Participando neste proceso de avaliación psicosocial todo o persoal ten a oportunidade de contarnos como se sente e así axudar a configurar un espazo laboral máis saudable para o seu benestar.
Con esta información contada polos profesionais, desde a súa experiencia, deseñaremos medidas que permitan un cambio organizacional, creando espazos de traballo máis saudables e humanizados.