Número 10:Vacinación fronte ao herpes zóster - Cribado de cérvix - Cribado de próstata: proxecto PRAISE-U - Uso prudente antibióticos

Número 10:Vacinación fronte ao herpes zóster - Cribado de cérvix - Cribado de próstata: proxecto PRAISE-U - Uso prudente antibióticos

 
VENRES EPIDEMIOLÓXICO-10-11.png
 
ACTUALIZACIÓN DOS GRUPOS DE RISCO NA VACINACIÓN FRONTE AO HERPES ZOSTER 

​​O pasado mes de outubro, aprovouse a revisión feita pola
Ponencia de Programa y Registro de Vacunaciones das recomendacións de vacinación fronte ao herpes zoster (HZ), na cal se inclúen novos grupos de risco. Tras isto, a Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) actualizou esta semana a súa instrución de vacinación incluíndo 2 novos grupos de risco:
  • Persoas con antecedente de 2 ou máis episodios de HZ.
CRIBADO CONTRA O CANCRO DE CÉRVIX
 
A Consellería de Sanidade iniciou no ano 2021 o Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix (CCx) na área sanitaria (AS) de Lugo, co obxectivo de reducir a súa morbi-mortalidade e incidencia mediante a detección e tratamento das lesións precursoras. A poboación diana do programa son mulleres de 35 a 65 anos con cobertura sanitaria SERGAS. A poboación elixible identifícase mediante tarxeta sanitaria e crúzase a información co CMBD para excluír ás mulleres diagnosticadas de CCx ou con ausencia de cérvix.
Durante o ano 2022, o Programa estendeuse ás AS de Ferrol e Pontevedra. A mediados do 2023 implantouse na AS de Vigo e recentemente na de Ourense, coa previsión de estenderse a toda Galicia, incluíndo as AS de Santiago e Coruña, no que queda de 2023.
A invitación a participar no cribado faise mediante SMS (teléfono de subscrición SERGAS) ou por correo postal. Aquelas que acepten participar pódeno facer mediante:
  • Autotoma: enviase dispositivo e instrucións para que a participante poida recollerse a mostra no domicilio.
  • Toma da mostra no centro de saúde: as participantes con teléfono de subscrición poderán autoxestionarse unha cita co/a matrón/a, a través de “Campañas de promoción da saúde” na web de cita previa do SERGAS ou na app SERGAS MÓBIL. En caso contrario, o Programa enviará a cita mediante sms ou correo postal.
A proba primaria de cribado é a detección da infección polo virus do papiloma humano de alto risco oncoxénico (VPH-AR), con xenotipado parcial no caso de VPH-AR positivo. Se a proba é negativa, repetirase aos 5 anos. Se é positiva, require unha citoloxía posterior. Segundo o xenotipo do virus e o resultado da citoloxía, estableceranse diferentes actuacións clínicas: seguimento nun período de tempo variable ou derivación a colposcopia [Apéndice]. O seguimento destas mulleres realizarase dende a Unidade de coordinación do Programa en función dos achados do cribado.
Ata o momento, obtívose un 56% de participación con máis de 40.000 mostras analizadas. A positividade a VPH-AR sitúase no 6,1% (35% VPH 16/18) e detectáronse 10 Ccx.
 
DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE PRÓSTATA: GALICIA NO PROXECTO PRAISE-U
  
O tumor masculino máis frecuente en Europa, España e Galicia é o cancro de próstata (CPr). A súa taxa de incidencia en Galicia é de 157 casos/100.000 habitantes, supoñendo a terceira causa de morte por cancro en homes [Apéndice]. Estas cifras están en aumento, xa que a idade é un factor de risco (69 anos de media ao diagnóstico).
O diagnóstico tardío pode conducir a taxas máis altas de enfermidade metastásica. Non obstante, a alta sensibilidade da proba de PSA tamén provoca efectos indesexables, co sobrediagnóstico e o sobretratamento de cancros de baixo grado e crecemento lento, polo que impoñer un límite superior de idade para a detección (69 anos aprox.) e engadir probas máis específicas para homes con PSA positivo, permitirá mellorar o balance beneficio/risco.
Co obxectivo de diminuír a morbi-mortalidade por CPr nos países europeos mediante o deseño de programas de detección poboacionais adaptados ás características de cada poboación e utilizando un enfoque baseado no risco individual, Galicia foi invitada a participar nun proxecto liderado polo consorcio internacional PRAISE-U. Nel, a DXSP deseñará unha estratexia que permita a detección oportuna de xeito que os homes se beneficien do diagnóstico precoz. Esta estratexia implementarase nos pilotos de Galicia, Manresa, Lituania, Polonia e Irlanda que se iniciarán en abril de 2024 de xeito simultáneo cunha duración de 24 meses.
En Galicia invitarase a participar a uns 12.000 homes da AS de Ferrol de entre 50-70 anos. Nos casos con PSA elevada, realizarase unha estratificación do risco baseada en antecedentes persoais e familiares, así coma en probas complementarias, entre as que se atopa a ultrasonografía transrectal e a resonancia magnética multiparamétrica.
A finalidade será reducir o número de biopsias innecesarias e aumentar o rendemento desta proba, mellorando o seu valor preditivo positivo para o diagnóstico do CPr.
Image_003.png 
  
CRIBADO CONTRA O CANCRO DE CÉRVIX

Captura de pantalla 2023-11-09 105843.png
 
DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE PRÓSTATA: GALICIA NO PROXECTO PRAISE-U
 
Táboa 1. Número de casos incidentes de CPr, taxa bruta e taxa axustada á nova poboación estándar europea por grupo de idade (por 100.000 habitantes) en Galicia, ano 2022. Fonte: Informe incidencia, mortalidade e supervivencia ao cancro. REGAT.
Captura de pantalla 2023-11-09 145515.png


RESISTENCIA ANTIMICROBIANA E USO PRUDENTE DOS ANTIBIÓTICOS

Desde o próximo 18 ata o 24 de novembro, terá lugar a
Semana Mundial de Concienciación sobre a Resistencia Antimicrobiana, sendo o día 18 a conmemoración do Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos. Por isto, queremos aproveitar para recordar algo xa ben coñecido, que a resistencia aos antimicrobianos é unha das maiores ameazas para a saúde pública a nivel mundial.
No informe da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), publicado o pasado 14 de setembro, estimase que ao redor de 79.000 persoas perden a vida anualmente a causa de infeccións por bacterias multirresistentes en 34 países da OCDE e a Unión Europea. As actitudes ou prácticas erróneas no uso dos tratamentos antibióticos e o descoñecemento xeral sobre o fenómeno da resistencia, constitúen aínda unha importante barreira para abordar con éxito este problema [1]. Co obxectivo de concienciar a poboación sobre o uso adecuado dos antibióticos, o Plan Nacional frente a la Resistencia a los Antibióticos (PRAN) lanzou a súa campaña do ano 2023 co lema “Antibióticos, protexernos é o seu labor. O teu, utilizalos ben”.
 
1. Pie de página_V1.png