Baixa no SINAC

Baixa no SINAC

Neste apartado atopará a información necesaria para dar de baixa unha zona de abastecemento ou de infraestruturas asociadas

A persoa titular do abastecemento debe solicitar a baixa por escrito á Dirección Xeral de Saúde Pública segundo o modelo que pode atopar na parte dereita desta páxina (modelo de baixa de zona de abastecemento ou modelo de baixa dunha infraestrutura). A solicitude debe remitila á Dirección Xeral de Saúde Pública a través da caixa de correos sinac.galicia@sergas.es ou por correo común/rexistro.

IMPORTANTE: vostede non ten que rexistrar a baixa na aplicación SINAC, unicamente debe solicitar a baixa por escrito e remitir a solicitude pola caixa de correos sinac.galicia@sergas.es ou por correo ordinario ou rexistro. Ao cabo duns días de realizar este trámite recibirá un aviso por correo electrónico da baixa da zona do abastecemento ou infraestrutura no SINAC

​