Normas a seguir polo voluntariado para a recollida de residuos nas praias afectadas polo vertido procedente do Prestige

Normas a seguir polo voluntariado para a recollida de residuos nas praias afectadas polo vertido procedente do Prestige

1. Para informarse das labores de limpeza do vertido deberán dirixirse sempre  ao Centro de Coordinación do Voluntariado.

 

2. O traballo que se vai a desenrolar non é de limpeza de praias. O que vamos a facer é recoller fuel das praias.

 

3. É obrigatorio o uso do seguinte equipamento que se facilitará nos centros de coordinación habilitados polo Ministerio de Medio Ambiente e a Xunta de Galicia: botas de goma, guantes impermeables resistentes aos hidrocarburos e vestimenta de traballo impermeable. Segundo a estimación dos coordinadores de cada unha das zonas será obrigatoria a mascarilla dun só uso e gafas protectoras de montura integral.

 

4. Non están autorizados a realizar os traballos de limpeza aquelas persoas que sufran patoloxías respiratorias, cardíacas, hepáticas, afecciones cutáneas e mulleres en estado de xestación.

 

5. É fundamental que as labores de recollida se realicen de forma adecuada seguindo as instrucións de coordinadores e supervisores.