Información relevante para dar de alta captacións no SINAC

Información relevante para dar de alta captacións no SINAC

Neste apartado atopará as aclaracións necesarias para dar de alta una captación no SINAC 

É moi importante que a información relativa ás altas de captacións sexa acomodada.

Os problemas máis habituais atopados cando se quere dar de alta unha captación son os seguintes:

 

XEORREFERENCIACIÓN: O SINAC solicita a localización da captación en formato xeográfico de lonxitude e latitude en graos decimais. Por tanto, se as coordenadas están en formato UTM é necesario convertilas a formato xeográfico.

É moi sinxelo, os convertidores de coordenadas atoparalos en múltiples páxinas que atoparás na internet.

  • Exemplo de coordenadas UTM:      X=577813.96      Y=4671401.79      Fuso 29
  • Exemplo de coordenadas xeográficas en graos decimais:   lonxitude -8.0576      latitude: 42.1909

 

RECURSO HÍDRICO: Este dato fai referencia á masa de auga onde estea situada a captación.

Ollo!! Na caixa correspondente ao dato de recurso hídrico hai que poñer o código de recurso hídrico que se corresponda coa masa de auga en cuestión, non se pon o código de masa de auga; por isto é necesario saber a correspondencia entre ambos os códigos.

O primeiro paso é coñecer o código da masa de auga. Este dato poderás atopalo nos visores dos organismos de conca. Se non es capaz de saber a masa de auga onde está situada a túa captación deberás poñerche en contacto co organismo de conca correspondente para que che facilite esta información.

Logo que saibas o teu código de masa de auga, deberás buscar a correspondencia co código de recurso hídrico na listaxe de recursos hídricos que está na parte de informes da aplicación SINAC (módulo de INFORMES/ Listado Valores Diccionarios/ Recurso Hídrico)