Probas de autotest de VIH

Probas de autotest de VIH

 
1.PNG


Que son?

Son probas rápidas (resultado en menos de 30 minutos) de detección de anticorpos fronte ao VIH que se realizan cunha mostra de sangue capilar extraído da xema do dedo (tamén poden ser en saliva).
 

Características destas probas

1. Non son diagnósticas (os resultados dubidosos e os positivos necesitarán da realización dunha proba diagnóstica que poderá facer no seu centro de saúde).
2. Sempre son voluntarias.
3. Non se poden reutilizar.
4. Resultado fiable se pasaron, polo menos, 3 meses dende a última práctica de risco.
5. Lectura visual do resultado.
6. Resultado da proba en 20 minutos.
7. Temperatura de conservación da proba: entre os +8ºC e os +30ºC.
8. Para conservar a proba debe evitarse a exposición directa á luz.


2.PNG 
 
 

Interpretación dos resultados do autoest de VIH

Ningún autotest do VIH é fiable ao 100% (aínda que ten un elevado poder preditivo). Poden producirse falsos positivos (resultado positivo nunha persoa non infectada polo VIH) e falsos negativos (resultado negativo nunha persoa infectada polo VIH).

1. Resultados negativos
Se a práctica de risco se produciu hai máis de 3 meses e o resultado é negativo significa que a persoa probablemente non estea infectada polo VIH. Se ten dúbidas da interpretación do resultado consúlteo co seu médico/a de Atención Primaria.

2. Resultados dubidosos
Ante un resultado dubidoso é recomendable acudir á súa consulta de Atención Primaria para realizar unha proba diagnóstica de VIH.

3. Resultados positivos
Sempre debe confirmar o resultado positivo mediante unha proba de VIH diagnóstica que pode solicitar na consulta do seu médico/a de Atención Primaria ou en calquera unidade de VIH hospitalaria. Pode contactar directamente con estas unidades nos seguintes enderezos e números de teléfono (1).

 

3.PNG 
 
 

A quen podo consultar dúbidas sobre estas probas?

1. Persoal médico de Atención Primaria
2. Persoal farmacéutico
3. Plan galego anti VIH/sida e outras ITS (2)
4. Centros Quérote+ da Xunta de Galicia (3)
5. Servicio Multicanal de Información y Prevención del VIH y el Sida (Cruz Vermella). Telf.: 900 111 000
6. Coordinación estatal VIH e SIDA (CESIDA). Telf.: 900 102 833. De luns a venres de 10:00-20:00 h

 

5.PNG 
 
 

4.PNG