Chikungunya

Chikungunya

En agosto de 2023 detectouse o mosquito Aedes albopictus, mais non hai indicios de que estean infectados. Tampouco se detectaron casos humanos autóctonos polo momento.

Chikungunya é unha enfermidade causada polo virus do mesmo nome, un arbovirus, que se transmite ás persoas pola picadura dun mosquito do xénero Aedes, A. aegypty ou A. albopictus.

A enfermidade comeza, en media, entre 4 e 7 días despois da picadura do mosquito (rango: 1 a 12 días). Ademais da febre elevada de aparición súpeta, o síntoma máis característico é a dor articular intensa, principalmente nas extremidades, nas que adoita ser simétrica. De feito, chikungunya en swahili significa “camiñar corvado”. Estes síntomas pódense acompañar de dor muscular, cefalea ou exantema. Non obstante, entre o 30 e o 40% dos casos a infección é asintomática.