Conceptos xerais

Conceptos xerais

DEFINICIÓNS

Augas de baño: calquera elemento de augas superficiais onde se prevexa que poida bañarse un número importante de persoas ou exista unha actividade preto relacionada directamente co baño e no que non exista unha prohibición permanente do baño nin se formulase unha recomendación permanente de absterse deste e onde non exista perigo obxectivo para o público.

Zonas de augas de baño: área xeograficamente delimitada dun municipio composta por unha praia e as súas augas de baño.

Praia: marxe, beira ou ribeira que rodea as augas de baño continentais ou marítimas, en superficie case plana, que teña ou non vexetación, formada pola acción da auga ou do vento ou por outras causas naturais ou artificiais.

Punto de mostraxe: lugar designado pola autoridade sanitaria para efectuar a toma de mostras para o control da calidade das augas de baño, onde se prevexa maior presenza de bañistas, tendo en conta o maior risco de contaminación segundo o perfil das augas de baño. Cada auga de baño deberá ter, polo menos, un punto de mostraxe.

Número importante de bañistas: número mínimo de usuarios que a autoridade competente considere relevante, tendo en conta, en particular, as pautas pasadas, a existencia de infraestruturas ou instalacións ou calquera outra medida adoptada co fin de promover o baño.

Temporada de baño: período no que poida preverse a afluencia dun número importante de bañistas. En Galicia a tempada de baño considérase dende primeiros de xuño ata finais de setembro.

 
LEXISLACIÓN APLICABLE

• Directiva 160/76/CEE, do Consello, do 8 de decembro de 1975, relativa á calidade das augas de baño.
 • Directiva 2006/7/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de febreiro de 2006, relativa á xestión da calidade das augas de baño e pola que se derroga a Directiva 76/160/CEE. 
 • Real decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño. 

 

OBXECTIVOS

 1.3.1. Xeral

Minimizar os riscos de contraer enfermidades ao bañarse nas augas marítimas ou continentais.

 1.3.2. Específicos

 • Vixiar e cualificar as augas das zonas de baño censadas. 
 • Identificar as verteduras que poidan supoñer unha deterioración en canto á salubridade das zonas de baño. 
 • Facilitar que todos os usuarios das zonas de baño dispoñan de información sobre a calidade microbiolóxica das augas durante a tempada de baño. 
 • Informar as entidades con responsabilidade na xestión destas e os usuarios sobre as condicións das augas de baño. 

 

CÓDIGO DE IDENTIFICACIÓN DAS ZONAS DE BAÑO

Para a identificación da zona de baño asígnaselle un código de nove cifras, en que as cinco primeiras indican o código do concello, as tres seguintes a identificación da zona de baño de acordo co número do PIDU (Plan indicativo de usos de dominio público litoral, abril de 1979) e a última cifra refírese ao punto de mostraxe da zona de baño, de acordo co seguinte criterio:

1: Un só punto de mostraxe

2: Centro da praia

3: Esquerda da praia

4: Dereita da praia

5: A carón dun campamento

6: Desaugadoiro dun río, regato...

7: Peirao, conxunto de rochas, accidente xeográfico...

8: Outro punto singular de mostraxe

9: Punto conxunto