O Concello de Abegondo xunto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a entidade pública Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade presentaron unha proposta de proxecto ao programa LIFE+ da Unión Europea, baixo a proposta de “Proxecto en cooperación”, que foi aprobada pola Comisión Europea o 12 de agosto de 2013, baixo o título “12ENV/ES/000557. Sostenibles solutions for very small water supplies”
Con este proxecto preténdense desenvolver 4 accións innovadoras de carácter demostrativo que melloren as capacidades da poboación local na dotación de servizos de auga mediante sistemas de abastecemento e saneamento descentralizados:
1 Determinar as solucións técnicas mais axeitadas na captación, distribución e tratamento das augas subterráneas consumidas de pozos e mananciais
2 Ensaiar instalacións de carácter autónomo adaptadas ás vivendas rurais para minimizar o impacto medio ambiental das augas residuais domésticas
3 Validar os plans sanitarios como ferramenta para mellorar a seguridade do subministro
4 Definir un modelo factible de recuperación de custos dos servizos autónomos da auga no entorno rural, incentivando o uso eficiente dos recursos hídricos
O beneficio esperado tras a realización das accións que se definen neste proxecto serán unha melloría da calidade da auga de consumo humano dos abastecementos que subministran auga a núcleos pequenos de poboación, repercutindo directamente na saúde das persoas da poboación rural de Galicia.