
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), están a organizar a III Xornada “A saúde en todas as políticas. Tecendo redes saudables no ámbito comunitario” que se celebrará o vindeiro 24 de outubro en Santiago de Compostela.
Obxectivos da xornada:
• Fomentar a inclusión da saúde en todas as políticas mediante un modelo de traballo baseado en redes.
• Destacar a relevancia dos determinantes sociais nos hábitos de vida da poboación e a súa importancia no desenvolvemento de iniciativas e proxectos destinados á promoción da saúde.
• Presentar as bases para avanzar na promoción da saúde e na prevención de enfermidades en contornos locais a través da acción comunitaria, coa finalidade de mellorar as condicións de vida, capacitar os cidadáns e reforzar os vínculos e a cohesión social da comunidade.
• Salientar a importancia dos gobernos locais no deseño de cidades máis saudables.
• Establecer un marco común de traballo que permita difundir as boas prácticas establecidas en materia de promoción de saúde dende unha perspectiva de equidade.
A xornada está dirixida aos responsables, ao persoal técnico dos concellos, ás deputacións e á administración autonómica das áreas relacionadas cos determinantes da saúde.