia compulsada do título oficial de familia numerosa, de carácter xeral.
 
  • Demandante de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria e non estar a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
Esta circunstancia de bonificación deberá ser acreditada polas persoas interesadas, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso (ou anexo de documentación complementaria), a certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.
 
  • Vítimas do terrorismo.
Entendendo por tales, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos. Esta circunstancia de bonificación deberá ser acreditada polas persoas interesadas, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso (ou anexo de documentación complementaria), a sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñece a condición de vítima do terrorismo.
 
 
Non será preciso a presentación da documentación acreditativa da exención ou bonificación cando a persoa aspirante, marque no formulario de inscrición a opción de verificación automática do requisito a través da plataforma de intermediación entre Administracións (Pasaxe!), naqueles procesos nos que estea recollida a dita posibilidade.
 
No caso do título de familia numerosa de categoría xeral ou especial e do certificado de cualificación da discapacidade, poderá realizarse a comprobación a través de (Pasaxe!) só no caso de estar expedidos por un órgano da Comunidade Autónoma de Galicia.